Que facer en Galicia do 19 ao 25 de xullo

Esta semana está marcada pola festividade do Día de Galicia o domingo 25, pero antes temos varias festas, concertos e festivais. Isto son só algúns dos máis destacados:

Festas do Apóstolo. Santiago de Compostela.
Do 20 ao 31 de xullo celébranse en Santiago de Compostela as Festas do Apóstolo, coa particularidade de que teremos que gozalas en formato reducido. Ademais, o espectáculo de lumes pirotécnicos, que tradicionalmente se celebraba na Praza do Obradoiro a noite do 24 de xullo, este ano trasládase a cinco escenarios dispersos pola cidade: a Alameda, o parque de Eugenio Granell, o parque de Carlomagno, o centro comercial As Cancelas e a Cidade da Cultura.
Entre os actos programados para esta semana destacamos o concerto de Luz Casal e a Real Filharmonía de Galicia, que terá lugar o mércores 21 de xullo na Praza dá Quintana.
Polo demais a axenda está cargada de actividades ao aire libre, concertos, espectáculos infantís, … tedes toda a información na web do Concello de Santiago de Compostela.

A semana culmina coa celebración do Día de Galicia o domingo 25 e a famosa Ofrenda ao Apóstolo, este ano de forma máis especial e emotiva por celebrarse o Ano Xacobeo.

Festas dá Dorna. Ribeira
No municipio de Ribeira terá lugar a tradicional festa popular da Dorna. Unha festa cunha gran afluencia de público que este ano contará con algunhas restricións de aforo pero co mesmo ambiente festivo e de diversión que a caracteriza.

http://festadadorna.com/

Festa do Carneiro ao Espeto. Moraña.
Festa gastronómica de Interese Turístico Gallego, chea de tradición e que ten como broche final a Gran Degustación do Carneiro ao Espeto. Este ano, no canto de ter lugar na Carballeira de Santa Lucía, poderanse encargar lotes de asado e recollelos para comer no domicilio evitando así aglomeracións. E é que este ano a festa celébrase co lema de “Carneiro ao Espeto. Sabor Seguro”.

https://festadocarneirooespeto.com/

Festivais

AtlanticFest. Vilagracía de Arousa.
Esta semana celebraranse os último concertos programados no Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa. O 19 toca o grupo Chucho no escenario do Piñeiral da Praia, os días seguintes actuarán, no escenario Xacobeo 21-22, os grupos Derby Motocicleta´ s Burrito Kachimba, Anni B. Sweet e Rufus T. Firefly, e terminarán a semana, no escenario Paco e Lola, os grupos Verto e Johnny B. Zero.

https:// atlanticfest. com/

Solpor Monteferro. Nigrán.
Volven os concertos ao “mellor escenario do mundo” en Monteferro, cunha nova edición do Solpor Monteferro. Tras aprazarse polo mal tempo o pasado 2 e 3 de xullo, esta fin de semana parece que por fin se celebrará. Será os días 22 e 23 de xullo a partir das 19:00 e contará coa presenza de Isius, Eladio e os Seres Queridos, o primeiro día e Roma, Tinta e Bafana bafana, o segundo.

 

Son do Camiño Perseidas. Monte do Gozo. Santiago de Compostela.
Esta semana contaremos con dous concertos máis das Perseidas. O 22 de xullo gozaremos do famoso violinista de orixe armenio, Ara Malikian, que achega ao público galego o seu novo disco, Lle Petit Garage, e o 24 de xullo tócalle a quenda a Beret e David Rees.

https://www.osondocamino.es/

Sinsalfest. Illa San Simón.
Por último terminamos cunha illa, un barco e tres días e un cartel secreto. De que estamos a falar? Do Sinsal Fest uno dos festivais máis carismáticos e eclécticos do panorama musical galego. Só un apuntamento, pode ser adictivo. Do 23 ao 25 de xullo na Illa de San Simón.

https://festival. sins.al/

 

Lembra que na axenda da web de Turismo de Galicia atoparás todos os eventos destacados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *