Dos Amados a Vila de Amigo – Turismo de Galicia

Roteiros para celebrar San Valentín seguindo a toponimia galega máis amorosa
Cun terzo dos nomes de lugar que hai en toda España, Galicia pode presumir dun patrimonio toponímico inxente e que nos conta moito sobre o noso pasado e as persoas que habitaron estas terras séculos atrás. Un rastrexo polas denominacións de lugares, aldeas, parroquias e municipios permítenos coñecer feitos, personaxes e rastros de culturas xa desaparecidas. E tamén descubrir curiosidades. Así que aproveitando a celebración do San Valentín, aquí van algunhas propostas de roteiros para gozar dalgúns dos recunchos con encanto de Galicia seguindo o rastro dos topónimos máis amorosos.

Cariño e Ferrolterra

O primeiro roteiro lévanos ata o norte da provincia da Coruña para comezar o percorrido nunha localidade que fixo do seu nome toda unha declaración de intencións: Cariño. Conta a lenda que a orixe deste topónimo débese a un suceso ocorrido séculos atrás. Tras falecer unha das fillas do señor dun castro situado na zona, este enterrouna alí e marchou despedíndose cun “adeus, cariño”, dando así nome ao lugar. Menos proclives ao romanticismo, os expertos consideran que a orixe de Cariño podería ter que ver coa base prelatina “kar” (pedra) e a natureza xeolóxica do lugar ou co  antropónimo (nome de persoa) latino Carinius. Sexa como for, o certo é que a localidade acolle ao visitante facendo honra ao seu nome e poñendo ao seu alcance lugares de tanto interese como Cabo Ortegal, os espectaculares cantís de Herbeira e do Limo ou o encantador barrio mariñeiro da capital municipal.

Non moi lonxe de alí atopámonos outros lugares de toponimia evocadora. Dirixíndonos cara ao sur, en Cerdido poderemos pasar por Penadobico, e gozar das vistas, debido a que neste caso o bico do que fala o nome non fai alusión a un beixo, senón a un punto elevado. Xa no municipio de Ferrol, poderemos descalzarnos e dar un paseo pola area da praia doutro lugar que leva por nome Cariño ou encamiñarnos ata o concello veciño de Fene para visitar a única parroquia de Galicia que ten como patrón a San Valentín.

De Vilamor en Vilamor

Outra opción para perdernos por Galicia seguindo os topónimos de connotacións máis amorosas levaranos ata terras do interior das provincias de Lugo e A Coruña. Alí agárdannos varios lugares que comparten unha mesma denominación: Vilamor. É o caso dunha aldea situada no municipio de Folgoso do Courel, onde o visitante poderá pasear entre construcións tradicionais erixidas en pedra e coroadas con tellados de lousa, contemplar antigos hórreos e empaparse da vida na montaña.

Partindo desde alí cara ao leste toparase con outro lugar de igual nome no Incio e un pouco máis adiante sucederá o mesmo ao chegar ao Saviñao, onde poderá descubrir ademais as espectaculares paisaxes da Ribeira Sacra e visitar tamén O Bico. Segundo explican os entendidos, Vilamor non ten nada que ver cun lugar de paixóns amorosas, senón que nalgún caso revélanos a existencia previa dunha vila romana (Vila Mauri). Xa na provincia da Coruña, outro Vilamor agárdanos en Sobrado, municipio no que poderemos viaxar no tempo visitando as ruínas do xacemento romano de Ciadella ou o impresionante mosteiro de Santa María. E en Toques son dous os Vilamor que nos toparemos (de Arriba e de Abaixo) e que nos convidarán a descubrir o seu patrimonio e a súa natureza internándonos nos roteiros das fervenzas, as ermidas ou os  megalitos.

Natureza, historia e Amorín

O seguinte topónimo do noso roteiro faranos cruzar media Galicia. Trátase de Amorín, unha denominación que convida a pensar en amores pequenos, pero que neste caso revélanos algúns datos sobre o lugar no que estamos, debido a que segundo os expertos pode facer referencia a un alto ou a un arroio fronteirizo. En Lugo son varios os municipios nos que veremos indicadores con esta denominación. Dous destes lugares (Amorín de Abaixo e Amorín de Arriba) atópanse na parroquia chantadina de  Argozón e ábrennos as portas dun municipio que combina a riqueza paisaxística da Ribeira Sacra, coas pegadas do Camiño de Santiago e unha rica historia resumida no seu importante patrimonio relixioso e arquitectónico. Outro tanto ocorre non moi lonxe de alí, no municipio de Pantón, onde tamén é posible atopar outra aldea chamada Amorín, do mesmo xeito que sucede un pouco máis ao norte da provincia, en Castro de Rei.

Na provincia de Pontevedra, Amorín é o nome dunha parroquia de Tomiño e dunha das fortalezas fronteirizas levantadas séculos atrás á beira do río Miño. Aínda que as súas ruínas foron engulidas pola vexetación o lugar convida a explorar e a deixar voar a imaxinación.

Dos Amados a Vila de Amigo

Sen cambiar de provincia, toca emprender agora camiño cara ao norte sen afastarnos demasiado da costa para facer parada noutros tres lugares de toponimia singular. O primeiro alto farémolo en Os Amados, lugar do municipio Gondomar cuxo nome podería facernos pensar nunha historia romántica, pero cuxa orixe parece estar relacionada co apelido dunha familia que alí viviu tempo atrás. Situado en pleno corazón do municipio é un bo lugar desde o que lanzarse a coñecer unhas terras nas que conviven petróglifos, antigas fortalezas e pazos, pequenas pontes medievais cheas de encanto e altos desde os que contemplar magníficas vistas. En Meaño, en pleno Salnés, atoparémonos con Valdamor, un lugar cuxo nome posiblemente tamén teña que ver cun antropónimo e que nos mete de cheo nunha comarca salpicada de praias e de espazos nos que dar renda solta ás formas de lecer máis variadas. E dirixíndonos lixeiramente cara ao leste para completar este singular percorrido, en Portas poderemos visitar un lugar no que o amor deixa paso á amizade e que tamén debe a súa denominación a unha familia que alí viviu: Vila de Amigo.

E para quen aínda teñan ganas de viaxar un pouco máis seguindo estes curiosos topónimos, aquí van algúns lugares máis, aínda que como nos casos anteriores hai que lembrar que as cousas non sempre son o que parecen: Coitos, en Toques; O Sexo, en Agolada, e A Paixón, na Arnoia.