Museos na auga para embarcarse na historia de Galicia

O mar e Galicia van da man. Unha das singularidades desta terra é o seu relevo costeiro, polo que o mundo marítimo sempre estivo presente na vida de moitos veciños. Existen moitas embarcacións con historia que, ao longo dos tempos, conseguiron converterse en museos que se abriron ao público con fins culturais, históricos ou turísticos. A continuación, amosámosche unha serie de barcos museo que tes que visitar se che apetece coñecer unha importante parte da historia de Galicia.

 

Barco Museo Bonitero “Raíña do Carmen” 

Uno dos barcos museo máis destacados en Galicia é o Raíña do Carmen, situado en Burela. A historia da súa reconversión en museo remóntase ao ano 2000, cando o concello tomou a decisión de comprar un antigo barco bonitero para convertelo nun espazo de interese turístico e de recuperación da cultura marítima. Este barco, que destaca polo seu casco de madeira, atópase no porto máis importante a nivel nacional en canto a comercialización de bonito. 

Unha característica que atrae a moitos turistas é que está permitido visitar todos os seus compartimentos, tanto por fóra como por dentro: a ponte de mando, os camarotes, a cociña, a sala de máquinas, a adega… Ademais, os visitantes poderán coñecer de primeira man como é o funcionamento do barco e familiarizarse coas técnicas de pesca e a historia do municipio.

O prezo de entrada a este barco museo, recoñecido pola Unión Europea co outorgamento da Bandeira Azul, é de 5 euros para os adultos. Para os nenos e mozos de entre 8 e 18 anos a visita custa 3 euros, mentres que para os menores de 8 é gratuíta, do mesmo xeito que para os colexios concertados. No caso de grupos de máis de 20 adultos, o acceso sae por 4 euros. Cabe destacar que este barco-museo pode visitarse todos os meses do ano, aínda que o horario varía segundo a época:

De xuño a setembro

De martes a sábado: visitas ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas

De outubro a maio

De martes a venres: visitas ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00 e 18:00 horas

Sábados: 11:00, 12:00 e 13:00 horas

 

Para máis información, chama ao 982 586 000 ou envía un correo electrónico á seguinte dirección: turismo@burela.org

 

Veleiro histórico Joaquín Vieta 

O Joaquín  Vieta é un veleiro de cabotaxe de dous paus, construído entre os anos 1915 e 1916. Desde o momento da súa botadura, estivo ligado á ría de Muros e Noia pero percorrendo a costa galega durante moitos anos. No ano 2004, cando parecía que o seu destino era ser convertido en leña, púxose en marcha unha iniciativa popular para rescatalo. No 2010 púxoselle fin á súa rehabilitación e foi convertido nun museo flotante. A día de hoxe, está totalmente equipado para navegar con grupos. 

Pese a que no proceso de restauración respectáronse os sistemas de construción tradicionais, a maior transformación con respecto ao deseño orixinal é a nova  camareta que, debido á súa amplitude, permite a realización de diversas actividades. Situado no Porto de Freixo, pertencente ao municipio de Outes, o Joaquín  Vieta propón excursións para que os visitantes poidan gozar dunha inesquecible travesía tanto a media xornada como a xornada completa.

O museo da propia historia do barco lévanos a coñecer ao veleiro máis antigo de Galicia e todas as súas peculiaridades. Se o visitas poderás coñecer de primeira man unha gran parte da historia mariñeira do século XX, xa que a súa tripulación é quen de transmitir a cultura do mar que eles mesmos protagonizaron. Ofrécense actividades didácticas para escolares e programas de cultura marítima, ademais de asociacións e congresos, sempre con orzamentos a medida que poderás consultar mediante o seu correo electrónico: info@joaquinvieta.com

 

Buque museo Hidria Segundo 

O  Hidria Segundo é o único barco de vapor que sobreviviu ata os nosos días en España. Foi construído entre os anos 1963 e 1966 en Vigo e na súa época foi utilizado pola empresa Alxibes de Vigo para fornecer auga de manancial a mercantes, transatlánticos e pesqueiros na ría de Vigo. Tras a quebra da compañía en 1994 e o posterior abandono do barco, o Hidria Segundo foi adquirido pola compañía Vapores do Atlántico do Grove. Así, foi totalmente restaurado ata converterse nun buque museo, ademais de servir como sala de congresos e barco de pasaxeiros.

Situado no porto do Grove, este barco destaca polo seu deseño e o seu funcionamento, ademais de por a súa historia repleta de altibaixos. Ao transformarse nun interesante museo marítimo, está aberto a visitas e atrae a moitos turistas que se achegan á zona. Ademais, alúgase de forma particular para realizar travesías polas rías de Galicia cos seus catro tripulantes, promovendo así o turismo náutico.

 

Museo da Carabela Pinta

Baiona é un municipio no que a historia se fai presente. O seu porto foi o primeiro de Europa en coñecer a noticia da chegada de Colón a América debido a que o 1 de marzo de 1493, a  carabela Pinta (unha das tres que integraban a expedición de Colón) atracou nas súas augas. Con motivo da conmemoración do quinto centenario daquela viaxe, construíuse unha réplica da embarcación para que os visitantes puidesen penetrarse nela.

En 1999 foi  reacondicionando o interior da nave, dotándoa dos elementos que caracterizaban á época de Colón. Deste xeito, os visitantes poden observar a  carabela da mesma forma na que, no seu momento, chegou a orixinal ao porto de Baiona. Tamén contén paneis e xogos para que o usuario interactúe coa contorna, ademais de contemplar as figuras da tripulación e dos indíxenas americanos.

Situada no pantalán do paseo Alfonso IX, esta réplica da carabela Pinta ofrece unha experiencia inigualable. O aforo da visita é de 12 persoas e o prezo da entrada son 2 euros. Para máis información e reserva de grupos, debes chamar ao 986 35 66 88 ou enviar un email ao seguinte correo electrónico: museo.navegacion@baiona.org

 

Volanteiro O Piueiro

No verán de 2019, A Guarda foi testemuña do  XIV  Encontro de  Embarcacións  Tradicionais de Galicia, unha das manifestacións máis importantes da cultura marítima. Nese evento, a Asociación  Piueiro tiña o obxectivo de dar a coñecer unha das embarcacións máis representativas do municipio: O Volanteiro. 

Os veciños entenderan a súa construción como un obxectivo común, polo que se creou un sistema de financiamiento en base ao apadriñamento das pezas que constitúen a embarcación. Todas as axudas recibidas foron indispensables, reflectindo así o compromiso común dun municipio que sempre apostou pola cultura. A xenerosidade de todos foi fundamental para conseguir o reto.

Poderás visitar O Volanteiro de forma totalmente gratuíta os martes e os xoves do 14 de xullo ao 27 de agosto, así que este verán é a ocasión perfecta para facelo. Estas visitas guiadas, que teñen unha duración dunha hora, realizaranse ás 20:00 horas tendo como punto de encontro as escaleiras do porto. Será necesario o uso de máscara e solicitar unha reserva previa na Oficina de Turismo da Guarda. Para máis información, chama ao 986 61 45 46 ou envía un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com.    

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *