Un ‘bocata’ con sustancia na creación do Ruxe Ruxe (Vigo)

vigored1

Gerson Iglesias e Carlos Barreira, gañadores do concurso de tapas Petisquiño vigués, son outra parella de cociñeiros nunha edición de De Tapas por Galicia fecunda nas duplas de creadores. “O noso é amor laboral”, ri Gerson. Na final da Cidade da Cultura os chefs prepararán “un prato tradicional pero dándolle unha volta”. Trátase dun ‘Pepito’ de polbo en pan rústico con allada texturizada, un pequeno bocadillo informal e divertido que, pese a que se coma coas mans, ten a súa sustancia. En primeiro lugar, que o polbo non é un polbo calquera: “Traémolo da Illa de Ons, con todos os certificados de rastrexabilidade, e está espectacular”. O pan fano con cinco algas diferentes, e o resultado acompáñase cunha emulsión de pemento texturizado, algas wakame, brotes ecolóxicos, cebola acaramelada doce e un pisto de verduras.

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *