Axenda – Turismo de Galicia

Qué facer en Galicia do 1 ao 12 de setembro
3 setembro

Concertos na Fin do Mundo. Muxía

Info

2-3 setembro

Feira Franca Pontevedra (Pontevedra, Pontevedra)

Durante os días 2 e 3 de setembro, a cidade de Pontevedra retrocederá no tempo ata a época do medievo para que o público goce coa decimonovena edición da Feira Franca. Artesáns, ferreiros, carpinteiros, músicos, xograres, trobadores, campesiños, comerciantes, damas e cabaleiros, encherán as rúas da cidade para o deleite de veciños e visitantes que poderán revivir a época do monarca Enrique IV, quen autorizou no ano 1497 a celebración dun mercado libre de impostos.

O venres 2 de setembro, é a véspera da feira. Ás 18.30 horas os pregoeiros dacabalo anunciarán polo centro histórico o inicio da Feira Franca. Ás 19.30 horas sairán os pasarrúas de grupos de música, malabaristas e compañías de teatro.

O sábado 7 será o día da feira. Ás 11.00 horas, o mercado medieval e os postos de venda de alimentación abrirán as súas portas. Ás 12.00 horas, levará a cabo a Recreación de Transporte do Viño, con saída desde os arredores do convento de Santa Clara e fin na Praza da Peregrina.

Pola tarde, ás 17.30 e 20.00 horas, terá lugar na praza de touros o Gran Torneo Medieval. Tamén haberá pasarrúas de bufóns e trobadores, demostracións de oficios tradicionais, talleres infantís, exhibicións de cetrería e esgrima e moitas outras actividades lúdicas destinadas ao goce do público.

3 setembro, ás 12:45H

Desfile de Entroidos Tradicionais de Galicia (Santiago de Compostela, Pontevedra)

O día 3 de setembro poderase admirar a variedade e autenticidade dos Entroidos Tradicionais de Galicia. A cita comezará ao mediodía na Praza do Obradoiro e continuará polas principais rúas e prazas da zona vella de Santiago de Compostela.

Esta ocasión é excelente para gozar de sete dos Entroidos declarados Festa de Interese Turístico de Galicia (Vilaboa, Manzaneda, Verín, Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Vilariño de Conso e Xenerrais da Ulla) e outros nove entroidos convidados que nesta edición serán os  Volantes de Chantada,  Bonitas de Sande (Cartelle), Vergalleiros de Sarreaus, Vellaróns de Riós,  Entroido de Samede (Paderne), Galos da Mezquita (A Merca), Follateiros (Lobios), Madamitos e Madamitas de Entrimo, e Cabreiros (Muíños) .

Na Praza do Obradoiro ás 10:30 horas, Dj Mil ambientará a espera cunha mestura de música tradicional galega e novos sons da World Music. O desfile comeza ás 12:45 desde o Obradoiro, para percorrer as rúas de Fonseca, Rúa do Vilar, Praza e Cantón do Toural, rúas Nova e de Xelmírez, Cinco Rúas, Rúa do Preguntoiro, Praza de Cervantes, Rúa da Acibechería e Praza da Inmaculada, e finalizar de novo na Praza do Obradoiro.

3-11 setembro

Romaría da Nosa Señora dos Milagres de Caión (A Laracha, A Coruña)

A Romaría da Nosa Señora dos Milagros de Caión será especial este 2022; recuperaranse as icónicas procesións de subida e baixada da virxe desde a igrexa parroquial Santa María do Socorro ata o santuario.

O 8 de setembro é o gran día, xornada na que o Santuario dos Milagres de Caión convértese no lugar de peregrinación ao que acoden miles de romeus para render devoción á Virxe. O domingo anterior a esa data (4 de setembro), a Virxe dos Milagres é subida en procesión desde a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro ata o Santuario. Durante esta xornada haberá misas tanto na igrexa como no santuario.

O domingo seguinte (11 de setembro), faise a procesión de regreso para levar a imaxe de novo ao templo parroquial. Tamén é característico ver aos peregrinos achegarse á Fonte Santa, posto que a crenza popular atribúelle propiedades curativas.

4 setembro

Festa da Chula (Pazos de Borbén, Pontevedra)

O próximo día 4 de setembro, a partir das 11.00 horas dará comezo na parroquia de Moscoso, no municipio de Pazos de Borbén, a festa gastronómica de degustación de Chulas.

Os organizadores do evento encargaranse de cociñar ao longo de toda a xornada unha gran cantidade de chulas, elaboradas de diferentes formas e sabores -de cabaza, bacallau, chocolate…- que deleitarán os padais de todos os asistentes ao evento. A xornada estará amenizada con música popular, e o pregón das festa correrá a cargo de Rita do Fardán.

Ao mediodía, todos os veciños e visitantes terán a oportunidade de quedar a comer na carpa, onde haberá venda de churrasco, polbo, callos, paella e sobremesas caseiros. Tamén haberá unha carpa de produtos artesáns e ecolóxicos.

4 setembro

Festa do Pan de Neda (Neda, A Coruña)

Na nova edición da Festa do Pan de Neda, que se celebrará no paseo marítimo da vila o vindeiro domingo 4 de setembro, instalaranse postos de venda de pan e contará con actuacións musicais.

O sábado 3 a partir das 21.30 horas, dará comezo a Noite de Birlos no Paseo Marítimo de Xubia, con Ele, Aiuriños da Freba e Banda Xangai. O domingo 4, terá lugar no paseo marítimo da vila a trixésima segunda edición da Festa do Pan. Os actos comezarán coa apertura dos postos das panaderías colaboradoras. Os postos de venda de pan, empanadas e doces abrirán ás 10.00 horas, coincidindo coa apertura do mercado de artesanía. Ás 11.00 horas, os asistentes poderán gozar co concerto de Berros do Castro, e ás 12.00 horas comezará o concurso de empanadas. Ás 13.00 horas procederase á lectura do pregón a cargo da escritora Sara González Veiga, e ao finalizar, entregaranse os premios do certame de empanadas.

A sesión vermut das 13.30 horas, estará amenizada polo grupo Cachas&Cousins, e a partir das 14.00 horas poderase degustar un xantar popular a base de pan, empanada, arroz, churrasco, bebidas, doces e café por 20 euros. Ás 15.30 horas, poderase gozar da música da charanga Os Charangos. Ás 17.00 horas, os pequenos da casa poderán participar nun taller de elaboración de pan e ás 18.30 horas, do espectáculo de circo e clown Circanelo, de Fredi Muíño. O broche de ouro que poñerá fin á festa, será o concerto de Luar na Lubre, ás 19.30 horas.

6-9 setembro

Danzas Ancestrais de Darbo (Pontevedra, Pontevedra)

As festas de Darbo que terán lugar entre o 6 e 9 de setembro, están consideradas como unha das máis afamadas das Rías Baixas, sendo un exemplo da mellor tradición de romaría. A continuación da celebración dos oficios relixiosos e a gran queimada amenizada por Trío Rever de Vigo & Trío Acibeche, chega o momento da procesión ao redor do templo da patroa de Darbo, Santa María, un percorrido que se achega ao medio quilómetro.

Na véspera da festa, o día 7 de setembro haberá pasarrúas, un concerto da Banda de Música Belas Artes de Cangas, e unha verbena da man de orquestras Ritmo Novo & Televisión. O día 8 de setembro, haberá pasarrúas, un concerto a cargo da Cultural Salceda de Caselas, unha misa solemne cantada e a procesión.

Ao seu final báilase a tradicional Danza e Contradanza de Darbo diante da imaxe da Virxe, no atrio da Igrexa Parroquial de Santa María de Darbo. Este baile considérase unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos polos antepasados. Durante esta xornada haberá unha verbena amenizada polas orquestras Solara & Florida Band.

A danza data do século XVI, e bailábase para dar grazas á Virxe por favores recibidos durante o ano. Participan dez galáns, cinco damas, un gaiteiro e un tamborilero, todos eles dirixidos por un guía que marca o tempo da Danza e da Contradanza. Finalmente o día 9 de setembro, haberá pasarrúas, un concerto de Unión Musical Ponteledesma, unha misa solemne cantada seguida da procesión e finalmente, ademais dos xogos populares infantís, haberá unha verbena que porá fin á festa, amenizada polas orquestras Pontevedra & Super Fama.

8 setembro

Concerto Muse en Vigo (Vigo, Pontevedra)

Lugar: Estadio de Balaídos

8-9 setembro

Concertos na Fin do Mundo (Ferrol, A Coruña)

Info.

8-10 setembro

Festas Patronais e do Carme de Fisterra (Fisterra, A Coruña)

O municipio de Fisterra celebrará as festas patronais en honra a San Roque, a Virxe do Carmen e Santa María das Areas, Patroa da vila, os próximos días 8, 9 e 10 de setembro.

O xoves 8, comezan as festas patronais con pasarrúas e alboradas, e ás 11.00 horas terá lugar a procesión polas rúas da vila acompañados pola Banda Desiderio Paz de Fisterra. A continuación celebrarase a misa solemne en honra a Santa María das Areas, e ao finalizar os actos relixiosos, dará comezo a sesión vermut a cargo da orquestra Atenas. Pola tarde haberá pasarrúas a cargo da charanga O Rumbo de Sardiñeiro e pola noite, gran verbena coa orquestra Atenas.

O venres 9, comeza o día de festa en honra a San Roque coa celebración da misa solemne ás 19.00 horas, seguida da procesión polas rúas da vila, acompañados da Banda Desideiro Paz de Fisterra. Pola noite celebrarase unha gran verbena co grupo Eureka e discoteca móbil CDC.

O sábado 10, comeza o día de festa en honra a Nosa Señora do Carme coa saída da procesión ás 10.30 horas, que irá acompañada da Banda Municipal de Cee, dando paso á celebración da misa solemne na lonxa de Fisterra. Despois terá lugar a tradicional procesión marítima, a ofrenda polos homes que morreron no mar, a Salve Mariñeira e unha gran traca. Logo dará comezo a sesión vermut co grupo Eureka.

Pola tarde a partir das 18.30 horas, dará comezo na Praza da Constitución o VI Campionato Internacional de Futbolín Alexandre Fisterra. A tarde estará amenizada por pasarrúas a cargo das charangas TNT, O Son dos Michos e Nin Chica Nin Patacón. Pola noite, a verbena de fin de festas estará amenizada pola orquestra Combo Dominicano e discoteca móbil CDC.

8-12 setembro

Romaría da Nosa Señora da Barca (Muxía, A Coruña)

A romaría da Nosa Señora da Barca en Muxía, unha das máis importantes e de maior tradición de Galicia, celebrarase entre o 8 e 12 de setembro. A Santa non protexe contra ningún mal en concreto, senón que debe a súa popularidade a que concede todo aquel favor que lle sexa solicitado con fe.

O xoves 8 de setembro, comezan os festexos ás 12.00 horas co disparo de 21 bombas de palenque. Oficiaranse misas como de costume e ao finalizar os actos relixiosos, terá lugar a sesión vermut a cargo do dúo Charada que tamén será encargado de poñer a nota musical á verbena.

O venres 9 ás 12.00 horas, a tirada de 21 bombas de palenque anunciará o inicio dos festexos deste día. Oficiaranse misas en horario habitual e ao longo do día haberá pasarrúas e unha sesión vermut estará amenizada por disco móbil CDC. Pola noite a verbena estará amenizada pola orquestra Combo Dominicano e disco móbil CDC.

O sábado 10, comeza o día de festa coa tirada das 21 bombas de palenque ás 12.00 horas, durante a mañá oficiaranse misas como de costume e haberá pasarrúas. A sesión vermut estará amenizada pola orquestra Meigos de España e pola noite, as orquestras París de Noia e Magos de España, e a disco móbil CDC, amenizarán a verbena. Finalmente ás 00.30 horas, terá lugar a sesión de fogos artificiais.

O domingo 11, ás 12.00 horas a tirada de 21 bombas de palenque anunciará o inicio dos actos no día de Nosa Señora da Barca. Ás 12.30 horas oficiarase a misa solemne, e a continuación sairá a procesión da Santísima Virxe da Barca ata o porto. Ás 14.30 horas, será a tirada de traca de bombas e actuación da Coral Polifónica Virxe da Barca. A nota musical da sesión vermut e verbena correrá a cargo de orquestra Lume, a cantante galega Mar Davila co seu grupo musical Os Satélites.

O luns 12 pola mañá, ás 12.00 horas, terá lugar a tirada de 21 bombas de palenque, dando paso á procesión desde a igrexa parroquial ao Santuario, e acto seguido oficiarase a misa solemne. Despois dará comezo a sesión vermut coa orquestra Escaparates, finalizando as festas cunha gran verbena a cargo de orquestra Escaparates e o grupo Os Coleguitas. Todos os días de festa haberá xigantes e cabezudos co grupo de gaitas.

9-16 setembro

Festividade da Virxe de Guadalupe (Rianxo, A Coruña)

As festas da Guadalupe de Rianxo desenvolveranse do 9 ao 16 de setembro. Na primeira xornada terá lugar unha festa dedicada aos anos 80 para ir abrindo boca. O sábado 10 haberá variedade de opcións, entre as que destaca o concerto de Roi Casal.

Tamén actuará o grupo Atenas, desenvolverase unha verbena sinfónica e poderase bailar ao ritmo de Kyoto FM. O domingo día 11, celebrarase a tradicional procesión. A Moreniña volverá saír ao mar e non faltarán á cita a banda de Teo e Buxaina. Para a verbena cóntase cunha das orquestras mellor valoradas en Rianxo, a Panamá. Tamén estará Status e a noite péchaa un picadiscos.

Qué facer en Galicia do 1 ao 5 de xuño
4 de junio

Trens Turísticos Ribeira Sacra

Os agora clásicos “Trens Turísticos de Galicia” volven á Ribeira Sacra este 2022. Serán tres os trens protagonistas que percorrerán diversos destinos entre os meses de xuño e outubro.

Estas son roteiros dun día que inclúen servizo de guía especializado durante o percorrido, os traxectos de ferrocarril, os traslados complementarios e outras actividades e visitas organizadas. Os trens parten da Estación de Tren de Ourense, aínda que se poderá contratar o traslado desde as estacións de tren de Santiago de Compostela e Vigo sen custo adicional.

As saídas programadas dos roteiros nos trens, son as seguintes:

Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Sil): 4 xuño, 2 xullo, 6 agosto, 3 setembro, 17 setembro e 1 outubro.

Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Miño): 18 junio, 30 julio, 10 setembro e 8 outubro.

Ruta dos Viños da Ribeira Sacra e Valdeorras: 27 agosto e 24 setembro.

2-4 junio

Port América (Portas, Pontevedra)

Este 2022 regresa unha vez máis o Festival PortAmérica para celebrar o 10º aniversario do 2 ao 4 de xuño. Este evento terá lugar no Auditorio da Azucreira, na localidade de Portas.

Chega a Galicia a mellor música independente nacional e internacional do momento, co maior número posible de artistas e chefs. Ao fin poderase gozar de boa música, natureza, tres escenarios, Show  Rocking, Mercado de Talentos e acampada na contorna máxica da comarca de Caldas de Reis.

https://portamerica.es/

3-5 junio

Ruta do Viño da Ribeira Sacra

O Roteiro do Viño da Ribeira Sacra terá lugar desde o venres 3 ao domingo 5 de xuño, na que os asistentes poderán gozar de diversas actividades  enoturísticas.

Cátaa sinfonía de aromas e sabores da Ribeira Sacra será o venres a partir das 20:00 horas no Centro do Viño da Ribeira, da man da  sommelier Mercedes González. O sábado haberá  obradoiros infantís relacionados co mundo do viño e da Ribeira Sacra a partir das 11:00 horas, e a partir das 17:00 horas, levará a cabo a actividade “Entre viños e petiscos”.

Entre o sábado e o domingo, dispoñerase do servizo do  ViñoBus por un custo de 10 euros por persoa para realizar as visitas ás  adegas do roteiro. Así mesmo, o sábado haberá os seguintes roteiros de sendeirismo: “Roteiro entre  Oliveiras  do  Camiño de  Inverno” e “ Coñecemos Ou Miño dá Ribeira Sacra”. O domingo 5, farase o “Roteiro Entre  Sendeiros  do Sil” e o “Roteiro  do  Románico de Chantada”.

5 junio

Festa da Romaría das Cruces (Ribadeo, Lugo)

A Festa da Romaría das Cruces celébrase o luns de  Pentecoste no santuario da nosa Señora das Virtudes, no Puente de  Arante en Ribadeo. Segundo as tradicións que datan do século  XV, é costume bendicir os campos e cantar  rogativas durante este evento. Ao mesmo tempo, conmemórase a batalla e vitoria dos habitantes das sete parroquias contra o exército de  Napoleón preto do ano 1809.

O seu nome provén da asistencia dos veciños de sete parroquias coas sete cruces:  Arante,  Ove,  Cedofeita e  Covelas do concello de Ribadeo, e as de Vidal, A  Valboa e  Sante, do concello de Trabada.

Destaca en especial o ritual dos pendóns e das cruces, cando os portadores posiciónanse uns fronte a outros e empezan a  arriar varias veces. Despois realízase o  bandeo do pendón, un ritual que require destreza, forza e precisión para levalo en paralelo ao chan sen que chegue a tocalo.

Un 2020 para gozar de festa en festa
O 2020 arrinca con festa, a de Ano Novo e proseguirá así, case sen pausa, durante os próximos doce meses. As celebracións en Galicia cóntanse por miles, así que a modo de axenda resumida aquí che mostramos aquelas máis sinaladas pola súa condición de festas de interese turístico para que as poidas anotar na túa propia axenda.

Xaneiro

O ano 2020 comeza como acabou o 2019, cos festexos de Nadal, así que se aínda non viches os espectaculares beléns de Valga e Begonte, aproveita os primeiros días do ano para visitalos. Ademais, En Aldán, poderás gozar das Danzas Ancestrais de San Sebastián e no Barco de Valdeorras, da Festa do Botelo.

Febreiro

Sabores e tradición convivirán no segundo mes do ano. O entroido mostrará a súa cara máis orixinal e divertida en lugares como Cobres (Vilalba), Laza, Verín, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Maceda, Manzaneda e as marxes do río Ulla, mentres que en Cuntis, Lalín, A Fonsagrada, Viana do Bolo e Arzúa deleitarán os seus padais con produtos como o lacón con grelos, o cocido, o botelo, a androlla e o queixo, respectivamente. Ademais, en Bembrive (Vigo) honrarán a San Brais.

Marzo

Os ecos da historia resoarán con forza en Baiona coa Festa da Arribada e en Vigo coa súa Reconquista. O caldo, o ourizo de mar e as filloas reinarán en Mourente (Pontevedra), San Cibrao (Cervo) e Lestedo, mentres que en Ferrol gozarán dunha homenaxe feminina con música: a Festa das Pepitas.

Abril

A Semana Santa vivirase con especial intensidade e devoción en varios puntos de Galicia:

Ferrol, Viveiro, Fisterra, Paradela Cangas, Betanzos, Lugo, Mondoñedo e Santiago de Compostela. Pero non será esta a única celebración de abril. En Arcade presumirán de ostras, e na Pontenova, As Neves, Sober, Arbo, Pedrafita do Cebreiro e Bueu farán o propio coas troitas, o requeixo e o mel, o viño de Amandi, a lamprea, o queixo e o millo corvo. Así mesmo, en Camariñas volverán mostrar a súa artesanía máis famosa, o encaixe, e en Tui honrarán a San Telmo.

Maio

Maio será un mes cheo de ricos sabores: os que se poderán degustar en Oroso e Pontecaldelas, coas súas festas da troita, ou na Estrada, coa do salmón. En Redondela degustarán chocos; en Melide, melindres e en Muimenta (Cospeito), filloas, mentres que en Ribadavia a cita será co viño do Ribeiro e en Quiroga, co aceite. Ademais, as celebracións etnográficas estarán presentes en Ourense, cos Maios, e en Celanova coa Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes.

Xuño

Co verán xa ás portas, o calendario festivo alternará celebracións relixiosas con outras etnográficas. As primeiras estarán presentes en Ponteareas, Bueu, Redondela e Ares (co Corpus e as súas tradicións), Malpica (Romaría de Santo Hadrián) e Lugo (Ofrenda ao Santísimo Sacramento), mentres que as segundas poderanse gozar en Mos (Festa da Rosa), Allariz (Festa do Boi), Bande (Festa do Peixe), Vila de Cruces (Festa do Galo de Curral), Monterrei (Xuntanza de Gaiteiros), Lugo (Arde Lucus), A Coruña (Fogueiras de San Xoán) e Ribadeo (Romaxe das Cruces).

Xullo

Inmersos xa no verán a oferta festiva multiplicarase en xullo con propostas para os gustos máis variados. A gastronomía será o eixo das celebracións previstas en Carnés-Vimianzo (cos callos da Faguía), A Guarda (lagosta), Paiosaco-A Laracha (cereixas), Cea (pan), Corme-Ponteceso (percebes do Roncudo), Cambados (vieira), Mugardos (polbo), O Rosal (viño), Celeiro-Viveiro (pescada) e Moaña (carneiro ao espeto). En Candaoso (Viveiro) e Sabucedo (A Estrada) terán lugar as súas famosas rapas das bestas, mentres que en Betanzos celebrarán a Festa Franca; en Bouzas (Vigo), o seu Santísimo Cristo dos Aflixidos, en Lérez (Pontevedra) o San Benitiño; nas Pontes, a Romaría da Fraga, e en Ribeira, a Festa da Dorna. Ademais, Santiago de Compostela concentrará as celebracións do día grande de Galicia coas súas Festas do Apóstolo; en Esteiro (Muros) as carrilanas volverán ser unha fonte de espectáculo, en Narón regresarán ao pasado co seu Oenach e en Ortigueira bailarán ao ritmo da música do seu Festival Intercéltico.

Agosto

O mes máis festivo do verán volverá facer gala desta condición con medio cento de citas. Non faltarán as celebracións eminentemente gastronómicas: Burela (bonito), Oímbra, A Arnoia e Herbón-Padrón (pementos) Laro-Silleda (tortilla), O Carballiño (polbo), A Cañiza (xamón), Vilanova de Arousa (mexillón e berberecho), Carril-Vilagarcía (ameixa), Bandeira-Silleda (empanada), Cervo (queimada), Valga (anguía), Salvaterra de Miño (viño do Condado), Cambados (albariño) e O Pino (galo piñeiro). E tamén haberá numerosas celebracións de raíz histórica, relixiosa e etnográfica: Ribadeo (Día da Gaita e Romaría a Santa Cruz), San Cibrao-Cervo (Maruxaina), A Guarda (Festa do Monte), Seoane do Courel (Filandón de Músicas), Buño-Malpica (Mostra da Olería), Catoira (Romaría Viquinga), O Hío-Cangas (Danzas Ancestrais de San Roque), Foz (San Lourenzo), Vilagarcía, Betanzos e Sada (San Roque), Mondoñedo (Medieval), Meira (Festa da Malla), Chantada (Folión de Carros), Laxe (O Naufraxio), Ribadavia (Festa da Istoria), Soutelo de Montes-Forcarei (Festa do Gaiteiro), Viveiro (O Naseiro), Boiro (San Ramón de Bealo), Cabana (San Fins do Castro), Gutiriz (Festival de Pardiñas) e San Miguel de Reinante-Barreiros (Festival do Emigrante). Incluso o deporte estará representado a través do remo no Descenso Internacional do Miño (Tui) e do surf no Galicia Classic Surf Prol (Pantín-Valdoviño).

Setembro

O final do verán achégase, pero a festa continúa. As citas para setembro serán en Neda (pan), Darbo-Cangas (Danzas Ancestrais), Pontevedra (Feira Franca), Taboada (Fachas de Castelo), A Cañiza (Virxe da Franqueira), A Pobra do Caramiñal (Festa das  Mortallas), Rianxo (A Guadalupe), Muxía (A Barca), Caión-A Laracha (Os Milagres), Muras (Festa do Poldro), Rairiz de Veiga (A Saínza) e Marín (San Miguel).

Outubro

Catro celebracións centrarán o interese en outubro: A Festa da Faba de Lourenzá, a  Festa do Marisco do Grove, o San Froilán de Lugo e As San Lucas de Mondoñedo.

Novembro

Novembro é tempo de cogomelos, castañas e magostos, e iso tamén se deixa notar no calendario festivo con celebracións como as que terán lugar en Ourense, Folgoso do Courel e Riós. Ademais, en Moaña celebrarán o seu San Martiño e en Monterroso, a  Feira dos Santos.

Decembro

E de novo en Nadal, tocará despedir o 2020 tal como comezou: contemplando os espectaculares beléns de Valga e Begonte.

Que facer en Galicia a semana do 16 ao 22 de decembro
O Nadal impregna a axenda cultural destes días. O seu espírito esténdese tamén a todo tipo de propostas, incluídos os mercados monográficos e os festivais musicais.

Nadal en Galicia

Ata comezos de xaneiro. Toda Galicia

O ambiente do Nadal esténdese estes días por toda Galicia. As rúas de cidades e pobos brillan con espectaculares iluminacións e beléns como os de Valga e Begonte (declarados de interese turístico) fan que as personaxes do Nadal cobren vida. Actuacións para o público familiar, mercados e propostas diversas enchen de colorido e alegría toda a comunidade.

Máis información aquí

Festivais musicais

21 de decembro. A Coruña. 18 ao 21 de decembro. Vigo

O ambiente do Nadal tamén está presente nalgunhas das propostas musicais para estas datas. É o caso do Nadal 1980 Pop Festival, que se celebrará na Coruña o sábado 21 e que reunirá na Sala  Pelicano a Marta Sánchez, Javier Gurruchaga, Rafa Sánchez e Luís Bolín (A Unión) e Alejo Stivel (Tequila). Así mesmo, en Vigo, a solidariedade e a música daranse cita na nova edición do festival Rock Children Fest, que se celebrará durante 4 xornadas noutros tantos locais da cidade: A Fábrica de Chocolate, Reserva Rock, Salga Máster e Sala  Transilvania.

Feiras de Galos e Capóns

21 e 22 de decembro. Varios municipios

O capón é un dos pratos estrela dos festexos do Nadal. Por iso, chegadas estas datas son varios os municipios galegos que celebran mercados monográficos para a compra e venda dos exemplares. O sábado 21 terá lugar en Vilalba a  tradiciional Feira do capón e en Arteixo a súa Feira do Galo, e o domingo 22 será a quenda do Mercado de Nadal do Galo de Curral de Meis e da Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces.

Galicia, un relato no mundo

Ata o 12 de abril. Santiago de Compostela

Unha selección de pezas de gran importancia histórica para a historia e a cultura desta terra e procedentes de diversos países do mundo danse cita na exposición que se pode ver no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura. Trátase da primeira gran exposición organizada pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021.

Máis información aquí

Que facer en Galicia a semana do 25 de novembro ao 1 de decembro
A industria cultural de Galicia celebra a súa gran feira anual e destaca nunha axenda na que tamén se deixan ver celebracións tradicionais, propostas musicais, citas coa arte e as primeiras manifestacións de que o Nadal se achega.

Culturgal

Do 29 de novembro ao 1 de decembro. Pontevedra

A Feira das Industrias  Culturais de Galicia, Culturgal, celebrará esta fin de semana a súa duodécima edición reunindo en Pontevedra a creadores de ámbitos diversos como a literatura, a música, o teatro e o audiovisual. O público poderá visitar 80 casetas diferentes e asistir a preto de 120 actividades.

Máis información aquí

Romaría de Santo André de Teixido

30 de novembro. Cedeira

O sábado é a festividade do Apóstolo Santo André, así que o santuario de Santo André vivirá tamén una das xornadas de romaría máis importantes do seu calendario anual. Os fieis regresarán a este lugar de peregrinación, ritos e lendas para cumprir cunha tradición secular.

Máis información aquí

Belén de Valga

A partir do 1 de decembro. Valga

Coa chegada do mes de decembro abre as súas portas en Valga o seu popular Belén Artesanal en Movemento. Máis de 3.000 pezas forman esta espectacular posta en escena preparada por un grupo de veciños e que ano tras ano atrae ata a localidade a miles de persoas. A súa singularidade propiciou que fose declarada celebración de interese turístico.

Máis información aquí

Galicia, un relato no mundo

Ata o 12 de abril. Santiago de Compostela

Unha selección de pezas de gran importancia histórica para a historia e a cultura desta terra e procedentes de diversos países do mundo danse cita na exposición que acaba de abrir as súas portas no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura. Trátase da primeira gran exposición organizada pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021.

Máis información aquí

Cineuropa

Ata o 28 de novembro. Santiago de Compostela

A presente edición do festival Cineuropa conclúe esta semana tras case un mes de cinema. Pero antes de despedirse, o público aínda poderá gozar de catro xornadas de proxeccións no Teatro Principal, o Salón Teatro e os Multicines Compostela, e da entrega de premios.

Máis información aquí

Outono Códax Festival

29 de novembro e 1 de decembro. Santiago de Compostela

Dúas son as citas que os responsables do Outono Códax Festival programaron para esta semana. O venres 29 actuará Andrew  Combs (Sala Riquela) e o domingo 1 farano Gisele Jackson & The Shu ¡Shu’s e The Fabulous Resaca Brothers (Sala Capitol).

Máis información aquí

Que facer en Galicia a semana do 28 de outubro ao 3 de novembro
O tránsito de outubro a novembro é sinónimo de festa en toda Galicia. As castañas e o Samaín conviven nunha axenda na que tamén haberá espazo para o teatro, o rock e as feiras máis tradicionais.

Feira dos Santos

1 de novembro. Monterroso

Os veciños de Monterroso celebrarán este venres unha das citas máis importante do seu calendario anual, a Feira dos Santos. As orixes desta xornada de mercado e degustación remóntanse ao ano 1450. Desde o 2011 goza ademais das consideración de Festa de Interese Turístico.

Máis información aquí

FIOT

Ata o 3 de novembro. Carballo

O Festival Internacional  Outono de Teatro chega á súa fin esta semana. Antes de baixar o pano ata o próximo ano o público poderá gozar da posta en escena de “Fariña” e asistir á entrega do galardón Xograresa de Outono á actriz Patricia de Lorenzo.

Máis información aquí

Castañazo Rock

1 e 2 de novembro. Chantada

Os festivais musicais tamén son para o outono. Así o demostran en Chantada co seu  Castañazo Rock, unha cita que encherá de música a localidade durante dous días. SFDK, Koma, Deus Ke Te Crew, Skacha, Ezetaerre e Huntza amenizarán a velada do venres 1 e Soziedad Alkohólika, Narco, Nao, Auxili, Balkan Bomba e Mekánika  Rolling Band farán o propio o sábado 2.

Máis información aquí

Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós

2 e 3 de novembro. Riós

Roteiros, talleres, xogos infantís, degustacións, un magosto popular, concursos e música. Todo isto é o que ofrecerá durante dúas xornadas a vixésimo quinta edición da  Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós.

Máis información aquí

Festa da Castaña do Courel

2 de novembro. Seoane (Folgoso do Courel)

32 anos suma xa a Festa da Castaña do Courel, unha celebración que este sábado volverá congregar a numerosas persoas no lugar de Seoane. Haberá un magosto tradicional con degustación gratuíta de castañas e viño, talleres, postos de venda de produtos locais e artesanía, e actuacións musicais. A festa foi declarada de Interese Turístico no 2013.

Máis información aquí

Samaín

Entre o 31 de outubro e o 3 de novembro. Por toda Galicia

Castañas, disfraces, talleres para os máis pequenos, música… Con estas e outros propostas municipios de toda Galicia celebrarán estes días o Samaín. Moitos dos festexos están previstos xa para o xoves 31, aínda que noutros casos terán lugar o venres 1, o sábado 2 e o domingo 3.

Que facer en Galicia a semana do 14 ao 20 de outubro
Melómanos, amantes da historia, afeccionados ao teatro e amigos das celebracións en xeral están de parabéns esta semana. A axenda volve ofrecer numerosas propostas coas que satisfacer as súas ganas de goce.

Audacia. Festival de Artes e Emprendemento de Galicia

18 e 19 de outubro. Santiago de Compostela

Inspira, Emprende, Música e Expositivo son as catro seccións do Festival de Artes e  Emprendemento Audacia, que se celebrará na Cidade da Cultura o venres 18 e o sábado 19. A proposta, incluída no programa O Teu Xacobeo, permitirá coñecer a creadores como Oliver Laxe e Sonia Iglesias, formarse con Iria Vázquez ou María Yáñez, gozar dos espectáculos musicais de The Primitals e Janet Novás e Mercedes Peón e visitar os espazos de institucións, entidades e emprendedores.

Máis información aquí

As San Lucas

Do 17 ao 20 de outubro. Mondoñedo

Mondoñedo celebrará esta fin de semana un dos seus festexos máis tradicionais, As San Lucas. Farao con catro días de actividades e música, e unha importante novidade: o Festival Intercéltico, que se celebrará a noite do sábado 19.

Máis información aquí

Festival Galicreques

Toda a semana. Santiago de Compostela

A Fundación SGAE, o Teatro Principal, a Alameda e outros espazos de Santiago de Compostela acollerán durante toda a semana as representacións do vixésimo cuarto Festival Internacional Galicreques.

Máis información aquí

FIOT

Ata finais de outubro. Carballo

O Festival Internacional Outono de Teatro prosegue a súa andaina esta semana con varias estreas e a visita dunha das actrices máis importantes da escena estatal. “Mozas e mozos” (venres 18), “Todas feren e unha mata” (sábado 19) e “A Andoriña” (domingo 20), obra que permitirá ver sobre o escenario carballés a Carmen Maura.

Máis información aquí

Outono Códax Festival

15e 19 de outubro. Santiago de Compostela

A novena edición deste festival consagrado á música negra botará a andar esta semana coas dúas primeiras xornadas de actividades. O martes 15 actuarán Helen and Shana e o sábado 19 será a quenda de Kim Lenz, The Rhum Runners e Midnight Boozers. Ademais, haberá charlas e exposicións.

Máis información aquí

Festival Rock Concello de Vigo

19 de outubro. Vigo

A terceira edición do Festival Rock Concello de Vigo encherá de música as instalacións do Ifevi este sábado durante máis de cinco horas. Sôber, Ñu, O Funkillo, Motores e  Quarzum serán os encargados de facer vibrar ao público presente.

Máis información aquí

Música en Camiño

19 e 20 de outubro. Tui, Tomiño e Pontevedra

O ciclo de concertos do programa Música en Camiño, organizado pola Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co apoio de O Teu Xacobeo, arrinca esta fin de semana con concertos en Tui (o sábado 19) e Tomiño e Pontevedra (domingo 20) e con dúas visitas guiadas por Tomiño e o Baixo Miño.

Máis información aquí

Conmemoración da Batalla de Rande

19 de outubro. Redondela

Os actos organizados para conmemorar o 317 aniversario da Batalla de Rande trasládanse este sábado ao Museo Meirande.

Máis información aquí

Que facer en Galicia a semana do 16 ao 22 de setembro
Festas tradicionais como a Guadalupe de Rianxo; representacións de raíz histórica como a da Romaría da Saínza; eloxios da vida rural como a Feira do Poldro en Muras, e mesmo unha celebración dos océanos, o Festival de Mar de Mares, convídannos a viaxar por toda Galicia durante os próximos días.

Feira do Poldro

22 de setembro. Muras

Degustación de carne de poldro, competicións de equitación, paseos a cabalo e o ambiente das feiras de outrora. Todo isto e máis é o que ofrece a Feira do Poldro e do  Gando do Monte, unha celebración posta en marcha hai xa 32 anos por un grupo de veciños de Muras para preservar e poñer en valor a relación deste municipio lucense co gañado criado en liberdade. Como todos os anos, a xornada central será a do cuarto domingo de setembro (día 22).

Máis información aquí

Romaría da Saínza

22 de setembro. Rairiz de Veiga

Hai xa case dous séculos que se comezou a celebrar no municipio ourensán de Rairiz de Veiga a Romaría da Saínza. Aos ingredientes habituais deste tipo de celebracións súmaselle neste caso unha singular representación que ten por escenario o Campo do Castelo da Saínza: a recreación dun combate entre mouros e cristiáns que congrega a miles de persoas.

Máis información aquí

Caudal Fest

20 e 21 de setembro. Lugo

O río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo serve de pano de fondo ao Caudal Fest. A nova edición deste festival musical celebrarase a próxima fin de semana reunindo a dúas decenas de grupos e artistas de éxito. Marea, La Pegatina, La  M.O.D.A, Izal, Beret, Xoel López e Carolina Durante, entre outros, serán algúns dos encargados de encher de música as noites do venres 20 e o sábado 21.

Máis información aquí

Festival Mar de Mares

Do 18 ao 22 de setembro. A Coruña

Os océanos son os protagonistas de Mar de Mares, un festival nado na Coruña hai 5 anos e que na nova edición, que se celebrará esta semana, prestará atención especial á ciencia. O programa inclúe exposicións en varios puntos da cidade, talleres, visitas guiadas, deporte, accións ambientais, un mercado de produtos do mar sustentables e encontros con varios científicos relacionados co estudo dos océanos.

Máis información aquí

Espazos Sonoros

21 de setembro. Cee

O festival Espazos Sonoros visitará este sábado a Costa da Morte cunha nova proposta dobre. A partir das 16 horas haberá unha visita guiada ao museo e aos xardíns da Fundación Fernando Blanco (con sede en Cee) e ás 19 horas a capela do antigo instituto da entidade acollerá o concerto do guitarrista Mateo Arnáiz.

Máis información aquí

Festas da Guadalupe

Ata o 20 de setembro. Rianxo

Despois de 10 días de celebracións, as festas máis importantes de Rianxo chegarán este venres ao seu fin. Na xornada final non faltarán as actividades para os máis pequenos, o baile tradicional e unha cita co rock local. Pero o momento máis agardado chegará xa de madrugada, cando miles de persoas entoen a un tempo e iluminados con bengalas A Rianxeira.

Máis información aquí

Barbeira Season Fest

21 de setembro. Baiona

Los Punsetes, La Habitación Roja, Cecilio G., Cariño e outros moitos artistas estarán o sábado no Barbeira Season Fest. O festival, que toma o seu nome da praia de Baiona no que terá lugar, xunta música, ecoloxía e comercio e cultura locais.

Máis información aquí

Outono Lírico

21 de setembro. Vigo

A asociación Amigos da Ópera de Vigo estrea o seu Outono Lírico 2019, que estará dedicado aos compositores Puccini e Rossini. A primeira cita do programa será o sábado cun concerto dramatizado de Tosca no que participarán Elena Mikhailenko, Carlos Almaguer e Héctor Sandoval entre outros artistas.

Máis información aquí

Que facer en Galicia a semana do 9 ao ao 15 de setembro
Música e devoción a partes iguais. Na axenda desta semana conviven manifestacións de fervor relixioso tan importantes e singulares como a Romaría da Barca ou a Festa de Xesús O Nazareno, con festivais musicais tan atractivos como o WOS, o Cantos na Maré ou o XiriaPop.

Romaría da Barca

15 de setembro. Muxía

A tradición dita que a Romaría da Barca se celebre o segundo domingo de setembro, salvo que caia en día 8. En tal caso a xornada central dos festexos atrásase ata o domingo 15. Así ocorrerá este ano, aínda que como é habitual nos días previos o goteo de peregrinos que se dirixen a pé como mostra de devoción cara á Virxe muxiá será constante. O apartado relixioso desta festa declarada de interese turístico nacional estará acompañado ademais por ritos ancestrais relacionados coas pedras que poboan a contorna do santuario e ás que se lles atribúen propiedades milagrosas, e por unha ampla oferta musical.

Máis información aquí

Festa de Xesús O Nazareno

Do 14 ao 17 de setembro. A Pobra do Caramiñal

Tamén coñecida como a Festa das Mortallas, esta celebración de interese turístico é a máis popular do municipio da Pobra e traspasou fronteiras pola singular procesión que se celebra durante o seu día grande. Cada terceiro domingo do mes de setembro miles de persoas acoden á localidade para acompañar ao santo en procesión e contemplar os cadaleitos baleiros que son levados en comitiva a modo de ofrenda por algunhas persoas que se encomendaron ao Nazareno para salvar as súas vidas. Trátase dunha tradición que se remonta ao século XV.

Máis información aquí

WOS Festival

Do 11 ao 15 de setembro. Santiago de Compostela

Unha decena de localizacións diferentes da capital galega (dous museos, dous teatros, unha igrexa, a Cidade da Cultura e a Fundación SGAE, entre outros espazos) abren as súas portas de novo ao WOS Festival x SON Estrela Galicia. A cita, nada hai 6 anos, volverá conxugar a música con outras disciplinas como o cinema, e abrirá tamén espazos para o debate en forma de coloquios.

Máis información aquí

Espazos Sonoros

14 de setembro. Tui

O ciclo Espazos Sonoros visita este sábado a localidade de Tui cunha proposta dobre. En horario matinal celebrarase un roteiro por ambas beiras do río Miño para coñecer a tradición organista da fronteira entre Galicia e Portugal. O percorrido levará aos participantes ata Viana do Castelo, o mosteiro de San Martiño de Tibaes e Tui. Xa pola tarde a catedral tudense servirá de escenario ao concerto do organista austríaco Michael  Schöch.

Máis información aquí

Festa da Guadalupe

A partir do venres 13. Rianxo

O ambiente festivo tomará a localidade de Rianxo durante dez días para honrar á súa patroa, a Virxe da Guadalupe. Para esta fin de semana están previstos xa algúns dos pratos fortes do programa, como o festival Rock in Rian, que terá lugar o sábado 14 coa participación de Reincidentes, Deus ke te Crew, Festicultores, Ebri Knight, Mekánika Rolling Band e La Duendeneta. Ademais, o domingo 15 celebrarase a procesión marítima.

Máis información aquí

Festival Cantos na Maré

Do 13 ao 15 de setembro. Pontevedra

Máis dunha década leva xa o Festival Cantos na Maré tendendo pontes musicais entre o mundo lusófono desde a cidade do Lérez. A artista caboverdiana Mayra Andrade, a pianista Clara Peya, a cantante portuguesa Maria Joao e o grupo Enredadas, formado por Uxía, Carmen París, Martirio e Ugia Pedreira, son as primeiras confirmacións do cartel desta edición.

Máis información aquí

XiriaPop

13 e 14 de setembro. Carballo

O que empezou hai dúas décadas como unha festa de celebración do equipo local de balonmán converteuse co paso do tempo nunha cita musical case de culto que foxe da oferta convencional. Este ano pasarán polo seu escenario Billy Bremner’s Rockfiles, The Surfin Burritos, La Granja, Basanta, Gūtara KYŌ, La Secta e Superser.

Máis información aquí

FeneRock

Do 13 ao 15 de setembro. Fene

King Sapo, Ruxe Ruxe e Sôber son algúns dos grupos que poñerán a música á nova edición do Festival Fene Rock. Os concertos desenvolveranse o venres 13 e o sábado 14 en horario nocturno, e o domingo 15 ao mediodía.

Máis información aquí

Que facer en Galicia a semana do 2 ao 8 de setembro
Tradicións medievais e mesmo castrexas, concertos son sabor e mar e inspiración solidaria, e mostras de devoción e fervor conviven na axenda de actos coa que Galicia dá a benvida ao mes de setembro.

Romaría dos Milagres de Caión

8 de setembro. Caión (A Laracha)

Como cada 8 de setembro, o santuario dos Milagres de Caión, no municipio coruñés da Laracha, convértese en polo de atracción para centenares de persoas chegadas desde puntos de toda a provincia e doutros lugares de Galicia. Os romeiros non só poderán asistir ás misas que se celebrarán durante toda a xornada, senón que tamén poderán achegarse ata a fonte situada no acceso ao santuario e tratar de comprobar as propiedades milagreiras que se lle atribúen ás súas augas.

Máis información aquí

Festival Sinsal

7 e 8 de setembro. Vigo

Se en xuño era a illa de San Simón a que abría as súas portas á música da man do festival Sinsal agora é o Museo do Mar de Galicia o que, por segundo ano consecutivo, se suma a esta orixinal proposta que serve para poñer en valor tamén o patrimonio marítimo. Para os concertos do sábado 7 (de 19:00 a 01:30 horas) é necesario adquirir entradas, pero a sesión do domingo 8 (12:30 horas) será de acceso libre ata completar o aforo.

Máis información aquí

Feira Franca de Pontevedra

6 e 7 de setembro. Pontevedra

Pontevedra despide o verán coa súa tradicional Feira Franca, unha celebración que se inspira nos tempos do rei Enrique IV. Durante toda a fin de semana artesáns, comerciantes, damas e cabaleiros tomarán as rúas da zona monumental para recibir a miles de persoas e rememorar aquel mercado libre de impostos instaurado a mediados do século XV.

Máis información aquí

Festival da Luz

Do 6 ao 8 de setembro. Boimorto

Tres días de música en vivo por un fin solidario. Esa é a esencia do Festival da Luz, que para esta edición volve xuntar a algúns dos artistas máis destacados da escena estatal. Celtas Cortos e Egon  Soda (venres 6), Luz Casal, Cepeda e Delaporte (sábado 7) e Rayden, Orquesta Mondragón, Mikel Erentxun e Amparanoia (domingo 8) son só unha pequena mostra da oferta musical deste festival cuxa recadación será repartida entre as asociacións Anxiños e Asanog.

Máis información aquí

Festa da Queima das Fachas de Castelo

7 de setembro. Taboada

Unhas enormes estacas de madeira recubertas de tiras vexetais son as protagonistas dunha tradición que se remonta á época castrexa e que na parroquia de Santa María de Castelo perdurou ata os nosos días. Este sábado os veciños volverán á levar as Fachas ata a cima dun antigo castro para para prenderlle lume e dar así o pistoletazo de saída ás festas do lugar.

Máis información aquí

Romaría da Virxe da Franqueira

8 de setembro. A Cañiza

Meses despois da celebración da Romaría das Pascualillas, a devoción e a tradición volven congregar a unha multitude no Santuario de Santa María da Franqueira con motivo da Romaría de Setembro, ou da Natividade da Virxe. Neste caso, os elementos máis singulares do festexo son a procesión, posto que a imaxe da Virxe é transportada nun carro tirado por bois engalanados; as danzas tradicionais e a recreación da loita entre un cristián e un mouro que aparece recollida nun pergamiño do século XVII.

Máis información aquí

Danzas Ancestrais de Darbo

8 de setembro. Cangas

A Danza e a Contradanza de Darbo pecharán este domingo o ciclo anual das danzas ancestrais de Cangas, do que forman parte tamén as de Aldán (20 de xaneiro) e Hío (16 de agosto). No caso de Darbo, esta manifestación etnográfica remóntase polo menos ao século XVI e báilase en dous momentos diferentes dunha xornada de romaría na honra da patroa da parroquia.

Máis información aquí

Ameixa Rock

Do 6 ao 8 de setembro. O Carril (Vilagarcía)

A parroquia do Carril encherase de música esta fin de semana para celebrar a sétima edición do Ameixa Rock. Serán tres días de música e fomento da cultura mariñeira. Da parte sonora nesta ocasión encargaranse Malasömbra, TNT Band, N.E.O., Terbutalina,  The Velvet Crab, Perfect Strangers, La Duendeneta e Dj Barbitúrico.

Máis información aquí