Complexo de Corrubedo – Turismo de Galicia

Galicia presume de cinco zonas húmidas de importancia internacional
Hai xa medio século que entrou en vigor a Convención Relativa ás Zonas Húmidas de Importancia Ambiental, máis coñecida simplemente como Convenio de Ramsar porque foi nesa cidade iraniana onde se asinou e adoptou o 2 de febreiro de 1971. Aquel acordo naceu co obxectivo de protexer as zonas húmidas, promocionar o seu uso racional e fomentar a cooperación internacional especialmente nos espazos transfronteirizos. Unha ferramenta clave para levar a cabo esta tarefa foi a creación dunha lista de zonas húmidas de importancia internacional (os sitios Ramsar), que na actualidade inclúe a máis de 2.400 espazos de todo o mundo cuxa importancia transcende o ámbito local, rexional e, mesmo, estatal. Galicia tamén está presente nesta lista Ramsar con cinco zonas húmidas que se foron incorporando entre os anos 1989 e 1994. As cinco forman parte tamén da Rede Natura 2000.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

Vilagarcía de Arousa, Cambados, Meaño, O Grove, A Illa de Arousa, Ribadumia e Sanxenxo

2.561 hectáreas

Sitio Ramsar desde decembro de 1989

O espazo formado na desembocadura do río Umia e o extremo leste da península do Grove dá nome a esta zona húmida, pero a área incluída no convenio Ramsar está formada tamén por outros dous lugares: a lagoa Bodeira, situada no litoral norte do Grove, e Punta Carreirón, situada no extremo sur da Illa de Arousa. Así, o único espazo  Ramsar da provincia de Pontevedra afecta a sete municipios e inclúe zonas de características moi diferentes: unha lagoa de lodo con illotes no seu interior, unha pequena lagoa costeira, un enorme areal, unha zona de rochas… o que favorece que se poida atopar alí unha gran variedade de especies vexetais, incluíndo algúns exemplos  endémicos. Aves  limícolas e anátidas, tanto de paso como invernantes, déixanse ver en gran número nestes espazos  provistos de rutas de sendeirismo e puntos de observación.

Rías de Ortigueira e Ladrido

Cariño e Ortigueira

2.920 hectáreas

Sitio Ramsar desde decembro de 1989

As enseadas de Ladrido, Mera e Caleira son os tres espazos de maior interese ornitolóxico deste sitio Ramsar conformado polo estuario que forman as desembocaduras dos ríos Mera e Baleo, e outros leitos máis pequenos. A gran presenza na zona de aves migrantes como os patos rabudos é un dos principais motivos da inclusión deste espazo no convenio de protección de zonas húmidas. Tamén se poden ver especies limícolas como as gabitas e os mazaricos reais e foron avistados así mesmo mamíferos como a londra. Carreiros e outros espazos nos que pasear ábrennos as portas a esta zona húmida enmarcada polos montes das serras da Capelada e A Coriscada.

Lagoa e areal de Valdoviño

Valdoviño

485 hectáreas

Sitio Ramsar desde marzo de 1993

A lagoa de Valdoviño (ou A Frouxeira), o sistema dunar e a praia da Frouxeira dan forma a este complexo de gran interese tanto por albergar especies vexetais e animais importantes para asegurar a diversidade biolóxica dunha zona, como por sustentar especies vulnerables ou en perigo. Entre estas últimas cóntanse máis dunha ducia de especies de vertebrados cun alto grao de ameaza como o abetouro común (da familia das garzas), que se deixa ver durante os meses do outono e o inverno, e  invertebrados como os cabaliños do demo (da familia das libélulas). Tamén se poden ver na zona anfibios como a píntega rabilonga e a ra rabilonga e aves como o corvo mariño cristado, o cullereiro, a píllara das dunas ou a píldora cincenta.

Complexo de Corrubedo

Ribeira

550 hectáreas

Sitio Ramsar desde marzo de 1993

Dous cordóns dunares nos que destaca a súa emblemática duna móbil dun quilómetro de lonxitude, máis de 200 metros de anchura e ata 20 de altura, son os responsables da formación de dúas lagoas (unha de auga salgada e a outra de auga doce) e unha extensa zona de marismas. Todo ese espazo forma ademais un parque natural que chegou a recibir máis de 300.000 visitantes ao ano e dentro de cuxos límites se pode atopar unha ampla variedade de flora. Numerosas especies de anfibios, réptiles e mamíferos, ademais de importantes grupos de aves migratorias converten o lugar nun punto excepcional para a contemplación da fauna. Ademais, o parque dispón dun centro de recepción de visitantes, dun centro de interpretación e de varias rutas sinalizadas para que a experiencia de quen se achega ata alí sexa o máis completa e satisfactoria posible. O complexo de Corrubedo sitúase no municipio coruñés de Ribeira, no extremo da península do Barbanza.

Ría de Ribadeo

Ribadeo, Vegadeo e Castropol

1.740 hectáreas

Sitio Ramsar desde outubro de 1994

Situada no límite de Galicia con Asturias e delimitada polos municipios de Ribadeo (na marxe galega) e Vegadeo e Castropol (na asturiana), a ría de Ribadeo, destaca por ser un enclave de especial interese para as aves acuáticas migratorias. No seu territorio déixanse ver tanto especies que o empregan como lugar de invernada, como outras que recalan alí no seu periplo cara a outras latitudes ou en busca de refuxio en época de temporais. É o caso do pato rabudo, o mazarico real ou o pilro común. Tamén se poden ver outras especies animais de gran importancia como a londra. Anguías, salmóns e reos son algúns dos peixes que poboan unhas augas cuxa importancia radica ademais no feito de presentar unha das praderías submarinas de zostera mariñas máis grandes de todo o Cantábrico.