
O verde dos prados e o azul do mar enmarcan esta fermosa praia na cal se bañaban hai dous mil anos os devanceiros dos actuais lucenses.
Máis de 300 metros de acantilados furados á maneira das catedrais góticas. Un espectáculo da Natureza en estado puro.
Amplo areal moi frecuentado no verán polos turistas. Nos arredores existe un cámping.