Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia 2023: Ana Vilar de Cervexaría Leria. Vigo

Afeccionada á repostería desde pequena, Ana Vilar comezou a súa traxectoria en diferentes locais da cidade olívica. Con 27 anos, incorporouse á Cervexaría Leria desde o comezo do proxecto en 2021, e desenvolveuno man a man con Pablo Fontán que, en 2018, lanzou Irmaos de Lei, una cervexa artesá.  Desa paixón, xurdiu a idea de montar un local de certeza artesanal en Vigo. A cociña é unha fusión de tradicional cun toque moderno e o seu prato estrela e un  muffin de guiso de carrilleiras ao viño tinto.

Ana e Pablo presentáronse ao concurso Petisquiño disque para pasalo ben e darse a coñecer na súa cidade, xa que abriran o seu local apenas tres meses antes da celebración da edición do 2022. Fixérono coa proposta Xema da fraga,  que representa un cogomelo no monte, a través dunha composición cunha tella de oliva negra, unha xema do ovo como sombreiro do cogomelo, macerada con salsa de soia e yuzu, inxectada con salsa de curry e mazá. A iso, súmase un salteado de diferentes cogomelos representando a terra. Trátase de toda unha homenaxe ás tardes familiares de recollida de cogomelos e a excitación de atopar un bo exemplar escondido entre as ramas caídas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *