Cristóbal Colón, cidadán de Poio

Desde hai anos sostívose que Cristóbal Colón era galego, concretamente do municipio pontevedrés de Poio. Esta teoría baséase na que impulsou o historiador e escritor pontevedrés Celso García de Riega (1844-1914) baseándose, entre outras cousas, nos termos galegos que usaba ao escribir e nos numerosos topónimos de orixe galega cos que bautizaba os lugares que ía descubrindo na outra punta do mundo.

De Colón díxose que era catalán, estremeño, galego…pero sobre todo, tivo maior peso a teoría de que era xenovés. E aínda que este suposto tampouco se confirma con total certeza, é unha teoría que conta con numerosos adeptos, entre eles o coruñés Salvador de Madariaga (1886-1978).

En canto á teoría galega, o bisnieto do primeiro impulsor da tese de que Colón era galego, Guillermo García de Riega -tamén historiador e escritor- segue defendendo as evidencias que apoian este suposto, fundamentando a súa postura en tres alicerces: a toponimia dos accidentes xeográficos que descubriu o almirante (por exemplo, Punta Lanzada ou San Salvador), a linguaxe con vocábulos galegos que aparecen nos escritos vinculados a Colón e por último, a acta notarial da venda da que supostamente foi a casa do descubridor.

Toda a nomenclatura xeográfica das terras descubertas por Colón nos seus catro viaxes es española, sendo de notar que nela reprodúcense voces propias e aínda exclusivas, únicas del litoral galego“. – Ricardo Beltrán, Secretario da Real Sociedade Xeográfica e membro da Academia de Historia.

De a Casa Museo de Colón ( http://bit.ly/CasaMuseoColon ), que se atopa na parroquia de San Salvador de Poio (Pontevedra). Unha casa que se cre é onde viviu a súa familia e na que se atopan a día de hoxe, innumerables probas documentais e publicacións que avalan esta teoría. O museo conta cunha exposición que permite coñecer a fondo diferentes datos e curiosidades sobre Poio e tamén, o papel de Galicia no descubrimento de América.

Unha das pezas máis destacadas de casa-museo é unha réplica datada no ano 1892 dunha carta náutica de Juan de la Cosa do ano 1500, cartógrafo da segunda expedición de Cristóbal Colón. E doutra banda, o documental “Pontevedra, berce de Colón” que Enrique Barreiro filmou nos anos vinte do século pasado.


En definitiva, trátase dun espazo de nova creación, onde a través de maquetas, pantallas, bibliografía e moito máis, trátase de xustificar a teoría do nacemento deste personaxe no concello de Poio.

Polo que, sexas ou non adepto a esta teoría, merece a pena visitar un lugar que profunda de tal forma na vida do que podería ser un personaxe ilustre máis para a historia de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *