Atlántico – Turismo de Galicia

Dez balcóns naturais desde os que marabillarse co Atlántico
Que mellor maneira de celebrar o Día Mundial dos Océanos que asomándose ás augas do Atlántico que bañan as costas de Galicia? Desde A Guarda ata o extremo setentrional da comunidade, centenares de quilómetros de litoral regálannos multitude de espazos desde os que achegarnos ao océano e gozar dunhas vistas inigualables. Aquí tes unha selección de dez balcóns naturais sobre o Atlántico que che marabillarán.

Monte de Santa Trega

A Guarda

O estuario do río Miño, as terras do veciño Portugal, o val do Rosal, a localidade da Guarda e, por suposto, o océano Atlántico son algunhas das espectaculares paisaxes que o monte de Santa Trega regala a todo aquel que ascende ata os seus máis de 300 metros de altura. Ademais, ás súas vistas, o Monte de Santa Trega suma o seu inmenso valor patrimonial, histórico e arqueolóxico polo asentamento humano que houbo alí desde o século IV a. C. ata comezos da nosa era e cuxa importancia se deixa ver no seu impresionante castro.

Alto do Príncipe

Illas Cíes (Vigo)

As Illas Cíes constitúen unha barreira natural que protexe a ría de Vigo dos embates do Atlántico e ao mesmo tempo serven de inmellorable miradoiro. As rutas do Monte Faro e do Alto do Príncipe lévannos ata os dous puntos de maior altitude do arquipélago e en ambos os casos permítennos gozar de marabillosas vistas do océano e das augas que golpean os cantís de vertixe, pero desde o Alto do Príncipe poderás contemplar ademais unha das panorámicas máis belas da famosa praia de Rodas.

Miradoiro da Costa da Vela

Cangas

No extremo máis occidental da península do Morrazo atópanse os cantís da Costa da Vela e o miradoiro homónimo. Alí, xunto ao faro de Cabo Home, gozaremos dunha ampla panorámica tanto dese agreste tramo do litoral de Cangas, como tamén de boa parte das Rías Baixas.

Miradoiro da Ra

Ribeira

Unha enorme pedra con silueta de ra dá forma a este miradoiro situado na ladeira do Monte Castro. Cando as condicións meteorolóxicas son favorables desde alí é posible contemplar o litoral das Rías Baixas ao completo: desde A Guarda ata o Cabo Fisterra. Pero sen dúbida o gran atractivo deste balcón natural atópase moito máis preto: o complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e  Vixán. Tanto a impresionante mole de area como os dous espazos acuáticos locen en todo o seu esplendor desde un miradoiro que conta, ademais, co atractivo engadido dos restos castrexos da zona.

Miradoiro das Paxareiras

Carnota

O seu case sete quilómetros de lonxitude converten a praia de Carnota na máis longa de Galicia e o aspecto case virxe que presenta na súa maior parte propicia que sempre apareza nos primeiros lugares dos rankings dos areais máis espectaculares. Pasear por esta praia é unha boa forma de gozar do Atlántico, pero a mellor maneira de contemplar a estampa que a area e as ondas forman en toda a súa dimensión pasa por afastarse un pouco e subir ata o miradoiro das  Paxareiras. As vistas cativaranche.

Miradoiro do Ézaro

Dumbría

As augas da fervenza do Ézaro enfilando a recta final cara ao seu encontro co Atlántico, a praia do mesmo nome, a impresionante mole granítica do Monte Pindo e, ao fondo, o emblemático cabo Fisterra forman a sorprendente postal que nos regala o famoso miradoiro dumbriés, elevado tamén á categoría de mítico cume ciclista.

Cabo Fisterra

Fisterra

Adetrándose no océano para dar forma a unha das imaxes máis icónicas de Galicia, o cabo Fisterra é un lugar de visita obrigada para aqueles que queren asomarse ao Atlántico. Así vén sendo xa desde o tempo dos romanos, que bautizaron o lugar como o Finis Terrae por considerar que non había nada máis aló deste punto. A súa atracción propiciou que mesmo os peregrinos do Camiño de Santiago o converteran na segunda meta do seu percorrido unha vez que visitan a tumba do Apóstolo en Compostela. As súas postas de sol son todo un espectáculo.

Cabo Touriñán

Muxía

Aínda que o veciño Cabo Fisterra levou a fama, o Cabo Touriñán presume de ser o punto máis occidental de toda Galicia e da España peninsular. Ademais, dúas veces ao ano (tras o equinoccio de primavera e pouco antes do de outono) as variacións do eixo de rotación da Terra propician que se converta no punto da Europa continental onde máis tarde se pon o sol. Así a contemplación do ocaso desde este punto marcado tamén pola presenza do seu faro e as historias de naufraxios que deron nome á Costa da Morte é un espectáculo cheo de simbolismo.

Península da Torre de Hércules

A Coruña

Historia, lenda, patrimonio, arte, tradición, modernidade… Todos estes ingredientes e as vistas do Atlántico como pano de fondo converten a Torre de Hércules e a súa contorna noutro deses espazos que ofrecen unha panorámica única do Atlántico. Situado entre a cidade e as augas do océano e convertido nun auténtico símbolo e motivo de orgullo para os coruñeses, este lugar ten todo o necesario para cativar ao visitante máis heteroxéneo.

Cantís de Herbeira

Cedeira e Cariño

Na Serra dá Capelada, no límite dos municipios de Cedeira e Cariño e moi preto xa do lugar onde as augas do Atlántico se atopan coas do mar Cantábrico álzanse os cantís máis altos da Europa continental. Os seus máis de 600 metros de altitude e a súa pronunciada pendente fan que non sexan un lugar apto para aqueles que sofren medo ás alturas, pero quen se atreve a asomarse a miradoiros como o da Garita de Herbeira ten como recompensa unha espectacular vista capaz de sorprender ao máis impasible.

Dez balcóns naturais desde os que marabillarse co Atlántico
Que mellor maneira de celebrar o Día Mundial dos Océanos que asomándose ás augas do Atlántico que bañan as costas de Galicia? Desde A Guarda ata o extremo setentrional da comunidade, centenares de quilómetros de litoral regálannos multitude de espazos desde os que achegarnos ao océano e gozar dunhas vistas inigualables. Aquí tes unha selección de dez balcóns naturais sobre o Atlántico que che marabillarán.

Monte de Santa Trega

A Guarda

O estuario do río Miño, as terras do veciño Portugal, o val do Rosal, a localidade da Guarda e, por suposto, o océano Atlántico son algunhas das espectaculares paisaxes que o monte de Santa Trega regala a todo aquel que ascende ata os seus máis de 300 metros de altura. Ademais, ás súas vistas, o Monte de Santa Trega suma o seu inmenso valor patrimonial, histórico e arqueolóxico polo asentamento humano que houbo alí desde o século IV a. C. ata comezos da nosa era e cuxa importancia se deixa ver no seu impresionante castro.

Alto do Príncipe

Illas Cíes (Vigo)

As Illas Cíes constitúen unha barreira natural que protexe a ría de Vigo dos embates do Atlántico e ao mesmo tempo serven de inmellorable miradoiro. As rutas do Monte Faro e do Alto do Príncipe lévannos ata os dous puntos de maior altitude do arquipélago e en ambos os casos permítennos gozar de marabillosas vistas do océano e das augas que golpean os cantís de vertixe, pero desde o Alto do Príncipe poderás contemplar ademais unha das panorámicas máis belas da famosa praia de Rodas.

Miradoiro da Costa da Vela

Cangas

No extremo máis occidental da península do Morrazo atópanse os cantís da Costa da Vela e o miradoiro homónimo. Alí, xunto ao faro de Cabo Home, gozaremos dunha ampla panorámica tanto dese agreste tramo do litoral de Cangas, como tamén de boa parte das Rías Baixas.

Miradoiro da Ra

Ribeira

Unha enorme pedra con forma de ra dá forma a este miradoiro situado na ladeira do Monte Castro. Cando as condicións meteorolóxicas son favorables desde alí é posible contemplar o litoral das Rías Baixas ao completo: desde A Guarda ata o Cabo Fisterra. Pero sen dúbida o gran atractivo deste balcón natural atópase moito máis preto: o complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e  Vixán. Tanto a impresionante mole de area como os dous espazos acuáticos locen en todo o seu esplendor desde un miradoiro que conta, ademais, co atractivo engadido dos restos castrexos da zona.

Miradoiro das Paxareiras

Carnota

O seu case sete quilómetros de lonxitude converten a praia de Carnota na máis longa de Galicia e o aspecto case virxe que presenta na súa maior parte propicia que sempre apareza nos primeiros lugares dos rankings dos areais máis espectaculares. Pasear por esta praia é unha boa forma de gozar do Atlántico, pero a mellor maneira de contemplar a estampa que a area e as ondas forman en toda a súa dimensión pasa por afastarse un pouco e subir ata o miradoiro das  Paxareiras. As vistas cativaranche.

Miradoiro do Ézaro

Dumbría

As augas da fervenza do Ézaro enfilando a recta final cara ao seu encontro co Atlántico, a praia do mesmo nome, a impresionante mole granítica do Monte Pindo e, ao fondo, o emblemático cabo Fisterra forman a sorprendente postal que nos regala o famoso miradoiro dumbriés, elevado tamén á categoría de mítico cume ciclista.

Cabo Fisterra

Fisterra

Adetrándose no océano para dar forma a unha das imaxes máis icónicas de Galicia, o cabo Fisterra é un lugar de visita obrigada para aqueles que queren asomarse ao Atlántico. Así vén sendo xa desde o tempo dos romanos, que bautizaron o lugar como o Finis Terrae por considerar que non había nada máis aló deste punto. A súa atracción propiciou que mesmo os peregrinos do Camiño de Santiago o converteran na segunda meta do seu percorrido unha vez que visitan a tumba do Apóstolo en Compostela. As súas postas de sol son todo un espectáculo.

Cabo Touriñán

Muxía

Aínda que o veciño Cabo Fisterra levou a fama, o Cabo Touriñán presume de ser o punto máis occidental de toda Galicia e da España peninsular. Ademais, dúas veces ao ano (tras o equinoccio de primavera e pouco antes do de outono) as variacións do eixo de rotación da Terra propician que se converta no punto da Europa continental onde máis tarde se pon o sol. Así a contemplación do ocaso desde este punto marcado tamén pola presenza do seu faro e as historias de naufraxios que deron nome á Costa da Morte é un espectáculo cheo de simbolismo.

Península da Torre de Hércules

A Coruña

Historia, lenda, patrimonio, arte, tradición, modernidade… Todos estes ingredientes e as vistas do Atlántico como pano de fondo converten a Torre de Hércules e a súa contorna noutro deses espazos que ofrecen unha panorámica única do Atlántico. Situado entre a cidade e as augas do océano e convertido nun auténtico símbolo e motivo de orgullo para os coruñeses, este lugar ten todo o necesario para cativar ao visitante máis heteroxéneo.

Cantís de Herbeira

Cedeira e Cariño

Na Serra dá Capelada, no límite dos municipios de Cedeira e Cariño e moi preto xa do lugar onde as augas do Atlántico se atopan coas do mar Cantábrico álzanse os cantís máis altos da Europa continental. Os seus máis de 600 metros de altitude e a súa pronunciada pendente fan que non sexan un lugar apto para aqueles que sofren medo ás alturas, pero quen se atreve a asomarse a miradoiros como o da Garita de Herbeira ten como recompensa unha espectacular vista capaz de sorprender ao máis impasible.

Estaca de Bares, divisoria de dous mares
Coma un puñal atravesando as augas, Estaca de Bares divide en dous o océano, o Atlántico a un lado e o mar Cantábrico ao outro. Cada cabo dos que posúe a costa galega ten o seu espírito distintivo e este non é unha excepción, por paisaxe e por historia.

Estaca de Bares é o lugar máis ao norte de toda a Península Ibérica e un deses puntos xeográficos clave que estudan todos os escolares de España. Pertence a Mañón, un concello situado á beira do río Sor e cheo de enclaves naturais de gran beleza e de pequenas vilas como O Barqueiro ou Bares, que conservan todo o encanto das localidades mariñeiras de antes.

O cabo, frecuentemente azoutado polo vento do nordés, é un auténtico santuario para as aves. Centos de miles delas (alcatraces, pardelas, gaivotas, corvos mariños…) viven aquí ou utilizan a zona como paso nas migracións. A ambos os dous lados desta divisoria de mares esténdese unha costa abrupta e salvaxe. Ollando cara ao norte, á dereita quedará a ría de Viveiro; e á esquerda, a de Ortigueira, co cabo Ortegal, en tantas cousas semellante á Estaca, pechando a liña do horizonte. No estremo do cabo atópase o faro, unha estrutura edificada en 1850, a época na que se empezaron a tomar medidas para paliar a bravura da costa norte galega. Ao seu pé nacen varios camiños que levan practicamente á beira do acantilado, pasando xunto a unha vella torre de sinais. Un vento forte, de indescritible aroma salgado, está garantido.

Preto do faro, camiñando cara ao leste pola estreita estrada costeira, uns edificios abandonados chaman a atención do viaxeiro. Trátase da chamada base americana de Bares, en realidade unha estación emisora do sistema de navegación LORAN, precursor do GPS e guía dos barcos e avións militares estadounidenses durante decenios. A base funcionou entre 1961 e 1991 e os seus habitantes, os soldados primeiro das forzas aéreas e logo da US Navy, foron os introdutores na zona de símbolos da modernidade coma os pantalóns vaqueiros ou a música rock. A súa pegada aínda se recorda en moitas localidades da zona, de Ortigueira a Viveiro.

Aínda un pouco máis alá, apartado da estrada que une o faro co Porto de Bares, atópase outro edificio, coñecido como “o semáforo”. Trátase dun antigo posto de observación e de sinalización desde o que, no século XIX, se tentaba disuadir aos barcos mediante bandeiras do perigo que supuña acercarse á costa. Hoxe foi reconvertido en hotel.

Estaca de Bares aínda garda unha sorpresa arquitectónica máis, desta volta na súa parte alta. Trátase da coñecida como Garita de Bares, un vello posto de vixilancia situado na parte máis elevada do cabo. Resulta algo complicado chegar a ela, pois accédese a través dunha estreita pista bastante rota, mais paga a pena tentalo: as vistas desde alí son espectaculares, co faro e a base americana no estremo da terra, o mar batendo a ambos lados e os paxaros atravesando o aire a toda velocidade.