
Festas Patronais de San Roque (Os Caneiros)
Betanzos (A Coruña)
Cidade medieval inicialmente construída sobre unha acrópole entre os ríos Mero e Mandeo nas Mariñas coruñesas. Coroada con igrexas como a de Santiago ou a de Santa María do Azougue, ou dos Franciscanos, co fermoso sepulcro de Fernán Pérez de Andrade “O Bo”, vellas e porticadas tabernas… As festas do 14 ao 25 de agosto céntranse na praza do Campo, nas que destaca o lanzamento do xigantesco globo, feito de papel e de forma artesanal. Festas que inclúen no programa a xira fluvial aos fermosos e frescos lugares “Os Caneiros”, confraternal comida, paraxes na caída dun monte considerado sagrado desde a antigüidade, A Espenuca.