Que facer en Galicia a semana do 21 ao 27 de outubro

Música, cinema, ópera, ballet, teatro, estrelas… A axenda de actos desta semana convídanos a deixar voar a imaxinación e transportarnos a mundos e espazos afastados a través de manifestacións artísticas moi diferentes. 

 

Semana de Cinema Euroárabe AMAL

22 ao 26 de outubro. Santiago de Compostela

Amal, é unha palabra árabe que se pode traducir como esperanza e que dá nome ao festival de cinema euroárabe que desde hai 17 anos se celebran en Compostela. Unha ponte entre culturas que se volverá a tender esta semana. 

Máis información aquí

 

Concerto dos Pixies

26 de outubro. A Coruña

Una das bandas máis importantes da historia do indie-rock, os Pixies, visita Galicia esta semana para ofrecer un concerto na Coruña. O grupo capitaneado por Frank Black interpretará no Coliseo algúns dos seus temas máis coñecidos xunto ás cancións do seu último álbum.

Máis información aquí

 

Astronomía para nenos

21 de outubro. Biblioteca Ánxel Casal

As actividades do Mes da Astronomía organizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e a Biblioteca Pública Ánxel Casal co patrocinio da Xunta de Galiica a través do programa O Teu Xacobeo convidan aos máis pequenos a observar o ceo. O luns 21 celebrarase un obradoiro infantil dirixido a nenos de entre 7 e 10 anos.

Máis información aquí

 

Ópera en Vigo

27 de outubro. Vigo

A ópera regresa a Vigo este domingo coa representación de “Il barbiere di Siviglia”, de Rossini, no marco do programa Outono Lírico. A Orquestra Sinfónica Vigo 430 porá o acompañamento musical ao elenco encabezado por Carlos Daza e Laura Verrecchia.

Máis información aquí

 

FIOT

Ata finais de outubro. Carballo

O Festival Internacional Outono de Teatro afronta a súa penúltima semana de representacións con dúas novas estreas: “O electo”, con Manu Barqueiro e Antonio Mourelos (venres 25 e sábado 26), e “Hamlet”, con Jorge Cruz, Susana Nunes, Ramón de Los Santos e Tiago Viegas (domingo 27).

Máis información aquí

 

Música en Camiño

26 e 27 de outubro. Portas e Santiago de Compostela

O ciclo organizado pola Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (CEER) leva esta fin de semana a música a outros dous espazos relacionados co Camiño. O albergue de Briallos, en Portas (sábado 26), e a Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela (domingo 27).

Máis información aquí

 

Rally San Froilán

Do 25 ao 27 de outubro. Lugo

Os motores ruxirán esta fin de semana en Lugo coa celebración do  Rallye San Froilán, unha veterana proba que suma xa 41 edicións. Os participantes deberán percorrer un total de 379 quilómetros, dos que 91 corresponderán a 8 tramos  cronometados.

Máis información aquí

 

O Lago dos Cisnes

22, 23, 24 e 26 de outubro. Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña

O Ballet Nacional Ruso trae a Galicia un clásico do ballet, “O lago dos cisnes”, con música de Piotr Tchaikovsky, libreto de Vladimir Beghitchev e Vasili Geletzer, e coreografía de Marius Petipa.

Máis información aquí

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *