
Porto pesqueiro, célebre pola flota atuneira, arredor da que naceu unha vila nova sobre terreos de castros antigos, tal como lembra o achado do sorprendente torque áureo de Burela.
Cada primeiro sábado de agosto, Burela celebra a súa Feira do Bonito, unha forma de amosar as excelencias do mar, as variedades gastronómicas que pode ofrecer este peixe e o trato hospitalario que sempre caracterizou esta zona da Mariña luguesa, aberta ao Cantábrico.
View Larger Map