O Entroido en Galicia

Festa da Androlla e o Entroido de Viana do Bolo

O Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles se inverten e un pode rir de todo.

O Entroido galego, O Entroido (tamén chamado Antroido o Introido, entre outras denominacións), é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon e outros estean en proceso de recuperación. Non hai que esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o carnaval a pesar da prohibición.

Hoxe a importancia do Entroido é tal que sete carnavais galegos exhiben con orgullo a cualificación oficial de “Festa de Interese Turístico”. E máis de 175 municipios de Galicia declararon festivo o Luns ou Martes de Entroido ou o Mércores de Cinza. Unha celebración por todo o alto á que calquera se pode unir.

Iso si, convén ir disfrazado… do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de se divertir. Sen disfrace un corre o risco de sufrir uns lategazos; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que invitar a una rolda de vinos. É a lei.
Hai tamén outra lei que se cumpre estritamente: a dos banquetes gastronómicos. Porque en Galicia o Entroido acompáñase sempre dunha boa mesa. Unha cociña de gorentosos pratos, perfecta para reparar forzas, que ten como protagonista o porco e de acompañantes as patacas, os grelos e os garavanzos. De sobremesa, filloas, orellas, bica; e de remate, un bo licor café. O mellor do mundo.

Que comence a festa!

En Galicia hai sete entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico. Dúas son Festas de Interés Turístico Nacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas) e o Entroido de Verín (cos cigarróns). Cinco delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Carnaval de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras) e os Xenerais do Ulla.

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *