
Horizontes cantábricos na Mariña Lucense, patria de emigrantes, de navegantes, de pescadores, como lembra o poético Museo Marítimo de San Cibrao. Vila con fondas raíces e vella vocación industrial, nacida dun mar incesante.
A festa da Maruxaina, que se celebra o segundo sábado de agosto, é un agradecemento popular a canto significa e produce o mar. Para isto baséase na lenda dunha serea que marca a vida da vila: uns din que lles axuda aos mariñeiros, outros que os seduce e que os engana. Portada polos mariñeiros, terá o seu xuízo na praia do Torno. Comitiva na que todos participan con velas e farois, para axustizar e, posteriormente, a vila concédelle o indulto á difamada serea.
Unha queimada popular, entre músicas e cánticos, ponlle o punto final a este encontro na praza da vila. Vellos mitos e tradicións reúnense aquí coa contemporaneidade.
View Larger Map