Pontevedra aposta por unha sorprendente empanada de bacallau en De Tapas por Galicia

Empanada de Bacalao - El Cafetín de Pontevedra

Todo un xiro a un prato moi tradicional: na Versión de empanada de bacallau que presentan Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín, Pontevedra) á final do Premio Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia nada é o que parece.

A base de masa de follado leva un pan de algas polo medio; o bacallau foi cociñado a baixa temperatura; a salsa mariñeira tradicional preséntase en escuma; a cebola, en crocante; o pemento, esferificado; e as pasas, en xelatina coroada por unha pequena alga.

González e Orge gañaron con esta creación a última edición do certame Pontedetapas, unha certificación da calidade do gastrobar que rexentan en pleno centro de Pontevedra e que renova cada semana a súa carta de pratos de pequeno tamaño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *