Que facer en Galicia? 25 xuño – 1 xullo

Agenda de Galicia del 25 de junio al 1 de julio

Terminamos o mes de xuño da man da primeira edición de O Son do Camiño, un festival cheo de grandes artistas, dúas grandes festas gastronómicas que non te podes perder e a primeira rapa das bestas do verán. Cruzamos os dedos para que o tempo nos acompañe e nos deixe gozar dun lugar tan fermoso como Galicia e destas festas que prometen.

O Son do Camiño.

28 Junio – 30 Junio. Monte do Gozo de Santiago de Compostela.

Este xoves comeza a primeira edición deste festival Que está a punto do Sold out!! Conta con dous escenarios, área de restauración, mercadillo e zona de descanso para acampar. O obxectivo esencial é a promoción do Camiño de Santiago e o futuro ano Xacobeo 2021. Non queda nada, estamos ansiosos. ¿Viches o pedazo de cartel?

Máis información en: http://www.osondocamino.es/?lang=gl

Festa das Cereixas de Paiosaco

30 xuño – 1 xullo. A Laracha, A Coruña.

Festa das cereixas de Paiosaco

Os amantes das cereixas están de parabén, con esta festa cuxos orixes se remontan á Idade Media. A pesar de celebrarse todo o fin de semana, os actos centrais serán na xornada do domingo, día no que se concentrarán preto de 300 casetas, nas que se venden as cereixas e artigos derivados deste froito vermello como licores, ademais doutros produtos típicos galegos, especialmente da zona de Bergantiños.

A noite do sábado estará reservada para as actuacións dos mellores grupos e orquestras de Galicia, que amenizarán a verbena que se celebrará no recinto feiral.

Así que se che gustan as cereixas e a música, xa sabes onde podes atopar un bo plan este fin de semana, non deixes de asistir!

Toda a información enhttp://bit.ly/FestaDasCereixas

Festa de exaltación do Pan de Cea

30 xuño – 1 xullo. San Cristovo de Cea, Ourense.

Festa de exaltación do Pan de Cea

O famoso pan de Cea, elaborado neste municipio ourensán seguindo unha antiga receita empregando fornos tradicionais, conta coa súa propia festa de exaltación, neste caso o primeiro domingo de xullo. O programa empeza a tarde previa, o sábado, con talleres de elaboración desta xoia da gastronomía galega.

Xa o domingo celebrarase a Festa do Pan de Cea, comezando coa lectura do pregón, que dará paso á comida popular, na que se servirán todo tipo de produtos con denominación de orixe galega. Haberá tamén multitude de postos de venda de todo tipo de produtos, entre os que estará, como non o prezado pan de Cea, do que se chegan a vender miles de pezas.

As actuacións musicais chegarán pola tarde, pechando a festa cunha degustación gratuíta de pan, chourizos e viño.

Se es, como nós, amante deste marabilloso pan, non te perdas o seu día máis especial!

Toda a información en: http://bit.ly/FestaPanCeaGL

A Rapa das Bestas de Candaoso

30 de xuño – 1 de xullo. Boimente, Viveiro, Lugo.

Esta semana poderás vivir unha das festas máis espectaculares de Galicia: A Rapa das Bestas, nesta ocasión a de Candaoso. A tradicional curta de crines e marcado complementaranse coa doma de cabalos en estado semi salvaxes que se crían nesta serra do Norte.

A festa continuará ata que a noite caia sobre os montes de Candaoso, podendo gozar de viño, empanadas e todo tipo de alimentos tradicionais que se prepararán ao ritmo das gaitas.
Imaxes impresionantes que tanto nenos como adultos non vos podedes perder.

Toda a información en: http://bit.ly/RapaCandaosoGL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *