Festa do Botelo – Turismo de Galicia

Que facer en Galicia a semana do 13 ao 19 de xaneiro
Begonte prolongará uns días máis o seu Nadal, pero no resto de Galicia comezan a pensar xa nas próximas citas do seu calendario festivo. Gastronomía, tradición, arte e cinema para os máis pequenos conviven na axenda desta semana.

Belén de Begonte

Ata o 26 de xaneiro. Begonte

O Belén Electrónico de Begonte segue aberto unha semana máis. Veciños e visitantes poderán gozar así da contemplación desta espectacular escenificación animada que foi declara de interese turístico.

Máis información aquí

Festa do Botelo

18 de xaneiro. O Barco de Valdeorras

Despois de varias xornadas de actos previos, o sábado 18 celebrarase o día grande da  Festa do Botelo do Barco de Valdeorras. A degustación deste saboroso embutido será o prato central dunha celebración declarada de interese turística na que tamén haberá tempo para as homenaxes e a música.

Máis información aquí

Pequefilmes 2020

18 e 19 de xaneiro. Santiago de Compostela

O mellor cinema para os pequenos da casa regresa á Cidade da Cultura coa cuarta edición de Pequefilmes. Durante toda a fin de semana haberá proxeccións e obradoiros, e tampouco faltarán as votacións e os premios.

Máis información aquí

Festa dos Fachós

19 de xaneiro. Castro Caldelas

As fogueiras volverán iluminar as rúas de Castro Caldelas a noite do 19 de xaneiro. De orixe pagá, a Festa dos Fachós está dedicada na actualidade a San Sebastián e consiste nunha procesión de grandes fachos de palla ata a igrexa da Nosa Señora dos Remedios.

Galicia, un relato no mundo

Ata o 12 de abril. Santiago de Compostela

Unha selección de pezas de gran importancia para a historia e a cultura de Galicia e procedentes de diversos países do mundo danse cita na exposición que se pode visitar no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura. Trátase da primeira gran exposición organizada pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021.

Máis información aquí