Que facer en Galicia a semana do 14 ao 20 de outubro

Melómanos, amantes da historia, afeccionados ao teatro e amigos das celebracións en xeral están de parabéns esta semana. A axenda volve ofrecer numerosas propostas coas que satisfacer as súas ganas de goce.

 

Audacia. Festival de Artes e Emprendemento de Galicia

18 e 19 de outubro. Santiago de Compostela

Inspira, Emprende, Música e Expositivo son as catro seccións do Festival de Artes e  Emprendemento Audacia, que se celebrará na Cidade da Cultura o venres 18 e o sábado 19. A proposta, incluída no programa O Teu Xacobeo, permitirá coñecer a creadores como Oliver Laxe e Sonia Iglesias, formarse con Iria Vázquez ou María Yáñez, gozar dos espectáculos musicais de The Primitals e Janet Novás e Mercedes Peón e visitar os espazos de institucións, entidades e emprendedores.

Máis información aquí

 

As San Lucas

Do 17 ao 20 de outubro. Mondoñedo

Mondoñedo celebrará esta fin de semana un dos seus festexos máis tradicionais, As San Lucas. Farao con catro días de actividades e música, e unha importante novidade: o Festival Intercéltico, que se celebrará a noite do sábado 19.

Máis información aquí

 

Festival Galicreques

Toda a semana. Santiago de Compostela

A Fundación SGAE, o Teatro Principal, a Alameda e outros espazos de Santiago de Compostela acollerán durante toda a semana as representacións do vixésimo cuarto Festival Internacional Galicreques.

Máis información aquí

 

FIOT

Ata finais de outubro. Carballo

O Festival Internacional Outono de Teatro prosegue a súa andaina esta semana con varias estreas e a visita dunha das actrices máis importantes da escena estatal. “Mozas e mozos” (venres 18), “Todas feren e unha mata” (sábado 19) e “A Andoriña” (domingo 20), obra que permitirá ver sobre o escenario carballés a Carmen Maura.

Máis información aquí

 

Outono Códax Festival

15e 19 de outubro. Santiago de Compostela

A novena edición deste festival consagrado á música negra botará a andar esta semana coas dúas primeiras xornadas de actividades. O martes 15 actuarán Helen and Shana e o sábado 19 será a quenda de Kim Lenz, The Rhum Runners e Midnight Boozers. Ademais, haberá charlas e exposicións.

Máis información aquí

 

Festival Rock Concello de Vigo

19 de outubro. Vigo

A terceira edición do Festival Rock Concello de Vigo encherá de música as instalacións do Ifevi este sábado durante máis de cinco horas. Sôber, Ñu, O Funkillo, Motores e  Quarzum serán os encargados de facer vibrar ao público presente.

Máis información aquí

 

Música en Camiño

19 e 20 de outubro. Tui, Tomiño e Pontevedra

O ciclo de concertos do programa Música en Camiño, organizado pola Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co apoio de O Teu Xacobeo, arrinca esta fin de semana con concertos en Tui (o sábado 19) e Tomiño e Pontevedra (domingo 20) e con dúas visitas guiadas por Tomiño e o Baixo Miño.

Máis información aquí

 

Conmemoración da Batalla de Rande

19 de outubro. Redondela

Os actos organizados para conmemorar o 317 aniversario da Batalla de Rande trasládanse este sábado ao Museo Meirande.

Máis información aquí

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará