Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia 2023: Beatriz Alcalá de “La Zapatería del abuelo”. Ourense

Tras estudar enxeñaría e desenvolver esta profesión en Cataluña durante anos, Beatriz Alcalá decidiu volver á súa cidade natal e, coa súa irmá, converter no 2021 a zapataría do seu avó nun café enfocado a almorzos e merendas tras un plan de negocio moi estudado. Neste local do casco vello pódense atopar aínda zapatos e maletas do negocio do avó de Beatriz. Ten aspecto de gran café con escalinata de madeira e unha barra que evoca faladoiros literarios.

A súa proposta: cANTA Castaña ten unha base de crema de cabaza sobre crocante de castaña con queixo Savel e castaña confeitada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *