De viaxe por Coristanco – Turismo de Galicia

Percorrido polas paraxes que inspiraron os versos de Pondal
“Eu nacín cabo de pinal espeso,

Eu nacín na pequena Ponte-Ceso”

Estes dous versos nos que Eduardo Pondal fai referencia á súa vila natal non son máis que un pequeno exemplo da importancia que as terras que o viron nacer aquel 8 de febreiro de 1835 teñen na obra do ilustre autor cuxas rimas deron tamén voz ao Himno Galego. O seu municipio natal e as paisaxes e monumentos da comarca e doutras localidades próximas transitan polos seus versos como fonte de inspiración e pano de fondo para as súas inquietudes estéticas e históricas. Non é casualidade por tanto que Pondal sexa coñecido como o Bardo de Bergantiños. A súa obra convértese así nunha guía para descubrir algúns das paraxes máis importantes da zona. Anímaste a coñecer eses lugares e a gozar dalgúns versos  pondalianos tal como foron publicados orixinalmente?

As paisaxes da infancia

A importancia das paisaxes de Ponteceso na obra pondaliana é dabondo coñecida na súa localidade natal, onde deseñaron e sinalizaron con monólitos unha ruta por algúns dos espazos que aparecen nos poemas do ilustre escritor. Comezando por “a pequena Ponte-Ceso”, onde aínda se levanta a casa na que naceu, o percorrido lévanos ata lugares claramente recoñecibles como a aldea do Couto, onde foi bautizado e onde hoxe en día se atopa a fundación que leva o seu nome, e a cima do “Monte Branco”, desde a que se pode contemplar unha das mellores vistas da desembocadura do río “Anllóns”. Outras paisaxes próximas, como o castro de Nemeño (“Nemenzo” nos versos de Pondal), a lingua de area que rodea o río antes de chegar ao mar (a “Barra” do Anllóns) e as marismas (“Agra de Mares”) forman parte tamén desa ruta. Ademais, nos seus poemas hai referencias a outros lugares próximos como a igrexa de San Fins de Anllóns, cuxas “campás” son o fío condutor dunha das súas composicións máis coñecidas.

“E ti, campana d’ Anllóns,

Que vagamente tocando,

Derramas nos corazóns,

Un bálsamo triste e brando,

De pasadas ilusións!”

De viaxe por Coristanco

Os verdes prados de Bergantiños, os campos repletos de trigo e os seus piñeirais déixanse ver nos versos doutro poema de “Queixumes dos Pinos”, no que realiza un pormenorizado percorrido polo municipio de Coristanco. “ Ou terra de Bergantiños” é o arranque dun poema repleto de referencias a monumentos emblemáticos como a ponte da Ponte-Dona (viaduto que une Coristanco e Ponteceso e que se mantivo case  inalterado desde os tempos do Bardo) e a Torre de Traba (edificio señorial cuxa silueta foi inmortalizada no escudo municipal coristanqués), mostras do patrimonio arqueolóxico local, como o castro de Oca (aínda por escavar, pero cuxo perfil é claramente visible baixo a súa cuberta vexetal) ou as frondosas paisaxes de Verdes (convertidas hoxe en día nun prezado espazo de lecer).

“Aquel’ he a torre de Traba,

Que desde longe branquea;

Os verdes de Coristanco,

E os altos pinos de Bértota:

E ti, castro antigo d’ Oca,

Ben te conozo, antr’ a brétema”

Suspiros nos Penedos de Pasarela

Só tres versos compoñen o poema no que Eduardo Pondal menciona os espectaculares moles rochosas de caprichosas formas que se deixan ver nos escarpados montes situados no límite dos municipios de Laxe e Vimianzo. Pero eses tres versos son suficientes para confirmar que esas maxestosas formacións naturais que hoxe en día constitúen unha paisaxe protexida xa espertaban a fascinación de quen as contemplaba na época de Pondal.

“Penedos de Pasarela,

Cando vos vexo, penedos

Suspiro d’amor por ela”

O asombro diante de Dombate

O dolmen de Dombate, un dos monumentos  megalíticos máis importantes de Bergantiños e de toda Galicia, recibiu unha atención especial por parte de Pondal, que lle dedicou un poema publicado inicialmente na “Revista Galega” (1895) e posteriormente incluído en “Queixumes dos Pinos” a partir da súa segunda edición. Pondal lembra neses versos os seus traxectos escolares desde Ponteceso ata Nemiña (Muxía), onde era alumno dun clérigo, e deixa patente o seu asombro ao contemplar o dolmen, hoxe en día resgardado baixo unha edificio levantado para asegurar a súa preservación. Aínda así, a sensación que experimentan aqueles que visitan na actualidade este monumento considerado como a catedral do megalitismo galego non debe ser moi diferente á que viviu Pondal ao contemplar as enormes pedras deste misterioso legado doutras idades.

“E despois a Nemiña,

ou que fose ou tornase,

ó velo desde longe,

indo pla gandra adiante,

sempre ledo escramaba:

“¡O dolmen de Dombate!”

Brandomil e o dolmen da Piosa

Outro dos dólmenes aos que Pondal regalou algúns dos seus versos é o da Piosa, en Zas. Alí sitúa o poeta a tumba de Brandomil, un mítico guerreiro celta que tería morto enfrontándose aos romanos. Aínda que o dolmen foi levantado un par de milenios antes dese hipotético enfrontamento, Pondal mesmo describe o enxoval funerario de  Brandomil.

“Ten o seu lado dereito.

O elmo dourado e gentil,

O’ escudo, e a dura lanza

Ond’ o sol, soía ferir”

Polas costas de Malpica

As paisaxes doutro municipio bergantiñán, Malpica, tamén mereceron a atención de Pondal, que se fixou en dous dos seus espazos máis emblemáticos. É o caso do arquipélago das illas Sisargas, ao que Pondal refírese como destino dunhas aves das que envexa a súa liberdade. Noutros dous poemas de “Queixumes dos pinos” fala de punta Nariga, cabo hoxe coroado por un dos faros máis modernos de España (obra do arquitecto César  Pontela).

“Non preguntes por que causa,

O fero mar desfigura,

Co eterno e duro combate,

De Nariga a ruda punta”