Se tiverades a posibilidade de voar e de alzarvos uns cantos metros xusto por enriba do cabo Fisterra, poderiades ver a sinuosa e desafiante orografía da Costa da Morte que entra e sae altiva neste fero Atlántico.
Avisa dos perigos aos navegantes cos seus históricos faros, pero tamén deixa que a forza das ondas se apodere das súas praias de area fina e branca, agasallándonos cunha das paisaxes con máis feitizo de Galicia.
Propoñémosvos a seguinte experiencia: http://goo.gl/yvWLNT