Praias para cans en Galicia

Cando chega o verán non son poucos os concellos que prohíben ou limitan o paso de cans ás praias das súas localidades, para evitar conflitos cos bañistas na época de maior ocupación. Aínda que poida ser comprensible, é evidente que os cans gozan como ninguén dun bo paseo pola praia, e mesmo dun mergullo na auga do mar. Para dar resposta a esta necesidade, a solución que achegaron algúns concellos de Galicia é a habilitación de determinados areais para o paso de cans durante todo o ano.

As normas de acceso, horarios e especificacións concretas están fixadas directamente por ordenanzas municipais, así que se vas facer uso dalgunha das praias que che recomendamos neste artigo, é mellor que consultes antes co concello en cuestión, para non levar ningunha sorpresa á túa chegada.

 

Provincia da Coruña

A provincia da Coruña conta cos seguintes areais habilitados para o seu uso con mascotas:

  • Praia do Areal. A Pobra do Caramiñal. Zona acoutada de 300 metros ao sur da praia.

  • Praia canina de Ares. Zona canina habilitada no extremo do Club Náutico.

Provincia de Lugo

A provincia de Lugo conta cunha praia con acceso habilitado para cans:

  • Punta  Corveira. No municipio de Barreiros, a continuación da praia de Lóngara.

 

Provincia de Pontevedra

A provincia de Pontevedra é a que conta con máis praias habilitadas. Detallámoschas a continuación:

  • Praia do Espiño e Praia do Portiño. Ambas no Grove, xunto ao porto deportivo de  Pedras Negras, en San Vicente do Mar.

  • Praia de Cunchiña, Cheminea ou Massó. No municipio de Cangas, situada fronte á antiga fábrica de conservas Massó.
  • Praia de Cesantes. Pertencente ao concello de Redondela, conta cunha área de 150 metros reservada para cans nas inmediacións da zona coñecida como “Os  Estaleiros”.

  • Praia de Arealonga. O municipio de Redondela conta con outra praia para cans, concretamente nunha pequena cala situada a uns 100 metros da praia de Arealonga. Na preamar o areal desaparece, así que antes de ir consulta os horarios das mareas.
  • Praia do Castelete. Situada en Vilagarcía de Arousa, é unha praia que foi frecuentada durante moito tempo por usuarios con mascotas, polo que ten servizos específicos, como papeleiras para excrementos.

  • Praia da Foz e A Calzoa. Ambas en Vigo, e lindeiras, suman unha área de case 500 metros na zona da desembocadura do río Lagares.

 

Esperamos que con esta información animédesvos a dar un paseo polas nosas praias coas vosas mascotas. 

2 comentarios en «Praias para cans en Galicia»

  1. Disculpen, ¿Dónde está mi comentario?. ¿Lo han censurado?.
    Por educación, al menos, ruego, respuesta, para actuar en consecuencia. Gracias

    1. Su comentario no ha sido censurado, los comentarios en este blog requieren aprobación por parte de los administradores para ser publicados y todavía no se había dado permiso. Ya puede ver su comentario publicado. Un saludo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *