La Carrera del Peregrino, que terá lugar entre o 18 e o 24 de xuño de 2017, é un evento que introduce un novo concepto dentro do mundo do running. A proba representa a unión dos valores do olimpismo cos valores xacobeos. Nesta carreira por relevos participarán 10 equipos, de 10 persoas cada un, que percorrerán unha distancia total de 785 km entre Roncesvalles e Santiago de Compostela.
O 2016 eríxese como a data de arranque desta nova competición con motivo do Ano da Misericordia, do ano olímpico e do 120 aniversario dos primeiros xogos da era moderna.
Dinámica da carreira
O disparo de saída da carreira terá lugar en Roncesvalles e os seus participantes percorrerán 785 km en seis días para chegaren á praza do Obradoiro.
Os equipos participantes farán dez remudas en cada xornada de entre 10 e 18 km de media. Cun desnivel acumulado de subida de 12.011 m e un desnivel de baixada de 12.634 m, os corredores poderán explorar os seus límites e gozar do marco incomparable do Camiño de Santiago.
A carreira preséntase como un verdadeiro reto e ao final de cada día ofrece a oportunidade de relaxarse e gozar dun programa cultural.