
Bosque nos camiños que soben ou baixan da serra Faladoira, célebre polas súas mámoas megalíticas, paraíso xeolóxico, catedral da natureza formada polo Eume e polos seus afluentes. Espazo no que se acoller cada 24 e 25 de xullo e desde unha tradición de 1904.
A fraga é un espazo nas ribeiras do río no que, competitivamente, se constrúen cabanas, a cal máis típica, para entrar no concurso e compartir a festa, o polbo, a empanada, a tradicional comida da romaría galega.
De fondo, o son da gaita que é aquí, nos espazos abertos, onde este antigo instrumento se deixa oír con toda a súa autenticidade. Os xogos populares, como o tiro con corda, caracterizan esta festa que na véspera convoca un concorrido e representativo festival folk, expoñente do estado da cuestión do que significan as tradicións.