Museo vivente do Mel

Museo do Mel
Museo do Mel

MUSEO VIVENTE DO MEL. O ENREDO DO ABELLEIRO

Dombodán. Portodemouros. 15819 Arzúa

T. / F.: 981 508 072
e-mail: info@abelleiro.com
web: www.abelleiro.com

O museo do mel pretende achegar o visitante ó fascinante mundo das abellas, achegando unha visión da apicultura dos nosos antepasados, así como a diversidade de produtos e métodos da apicultura moderna. Situado nas proximidades do encoro de Portodemouros, o visitante gozará dunha marabillosa contorna, onde poderá encontrar os xardíns con plantas botánicas e melíferas, unha charca coa súa ponte, unha gaiola de paxaros e un formigueiro: todo isto rodeado das colmeas coas súas abellas. Organízanse charlas, cursos, seminarios, obradoiros, etc.

Prezo: 2 €.

Particularidades: Explicación Técnico: 10 € / Grupo. Obradoiro: 3 € / persoa. Técnico: 10 € / obradoiro.

Horario: Luns – Venres de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 h. Sábado, domingo e festivos de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 h. No verán pecha tódolos días ás 14:00 h pola mañá e as 20:00 h. pola tarde.

Museo do Mel
Museo do Mel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *