Axenda Cultural do 2 ao 8 de agosto

Para sentirnos máis próximos á nosa cultura galega, gozar en compañía de festas ou feiras tradicionais pode ser unha boa opción. 

Esta semana temos a sorte de celebrar dúas das festas máis tradicionais da nosa Comunidade, o Festival de Pardiñas en Guitiriz e a Festa do Polbo, en O Carballiño. 

Tamén poderemos gozar de opcións máis modernas e urbanas como o Festival O Marisquiño, en Vigo, ou o Festival Son Rías Baixas, en Bueu.

Festival de Pardiñas. Guitiriz

Este festival denomínase a si mesmo “Feira e festa da música e da arte” e organízao a Asociación cultural Xermolos, dedicada a preservar e difundir a cultura galega.

O Festival  folk celébrase en Pardiñas, no municipio de Guitiriz, e será 100% gratuíto, aínda que debido ás restricións sanitarias, o aforo dos concertos será limitado e é necesario rexistrarse previamente.

Terá lugar en dúas fases, unha primeira entre o 1 e o 8 de agosto, e unha segunda quenda entre o 27 e 29 de agosto.

En torno ao festival de música, pasarán polo escenario intérpretes e grupos galegos, españois e de diferentes nacionalidades (Portugal, Francia…) . Á súa vez, haberá no recinto mostras de artesanía, exposicións de pintura, fotografía, cerámica, escultura e espazos para a poesía e feira de libros.

Non nos podemos esquecer do prato forte do festival, o seu “ Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional”.

Con todo isto, temos o necesario para  embaucarnos de cheo na nosa cultura musical e artística. 

Festa do Polbo. O Carballiño

Celebrada por primeira vez en 1964 e declarada na actualidade como Festa de Interese Turístico Nacional, esta festa céntrase principalmente no produto máis coñecido da nosa gastronomía, o polbo. 

Celébrase no Carballiño (Ourense) o sábado 7 e o domingo 8. 

Este ano, debido á situación sanitaria, celebrarase de forma restrinxida, polo que que non levará a cabo a tradicional comida no parque municipal, senón que os postos de polbo estarán repartidos por toda a cidade.

Pódese gozar de música tradicional e grupos folclóricos á vez que se degusta o polbo e outros manxares característicos da gastronomía galega.

O Marisquiño. Vigo

Un dos festivais urbanos máis populares de Galicia que este ano cumpre o seu XX aniversario. 

Nel se reúne o mellor das múltiples disciplinas de deporte urbano e este ano, a pesar das restricións existentes, aspira a ser a mellor edición de todas.

Celébrase en Vigo (Pontevedra), entre venres 6 de agosto e o domingo 8. 3 días cheos de emoción nos que poderemos gozar de competicións deportivas urbanas como o skate,  BMX,  Basket… Destaca a celebración do “World Cup Skateboarding” que contará con algúns dos deportistas olímpicos do noso país, ademais dos skaters máis recoñecidos mundialmente.

Se che gusta a cultura urbana, non dubides en pasar por este famoso festival. 

Son Rías Baixas. Bueu

Outro evento de importancia esta semana é o festival Son Rías Baixas en Bueu (Pontevedra) esta semana do martes 3 ao domingo 8. 

A música en directo regresa este verán ás Rías Baixas con concertos ao aire libre. Un festival cheo de variedade musical pero centrándose sobre todo no acústico e urbano. Congrega a artistas como  Kase.O, La M.O.D.A., Sabela e Son da Rúa, entre outros. 

Destacar que moitos destes artistas só terán esta cita en todo o verán, polo que non podes perderche esta oportunidade e gozar da boa música en directo. 

O Son do Camiño. Perseidas. Santiago de Compostela.

Esta fin de semana celébranse os dous últimos concertos desta edición especial do Son do Camiño, e termina ao grande coas actuacións de Loquillo, o sábado 7 de agosto, e de  Melendi, o domingo 8.

 

Como se pode ver, esta semana está chea de eventos culturais que non debemos desaproveitar. Podemos pasar de divertirnos vendo deportes extremos en O Marisquiño, a encher o noso estómago cun exquisito polbo na Festa do Polbo do Carballiño. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *