Galicia afronta as festas do Apóstolo Santiago con celebracións por toda a comunidade e o epicentro na capital, pero na axenda desta semana non faltará tampouco a etnografía, a música e os bocados máis saborosos.
Fogos do Apóstolo
24 de xullo. Santiago.
A noite do 24 un impresionante espectáculo audiovisual e pirotécnico encherá de maxia a praza do Obradoiro congregando a miles de visitantes. Será o momento estelar duns festexos que durante toda a semana permitirán gozar tamén da música de Xoel López, La Casa Azul, La M.O.D.A., Budiño, The Main Squeeze, Zalon Thompson, Leilía, Papaya e a Real Filharmonía de Galicia.
Miás información aquí
Romaría da Fraga
Ata o 25 de xullo. As Pontes
Máis de 100 anos levan xa os veciños das Pontes reuníndose cada 25 de xullo na contonar do río Eume para gozar dun día de festa, comidas campestres e baile. Este ano o prato forte musical poñerano Los Inhumanos, pero na véspera, o mércores 24, terá lugar o Festival Folk coas actuacións de Boj, A Banda de Shangai, Kolme Katu e The Skarnivals.
Máis información aquí
Oenach Atlántico
Do 26 ao 28 de xullo. Narón
Narón volve lembrar o seu pasado castrexo cunha festa na parroquia de Sedes. Os participantes rememorarán así o modo de vida dos antigos habitantes do lugar. Esta nova edición do Oenach Atlántico, festa de interese turístico desde o 2014, comezará o venres 26 co acendido dos fogos e a actuación de Leilía, e proseguirá o sábado 27 e o domingo 28 con mercado de artesanía, xogos, obradoiros, música e teatro.
Festa do Carneiro ao Espero
28 de xullo. Moraña
A Festa do Carneiro ao Espeto celebra este domingo o seu primeiro medio século de vida aínda que as súas orixes remóntanse aos anos 20 do século pasado. Como cada último domingo de xullo, a carballeira de Santa Lucía encherase de grupos de amigos e familias dispostos a dar boa conta dos lotes de carneiros preparados tal como facía hai 100 anos o veciño de Moraña que trouxo o asado pampero de Argentina.
Máis información aquí
Tom Jones e Rick Astley
Martes 23 e venres 26. Vigo
Os nostálxicos de outros tempos musicais están de sorte esta semana. Na axenda de concertos da cidade de Vigo aparecen dúas estrelas internacionais que interpretarán no auditorio de Castrelos algúns dos temas que os levaron ao cumio das listas de éxitos. O martes a cita será con Tom Jones, autor de cancións tan famosas como What’s New Pussycat e Delilah. O viernes será a quenda de Rick Astley e éxitos como Never gonna give you up.
Festa da Dorna
Ata o 24 de xullo. Ribeira.
Tras os primeiros actos da fin de semana pasada, este divertido festexo gardou para os próximos días algunhas das propostas centrais do seu programa: o “Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor” e a “XXXI Edision do Exame de Patróns” (luns 22), o “Trinautlón Dorneiro” e a “Jran Final do Sertame Itinerante da Cansión de Tasca” (martes 23), e a “Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsión a Pan de Millo” e os “Xojos Dorneiros” (mércores 24).
Máis información aquí
Atardeceres no Gaiás
Venres 26 e sábado 27. Santiago de Compostela
O programa musical Atardeceres no Gaiás levará esta semana dúas actuacións ata a Cidade da Cultura. O venres o público poderá bailar ao ritmo do pop vitalista de Floridablanca (Madrid) e o sábado serán os lucenses Berta Franklin os que poñerán a banda sonora ao solpor de Compostela.
Máis información aquí