Se falamos de elementos propios de Galicia, está claro que os pazos se merecen unha mención especial. Trátase dun rico patrimonio monumental que se estende por toda a comunidade autónoma e que forma parte xa da nosa personalidade. No municipio de Zas, provincia da Coruña, encontrase o conxunto arquitectónico de Torres do Allo. Considerado un dos pazos máis antigos e un gran exemplo do que era a vida nobiliaria galega.
A súa construción remontase a finais do século XV e débese á familia Gomes de Rioboo. Trala destrución da fortaleza dos Altamira por parte dos Reis Católicos, a familia comeza a construción do que sería un dos primeiros pazos galegos.
Co paso dos anos, os distintos descendentes e herdeiros do patrimonio familiar, amplían o conxunto coa edificación da Torre Norte e outras construcións anexas como hórreos, muíños, alboios, o xardín barroco, a fonte de San Ramón, as casas do Curro, etc… E mesmo, a ampliación da casa familiar.
A vista actual do conxunto componse de dúas torres unidas polo núcleo do edificio de dúas plantas. A súa fachada, de importante valor artístico e histórico, destaca polos elementos decorativos como o escudo de armas da familia ou as gárgolas de desaugadoiro que aportan maxestosidade ao conxunto. Pola súa parte, o acceso ao pazo é un auténtico espectáculo. Unha sucesión de carballos centenarios dánnos a benvida ao lugar.
Cerca, a uns poucos metros, encóntrase a Igrexa de San Pedro do Allo construída no século XVI. Entre outras cousas, a ermida chama a atención polo seu atípico campanario lateral. Un tipo de construción escasísima na arquitectura relixiosa galega. Ademais, paga a pena visitar este santuario para contemplar as dúas figuras de Adán e Eva que custodian a súa entrada principal.
Non menos relevante, resulta o seu xardín de estilo barroco do século XVIII ou a fonte de San Ramón. Na parte traseira das Torres do Allo pódese gozar dun agradable paseo entre maceiras e un gran abeto de Vancouver de máis de 20 metros de alto. En canto á fonte, esta encóntrase escondida no soto do Allo. Trátase dun manancial de auga fresca labrado en granito con dous caños presididos pola figura de San Ramón. É decir, un enclave ideal para repousar mentres escoitamos os sons da auga e do monte.
Para coñecer en profundidade esta marabilla, o máis sinxelo e botar unha ollada á información que proporciona a súa páxina web oficial (https://torresdoallo.gal/ ) e reservar un día na axenda para visitalo. Non perdas a oportunidade de admirar este edificio histórico, que permite a entrada de balde.