
Situación
Curso do río polos concellos da provincia de Lugo de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Riotorto, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada, no límite co Principado de Asturias.
Superficie
LIC 781,13 ha..
Acceso
De Ribadeo cara ao sur pola estrada N-640.
Servizos
Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Outros espazos naturais relacionados / próximos:
Monumento Natural “A praia das Catedrais” LIC “Carballido”
O reino do salmón
Ese tramo fluvial protexido abrangue o curso medio e final do Eo, aproximadamente desde a confluencia co seu principal afluente o Rodil ata o final cantábrico sinalado polo faro de illa Pancha. Forma unha ría estreita, cunha anchura media de 800 metros, que en realidade desde a altura de Castropol é un esteiro e xa na zona máis interna se converte en marismas de gran valor ecolóxico.
Entre outros valores naturais do río Eo figura o ser a principal masa habitada polo salmón en Galicia. A delimitación das zonas de pesca comprende seis coutos salmoeiros e troiteiros, a metade compartidos con Asturias. Un dos mellores puntos neste sentido atópase na localidade denominada Ría de Abres (Trabada).
Augas arriba a principal poboación sitúase na Pontenova. O Eo transcorre por diante das cinco chemineas dos antigos fornos industriais. Desde aquí tamén onde podemos acceder á fraga das Reigadas (Ver LIC “Carballido”).