Porta da Pía (Ourense) resume nunha tapa a gastronomía da provincia

Ourense Reducida

Cristina Dias non só representa á cidade de Ourense na final do certame De Tapas por Galicia. Representa a toda a provincia, ou iso é o que pretende a súa creación, unha Dorna da Porta da Pía na que se inclúen tanto as delicias culinarias da capital provincial como o pan de Cea, as castañas de Verín ou as nabizas de Xinzo de Limia.

A receita comeza coa cocción do chourizo e a castaña; co resultado faise un puré, sorprendentemente suave dada a contundencia dos elementos que o compoñen. Despois escáldase a nabiza e con ela envólvese o puré, dispoñéndoo no prato en forma de barca e engadindo uns toques de pemento e aceite. A vela da dorna faise cun crocante de pan humedecido e logo secado ao forno. “Hai que acompañalo cun ribeira sacra para completar a viaxe perfecta”, di a cociñeira.

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *