A gala final De Tapas por Galicia, mañá na Cidade da Cultura

TAPAS_fotoconxunta_RED

Os pinchos gañadores dos concursos de tapas de Galicia mediranse fronte a fronte mañá na Cidade da Cultura. Sete propostas orixinais veranse ante un xurado profesional de hostaleiros e cociñeiros que decidirá cal é a mellor tapa da temporada.

A Gala Showcooking do Premio Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia será presentada polos xornalistas Quique Morales e Yolanda Vázquez. Ao premio principal da noite, o que distinguirá ao creador do mellor pincho do país concorren algúns dos chefs emerxentes cos que conta a Comunidade neste momento: o coruñés Moncho Bargo; José Luis Fernández, desde Ourense; os membros do Grupo Nove Lucía Freitas e Nacho Tierno (Santiago) e Álvaro Villasante (Lugo); o catalán Carles Lapuente desde Vigo; o ferrolán Gonzalo Pérez; e os pontevedreses Rubén González e Sergio Orge.

Todos eles prepararán en directo as súas receitas nunha velada apaixonante e ben saborosa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *