Que facer en Galicia a semana do 4 ao 10 de novembro

O mellor cinema europeo, veladas de jazz e blues e festas de gran tradición e con aroma de castañas centran as propostas da axenda para esta semana.

 

Magosto en Ourense

Do 8 ao 11 de novembro. Ourense

O Magosto é unha das celebracións máis emblemáticas da cidade de Ourense. De feito, foi declarada Festa de interese turístico. Este ano o programa que se desenvolverá desde o xoves ata o luns da próxima semana inclúe unha vintena de actividades, entre as que destacan os concertos de Brañas Folk,  Susane Seivane, Leilía e Os de Abaixo.

Máis información aquí

 

San Martiño en Moaña

9, 10 e 11 de novembro. Moaña

A localidade pontevedresa de Moaña disponse xa a honrar ao seu patrón, San Martiño, cunha festa declarada de interese turístico. O día grande será o vindeiro luns, pero durante a fin de semana celebraranse xa diversos actos, incluídos os dedicados á Virxe do Carme. Haberá actuacións musicais e magostos.

Máis información aquí

 

Cineuropa

A partir do 7 de novembro. Santiago de Compostela

A 33 edición do festival Cineuropa chega con algunhas novidades tanto organizativas como de contido. Os documentais terán unha maior presenza na programación, os filmes de animación dispoñerán dunha sección propia (Animeuropa) e a porcentaxe de obras dirixidas por mulleres crecerá ata o 40%.

Máis información aquí

 

Festival de Jazz de Lugo

Do 9 ao 16 de novembro. Lugo

O jazz regresa esta semana á cidade da Muralla co arranque dun festival que está a piques de cumprir tres décadas de vida. Andrea  Motis Quintet (sábado 9) e Projecto Miño, o grupo encabezado por Baldo Martínez (domingo 10), serán os encargados de poñer a música esta fin de semana.

Máis información aquí

 

Outono Códax Festival

9 de novembro. Santiago de Compostela

A novena edición deste festival consagrado á música negra ofrece unha sesión dobre este sábado. En horario matinal haberá unha charla coloquio e unha sesión vermú e xa pola noite será a quenda de The Reverend Shawn Amos & The Brotherhood e Los  Torontos.

Máis información aquí

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *