De Tapas por Galicia premia ao mellor cociñeiro nunha gala o 4 de xullo

tgzfb

Cociñeiros das sete cidades galegas xúntanse o 4 de xullo na Cidade da Cultura para decidir cal é o mellor prato de pequeno formato do país. A final do certame De Tapas por Galicia mostrará as propostas dos gañadores dos concursos de petiscos das sete urbes, nunha Gala Show Cooking organizada por Turismo de Galicia na que se cociñará en directo e se manifestará o gran momento de creatividade que vive a gastronomía galega.

Os cociñeiros finalistas son Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (Bodega de Estrella, Ferrol); Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Siro González (Restaurante Siro González, Santiago de Compostela); Rubén González e Sergio Orge (Cafetín, Pontevedra); Gerson Iglesias e Carlos Barreira (Petisquiño, Vigo); Cristina Dias (Porta da Pía, Ourense); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo). As súas son receitas orixinais e, á vez, respectuosas co excelente produto autóctono, un retrato do gran momento de forma de que gozan a cociña e o turismo gastronómico en Galicia. Durante a Gala entregarase o Premio ao Mellor Cociñeiro, outorgado por un xurado profesional; e un galardón concedido polo público asistente ao evento, que se celebra por segundo ano consecutivo.

2 comentarios en «De Tapas por Galicia premia ao mellor cociñeiro nunha gala o 4 de xullo»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *