Brandomil – Turismo de Galicia

Cinco pontes galegas que debes coñecer
Son pontes galegas que atesouran gran beleza e unha historia que sentirás ao pousar os pés sobre as súas pedras. Esta é unha pequena selección de cinco pontes galegas que, se non coñeces aínda, deberías visitar.

Ponte de Brandomil

Vaia por diante que esta ponte conta coa vantaxe dun nome realmente evocador, que remite  ao pasado galaicorromano e que serviu de inspiración ao poeta Eduardo Pondal: así se chamaba un dos heroes que, nas súas creacións, loitaban contra o invasor. A ponte cruza o Xallas xusto antes da cola do encoro da Fervenza, un dos moitos que aproveitan o leito deste río coruñés. Por el pasaba orixinalmente o Camiño de Santiago cara a Fisterra. É unha obra de moi probable orixe romana; segundo os traballos arqueolóxicos, durante o Imperio na zona existía un cruce de camiños e, polo tanto, polo menos unha vila que lle dese servizo a quen por aquí transitaba. Con todo, a ponte actual é da Idade Moderna, contra o século XVI, e consiste en catro arcos de pedra, o máis alto deles de máis de oito metros.

Ponte Maceira

É un dos lugares máis coñecidos e retratados do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, e con razón: a Ponte Maceira, que sobrevoa o Tambre entre os concellos de Ames e Negreira, foi construída no século XIII e os seus sete arcos (todos de medio punto salvo o central, apuntado) foron testemuña de batallas medievais. Sorprende ademais pola beleza da contorna, formada por unha aldea construída arredor da pequena ermida de San Brais e, sobre todo, a presa e os muíños que aproveitaban a forza da auga neste punto do río.

Ponte do Bibei

Singular pola altura do seu arco principal, duns vinte metros sobre o río Bibei, esta ponte é un auténtico prodixio de lonxevidade. Foi construída no século II polos enxeñeiros do Imperio Romano e, con mínimas reformas, aínda sostén hoxe o tráfico da estrada autonómica OU-636, no tramo que une Larouco coa Pobra de Trives. É, de feito, unha das poucas pontes galegas que conservan a maior parte da fábrica romana; orgullosa dese pasado, nun dos seus estremos situáronse varios miliarios testemuña da importancia que tivo como vía de comunicación hai dous milenios e que segue conservando na actualidade.

Ponte de Pontevea

Cos seus seis amplos arcos apuntados, de inspiración gótica, a ponte de Pontevea atravesa o ancho río Ulla entre os concellos de Teo e A Estrada, a cabalo entre as provincias da Coruña e Pontevedra. Foi levantada no século XV e ten unha inconfundible silueta triangular. Xusto no medio, un indicador de pedra mostra o punto no que se separan as provincias da Coruña e Pontevedra. Desde a ponte e augas abaixo, á distancia dun pequeno paseo a pé, pódese chegar á Burga de Xermeade, unha fonte de augas medicinais que no seu día contou cun pequeno balneario.

Ponte do Pedrido

Non está mal rematar unha lista de pontes romanas e medievais cunha construción moi posterior, case contemporánea. A Ponte do Pedrido foi levantada entre os anos 1939 e 1942, en plena posguerra, para superar a ría de Betanzos entre os concellos de Paderne e Bergondo. Trátase dunha obra en formigón dos enxeñeiros Eduardo Torroja Miret e César Villaba Granda, inconfundible polo seu perfil lixeiro, o seu arco elevado central e o ton branco da súa cobertura. Construíuse nun punto no que o único medio de atravesar a ría era unha barca, co que a viaxe entre as cidades de Ferrol e A Coruña se acurtou considerablemente. De feito, ata a apertura hai dous decenios da ampliación da autopista AP-9 entre estas dúas urbes, foi parte esencial da principal vía de comunicación da costa ártabra.