BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NO SORTEO ACENDE O XACOBEO
1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN
A empresa Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15896 de Santiago de Compostela e C.I.F Q-1500394-J organiza con fins promocionais o sorteo (en diante , “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo con o disposto no apartado de condicións para participar.
2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
A Promoción iniciarase ás 19:00 horas do día 23 de decembro de 2021 e finalizará o día 10 de xaneiro de 2022 ás 00.01 horas.
Convocaranse tres premios para tres gañadores, distintos dos do ano pasado.
3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN
Os requisitos de participación serán os seguintes:
.- Poderán participar aquelas persoas maiores de 18 anos.
.-A mecánica da Promoción consiste en subir ás redes sociais unha foto persoal ou colectiva diante dun dos edificios que estes días se iluminarán no Camiño de Santiago anunciado o Xacobeo 2022 etiquetando a Turismo de Galicia cos hashtags #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo.
.-Desde esta ligazón poderase acceder á listaxe de edificios que se iluminarán entre os días 23 de decembro e o 7 de xaneiro xunto ao calendario de iluminación: https://www.turismo.gal/docs/mdaw/ntyw/~edisp/turga560312.pdf
.-O edificio e a iluminación artística terán que ser recoñecibles e valorarase a calidade das imaxes subidas, tanto en o seu nivel artístico como técnico.
.-Non se admitirán montaxes fotográficas. A fotografía terá que ser orixinal e realizada no lugar no que se atopa o edificio.
.- Non poderán participar nesta promoción os traballadores de Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.
4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS
Elixirase tres gañadores de todas as fotos que estean etiquetados cos hashstags #AcendeOXacobeo e #EnciendeElXacobeo e pertenzan a seguidores das contas das redes sociais de Turismo de Galicia e Camiño de Santiago: Facebook/Turgalicia e Facebook/CaminoXacobeo. Twitter: @turgalicia e @camiño_xacobeo. Instagram: @turismodeGalicia e @camiño_xacobeo (e os etiqueten).
Os tres premios consistirán nunha estancia de fin de semana para dúas persoas nun hotel balneario de Galicia en réxime de pensión completa. Entrada o venres pola noite e inclúe, cea do venres, almorzo, xantar e cea do sábado e almorzo do domingo.
Entregarase un premio a cada un dos tres gañadores. Premio suxeito a disponibilidade do establecemento elexido. O premio non será trocable polo seu valor económico.
Non poderán resultar gañadores os agraciados con algún dos premios do Concurso Acende o Xacobeo 2020.
Os autores, titulares ou participantes das fotos, polo mero feito de participar, consenten na publicación e difusión das súas fotos por parte da Axencia de Turismo, nas súas redes sociais ou por calquera medio que considere oportuno.
5.-ELECCIÓN DOS PREMIADOS
Unha vez pechado o concurso ás 00.01 horas do día 2 de xaneiro de 2021, un xurado formado por persoal de Axéncia Turismo de Galicia, elixirá os tres gañadores do concurso.
O día 14 de xaneiro ás 12.00 horas, Turismo de Galicia fará público nas súas redes sociais o resultado do concurso, á vez que se poñerá en contacto cos tres gañadores de forma privada.
O gañador terá que comunicar a aceptación do premio en 72 horas, confirmándoo con Turismo de Galicia a través da conta de correo electrónico comunicacion.turismo@xunta.gal e comunicar a súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e asegurar así a comunicación coa Axencia de Turismo de Galicia a efectos de acreditar a confirmación da identidade e o premio.
No correo electrónico, o gañador tamén indicará un medio (correo electrónico ou teléfono) de contacto rápido e directo a través do que a Axencia de Turismo de Galicia póidase comunicar con el /ela para aclarar calquera continxencia relativa ao concurso.
Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.
6.-GOZAR DO PREMIO
Os premios deste concurso poderán gozarse ao longo de todo o ano 2022. Os gañadores e a Axéncia Turismo de Galicia acordarán as datas para a gozar do premio coa antelación necesaria para poder realizar as reservas de acordo cos establecementos elixidos polos gañadores e segundo as características antes citadas, a condición de que haxa dispoñibilidade.
7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.
8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS Ou OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.
9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.
Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.
10.- FACEBOOK, TWITTER E INSTAGRAM
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito a Facebook , Twitter e Instagram polo que os participantes liberan a estas de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.
11.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é a Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J.
Cada participante coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo e para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medios de comunicación electrónica.
Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamiento e portabilidad mediante o envío dun correo electrónico a lopdturga@xunta.gal ou ben mediante carta dirixida ó seguinte enderezo: Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 Santiago de Compostela, achegando en ambos os casos copia do DNI.
12.- CAMBIOS
Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.
13.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.