Sen categoría – Turismo de Galicia

As aldeas de lousa do Courel: Unha Galicia que parece doutro tempo
Hai lugares nos que a paisaxe parece que quedou atrapada no tempo. No Courel, montañas, soutos e pequenos ríos gardan tamén a historia das persoas que aprenderon a vivir nesta contorna e a construir as súas aldeas cos materiais que tiñan ao seu alcance.

Froxán, Seceda ou Vilamor son algúns dos mellores exemplos.

Cando a montaña marca o xeito de construir

No Courel, construir significaba adaptarse ao relevo, ao clima e aos recursos da contorna.

As aldeas medran seguindo as formas do terreo, con casas agrupadas e pequenas rúas que soben e baixan entre as montañas. A lousa, abundante na zona, converteuse nun dos elementos fundamentais da arquitectura tradicional, presente nos muros e, sobre todo, nos tellados.

Froxán: unha aldea que conserva a súa esencia

Se hai unha aldea que permite entender esta relación entre arquitectura e paisaxe, esa é Froxán.

Situada no concello de Folgoso do Courel, conserva casas e construcións tradicionais agrupadas arredor de estreitas rúas empedradas que se adaptan ao terreo. A aldea está declarada Ben de Interese Cultural pola súa importancia etnográfica.

Ao seu redor aparecen soutos centenarios, parcelas de cultivo e prados. Aquí, a natureza non é un escenario separado da aldea: forma parte da súa propia historia.

Seceda e Vilamor: dúas formas de descubrir O Courel

Seceda conserva tamén a esencia da arquitectura tradicional courelá, baseada na pedra, a madeira e a lousa. Rodeada de vexetación e soutos de castiñeiros, percorrer as súas rúas permite comprender como as casas se integraban no territorio e como cada elemento respondía ás necesidades da comunidade.

En Vilamor, as casas de cachotaría de lousa, os tellados do mesmo material e as balconadas de madeira volven mostrar esa adaptación á montaña. Ademais, os camiños da contorna permiten achegarse á fervenza de Vilamor, ao río Lor e ás paisaxes que rodean a aldea.

Un patrimonio feito de pequenas cousas

A arquitectura tradicional do Courel non se limita ás casas. Ao longo da paisaxe aparecen sequeiros, alvarizas, fornos, hórreos e outras construcións vinculadas ao traballo agrícola e gandeiro.

Son pequenas pegadas dunha forma de vida na que a montaña marcaba os ritmos do día a día e boa parte do necesario se obtiña do propio territorio.

Unha Galicia que aínda podemos percorrer

Quizais o máis especial do Courel sexa que esta arquitectura non vive separada da paisaxe. As casas seguen a formar parte das aldeas, os soutos rodean os camiños e as montañas continúan sendo o gran escenario natural deste territorio.

Percorrer Froxán, Seceda ou Vilamor é achegarse a unha forma de vida que soubo adaptarse durante xeracións a un dos territorios máis singulares de Galicia.

Se buscas unha Galicia tranquila, de camiños estreitos, bosques, pedra e lousa, O Courel agárdate.

Anímaste a descubrir esta Galicia que parece doutro tempo?

BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NO SORTEO OUTONOGASTRONÓMICO
1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A empresa Empatía Comunicación S.L. con domicilio en Polígono Río do Pozo Parcela 1-3, Local 29 15573 de Narón, A Coruña  e  C.I.F. B70165024  (en diante, «Empatía Comunicación») contratada pola Axencia Turismo de Galicia  con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F Q-1500394-J, organiza con fins promocionais o sorteo (en diante, «a promoción») de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios maiores de idade de acordo con o disposto no apartado de condicións para participar.

2.- DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

A promoción iniciarase ás 12:00 horas do día 21 de setembro e finalizará o día 5 de novembro ás 12:00 horas.

Convocaránse 7 premios en 7 concursos, que se anunciarán os días 21 e 28 de setembro, 5, 12, 19, 26 de outubro e 2 de novembro.

Cada convocatoria de concurso estará activa 48 horas desde o momento da súa publicación.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

Poderán participar, de forma gratuíta e voluntaria, aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos, previamente rexistradas na rede social de Facebook e lnstagram cun único usuario real e que sigan á Axencia Turismo de Galicia.

A mecánica da Promoción en Facebook e lnstagram consiste en responder correctamente ás preguntas expostas.

Non poderán participar nesta promoción os traballadores da Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.

Repartiranse un total de 7 premios non acumulativos. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador nalgún dos 7 concursos non poderá volver ser elixido gañador).

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

Elixirase aleatoriamente 1 gañador dunha Fin de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas (noites de venres e sábado, con almorzos incluídos) e dous menús por persoa a degustar durante esta fin de semana, a elixir entre os establecementos de Turismo Rural adheridos ao Outono Gastronómico que inclúan a modalidade Fin de semana Outono Gastronómico: A fin de establecer un réxime de igualdade entre todos os participantes na promoción, no sorteo só se permitirá un candidato por perfil, aínda que se contestase nos comentarios en múltiples ocasións á pregunta formulada e se etiquetaran persoas diferentes en cada resposta.

O establecemento poderá ser escollido segundo a súa dispoñibilidade nas datas solicitadas. Co gallo de facilitar a implicación do maior número de aloxamentos de Turismo rural, non se poderán repetir estancias en establecementos que foran elexidos anteriormente por outro gañador (informarase oportunamente no caso de que se dé esta circunstancia).

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso de que o gañador non responda no prazo de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do concurso e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a.

Poderase elixir calquera fin de semana entre o 18 de setembro e o 20 de decembro.

5.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN

A selección dos gañadores realizaráse ás 48 horas do lanzamento do sorteo e de xeito aleatorio, a través da plataforma https:// commentpicker.com/, entre os participantes que:

Respondan correctamente as preguntas expostas.

Sexan seguidores da conta de Facebook e lnstagram da Axencia Turismo de Galicia.

Den «like» á publicación do concurso.

Etiqueten a unha persoa coa que gozar do premio.

O concurso realizarase no Facebook e lnstagram da Axencia Turismo de Galicia, resultando cada semana 1 gañador da devandita rede social

Semana 1: sorteo 1 premio o 21 de setembro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

Semana 2: sorteo 1 premio o 28 de setembro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook

Semana 3: sorteo 1 premio o 5 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

Semana 4: sorteo 1 premio o 12 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

Semana 5: sorteo 1 premio o 19 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

Semana 6: sorteo 1 premio o 26 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

Semana 7: sorteo 1 premio o 2 de novembro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso no que algún dos gañadores non responda no prazo de 24 horas -a contar dende a data e hora da publicación do resultado do concurso na conta de Axencia Turismo de Galicia e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a-. A Axencia Turismo de Galicia poderá publicar na súa conta de Facebook e/ou lnstagram os gañadores de cada concurso e enviará unha mensaxe directa informándolles do premio e solicitando a súa identificación. Os gañadores terán que comunicar a aceptación do premio nas 24 horas inmediatamente posteriores á publicación dos gañadores e envío da mensaxe por parte da Axencia Turismo de Galicia, mediante un correo electrónico a través da conta outonogastronomico@gmail.com coa súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e un número de teléfono e correo electrónico de contacto.

O gañador deberá publicar nas súas redes sociais como mínimo unha publicación gozando do seu premio Fin de Semana Outono Gastronómico.

O gañador autoriza a que o seu nome de Facebook e lnstagram sexa publicado nas redes sociais da Axencia Turismo de Galicia.

Do mesmo modo, informaráse aos demáis elixidos da súa condición de suplentes, solicitando faciliten un número telefónico de contacto directo ao mesmo enderezo electrónico para a súa posterior localización e requerimento de documentación, se é o caso.

Se o gañador non reclama o premio antes de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do sorteo, entenderase que o rexeita, pasando o premio ao primeiro suplente elixido, o cal será contactado telefónicamente. Se este tampouco remite a documentación solicitada, o premio pasará ao segundo suplente, e despois ao terceiro, quedando deserto se ningún deles responde.

Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.

6.-ACEPTACIÓN E MODIFICACIÓN DAS BASES

A mera participación nesta campaña comercial supón a aceptación íntegra destas bases legais. A organización resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento, calquera modificación, supresión e/ou adición ás presentes bases legais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos usuarios.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de suspender o concurso, por causa xustificada e nos supostos previstos nas presentes bases.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de efectuar cambias que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levalo a termo na forma en que recollen as presentes bases.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o gozo do premio.

Empatía Comunicación queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impedise a súa identificación.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.

7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premias outorgados en virtude desta Promoción.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de excluír automática e inmediatamente da mesma a calquera  participante  que transgreda  as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medias fraudulentos ou incumpra estas bases.

8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarias ou opinións cuxo contido se considere inapropiado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarias contra un particular que vulneren os principias de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarias que fagan os participantes na promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, Empatía Comunicación non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción, así como tampouco do uso que faga  o  participante respecto do premio que obteña desta promoción.

Empatía Comunicación non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da promoción ou o goce total ou parcial do premio.

10.- FACEBOOK

A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

11.- INSTAGRAM

lnstagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de lnstagram, e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Empatía Comunicación e non a lnstagram.

12.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é Empatía Comunicación con domicilio en Polígono Río do Pozo Parcela 1-3, Local 29 15573 de Narón, A Coruña e C.I.F. B70165024

Cada participante, coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo, consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo e para remitirlle newsletters e comunicacións  comerciais  e  de  promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medias de comunicación electrónica.

lnformámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío dun correo electrónico a info@empatiacomunicacion.com ou ben mediante carta dirixida á seguinte direción: Polígono Río do Pozo Parcela 1-3, Local 29 15573 de Narón, A Coruña, achegando en ambos os casos copia do DNI.

13.- FISCALIDADE

A celebración do previsto sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.

14.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Viaxa ao corazón azul de Galicia entre rías, portos e tradición mariñeira
Percorrer as rías galegas é moito máis ca contemplar unha paisaxe. É embarcarse xunto aos mariñeiros, coñecer o traballo das mariscadoras, visitar unha lonxa durante a poxa do peixe, descubrir como se cultivan os mexillóns nas bateas ou navegar entre illas e pequenos portos onde o mar segue marcando o ritmo da vida.

Desde as espectaculares Rías Altas ata as apracibles augas das Rías Baixas, propoñémosche unha viaxe por estas paisaxes únicas para descubrir que fai especial a cada unha delas e que experiencias de turismo mariñeiro non podes perder ao longo deste percorrido polas rías galegas.

Rías Altas

As Rías Altas esténdense desde a desembocadura do río Eo ata a ría da Coruña. Cantís, praias salvaxes, vilas mariñeiras e portos pesqueiros debuxan un territorio onde o Cantábrico e o Atlántico amosan toda a súa forza.

Ría de Ribadeo: porta de entrada a Galicia, destaca pola Praia das Catedrais e pola súa tradición pesqueira.

Ría de Foz: combina extensas praias coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo.

Ría de Viveiro: casco histórico medieval, praia de Area e o Souto da Retorta.

Ría do Barqueiro: pequeno porto mariñeiro e proximidade á Estaca de Bares.

Ría de Ortigueira: zonas húmidas, Serra da Capelada e cabo Ortegal.

Ría de Cedeira: acceso a Santo André de Teixido e aos cantís da Vixía Herbeira.

Ría de Ferrol: patrimonio naval, castelos defensivos e un dos arsenais históricos máis importantes de Europa.

Rías de Ares e Betanzos: Pontedeume, Redes, Sada e o Parque Natural das Fragas do Eume.

Ría da Coruña: presidida pola Torre de Hércules, Patrimonio Mundial da UNESCO, combina o atractivo urbano da cidade con amplos paseos marítimos, praias como Riazor e Orzán e unha intensa tradición vencellada ao porto e ao mar.

Costa da Morte

Máis alá da ría de Muros e Noia, a Costa da Morte desprega un litoral de gran beleza, onde amplos areais alternan con cantís e pequenos portos pesqueiros. É un territorio marcado polas lendas mariñeiras e por unha fonda tradición vencellada ao mar.

Ría de Corme e Laxe: praias, bancos marisqueiros e o faro de Punta Roncudo.

Ría de Camariñas: terra de percebeiros, do encaixe de palillos e do cabo Vilán.

Ría de Corcubión: porta de acceso ao cabo Fisterra, con vilas mariñeiras e un valioso patrimonio histórico.

Contorna de Muxía e Fisterra: o santuario da Virxe da Barca, o faro de Fisterra e algunhas das paisaxes máis emblemáticas do litoral atlántico.

Rías Baixas

As Rías Baixas son sinónimo de augas tranquilas, praias de area branca, bateas e unha intensa actividade mariñeira. Aquí o turismo mariñeiro permite descubrir a pesca, o marisqueo e a acuicultura.

Ría de Muros e Noia: transición cara ás Rías Baixas, con dúas vilas mariñeiras de gran valor histórico e unha importante tradición marisqueira.

Ría de Arousa: a maior de Galicia, famosa polas súas bateas de mexillón, a Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove, Ribeira e Vilagarcía de Arousa.

Ría de Pontevedra: Pontevedra, Combarro, Bueu e Marín, onde o patrimonio e a tradición mariñeira van da man.

Ría de Vigo: protexida polas illas Cíes, combina o maior porto pesqueiro de Galicia con vilas como Cangas, Moaña e Baiona.

Anímate e déixate levar por unha viaxe entre rías, portos, tradicións mariñeiras e a mellor gastronomía do mar. Galicia agárdate. Anímaste a descubrila?

Agosto sobre raís cos Trens Turísticos de Galicia
Os Trens Turísticos de Galicia volven con propostas para todos os gustos. Enoturismo, patrimonio, xardíns históricos, faros, gastronomía ou espectaculares paisaxes combínanse en rutas que inclúen visitas guiadas, paseos en barco e degustacións.

Descubre a continuación todas as saídas e rutas previstas para gozar de Galicia sobre raís durante este mes de agosto.

Tren da Ruta das Mariñas

Saídas: 1 de agosto

Esta ruta convida a descubrir algunhas das paisaxes e enclaves máis emblemáticos do norte de Galicia. O percorrido comeza en Betanzos, onde unha visita guiada permite coñecer o patrimonio histórico e o encanto dunha das vilas medievais mellor conservadas de Galicia.

A viaxe continúa nas plantacións de té de Orballo, as únicas da Europa continental, onde se descobre o proceso de cultivo e elaboración desta singular produción. A xornada continúa en Pontedeume, unha vila cun destacado legado histórico e unha contorna natural privilexiada.

O itinerario inclúe ademais un paseo en barco pola ría de Ferrol, desde o que se contemplan as súas paisaxes costeiras, e remata cunha visita guiada polo barrio da Madalena, o centro histórico de Ferrol, declarado Conxunto Histórico-Artístico.

Tren da Ribeira Sacra (Río Sil)

Saídas: 1 e 22 de agosto

A Ribeira Sacra amosa nesta ruta algunhas das súas paisaxes máis espectaculares, onde natureza, patrimonio e tradición vitivinícola forman un conxunto único. A experiencia comeza cunha visita teatralizada á estación dos Peares, porta de entrada a este territorio singular.

A continuación, o percorrido leva ata a adega Regina Viarum, onde se coñecen os segredos da viticultura heroica e se goza dunha degustación de viños. En Monforte de Lemos hai tempo libre para xantar e percorrer a cidade.

Pola tarde, un catamarán navega polo encoro do río Sil entre impresionantes canóns e viñedos en socalcos. A xornada conclúe coa visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, un dos cenobios máis antigos de Galicia, situado nunha contorna de grande valor histórico e natural.

Tren de Valdeorras – Ribeira Sacra

Saídas: 8 de agosto

Este itinerario propón un percorrido por dúas prestixiosas denominacións de orixe vitivinícolas: Ribeira Sacra e Valdeorras. A primeira experiencia do día é unha travesía en catamarán polo río Sil ata a contorna do Mosteiro de Santo Estevo, desde onde se contemplan as impresionantes paredes do Canón do Sil.

Tras o paseo fluvial, a ruta fai unha parada na Rúa, onde hai tempo libre para xantar antes de visitar a adega A Coroa. Alí descóbrense as características dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras mediante unha visita guiada e unha degustación.

O percorrido remata na estación dos Peares, onde a Aula Ferroviaria permite coñecer a historia do ferrocarril e a singularidade deste importante nó ferroviario galego.

Tren dos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia

Saídas: 8 de agosto

Esta proposta convida a percorrer algúns dos xardíns históricos máis destacados de Galicia, espazos onde natureza, arquitectura e patrimonio conviven en perfecta harmonía.

A ruta comeza no Pazo Quinteiro da Cruz, cuxos xardíns románticos albergan glorietas, recunchos singulares e unha das coleccións de camelias máis importantes de Galicia. O percorrido continúa no Castelo de Soutomaior, rodeado dun espectacular xardín botánico que reúne especies procedentes de diferentes partes do mundo.

A experiencia conclúe no Pazo de Rubiáns, cuxo parque foi recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional de Camelias e destaca pola riqueza botánica e paisaxística dun espazo que combina historia, tradición e natureza.

Tren Experiencia MEGA A Coruña de 1906

Saída: 15 de agosto

Esta ruta propón unha viaxe ao pasado para descubrir a Coruña de comezos do século XX. Unha visita teatralizada polo centro histórico permite coñecer a cidade de 1906 a través de personaxes como Emilia Pardo Bazán e achegarse ás orixes de Estrella Galicia, fundada ese mesmo ano por José María Rivera Corral.

O percorrido continúa no Museo de Estrella Galicia (MEGA), onde se explora a historia da cervexa mediante unha experiencia interactiva que inclúe un obradoiro de tiraxe e unha maridaxe con queixos e conservas galegas. Despois, hai tempo libre para xantar e gozar da gastronomía coruñesa.

A xornada remata cunha visita ás plantacións de lúpulo de LUTEGA, onde se descobre o cultivo dun dos ingredientes fundamentais na elaboración da cervexa.

Tren da Ruta dos Queixos de Galicia

Saídas: 22 de agosto

As persoas amantes da gastronomía atoparán nesta ruta unha oportunidade para descubrir algúns dos queixos máis representativos de Galicia e coñecer de preto o traballo das persoas produtoras locais.

O percorrido inclúe a visita á Casa do Queixo e á queixería Don Crisanto, onde se explica o proceso de elaboración de variedades con denominación de orixe como o Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa, acompañadas de diferentes degustacións.

A experiencia complétase en Arqueixal, un proxecto de produción artesanal e ecolóxica que amosa un modelo comprometido coa sustentabilidade e a conservación do medio rural galego.

Tren da Ruta dos Faros

Saídas: 29 de agosto

Esta ruta percorre algunhas das paisaxes máis espectaculares do litoral norte galego, onde os faros e os cantís protagonizan unha viaxe marcada pola forza do océano Atlántico.

O itinerario visita lugares emblemáticos como o Cabo Ortegal, o miradoiro da Vixía Herbeira —un dos cantís máis altos de Europa—, o Santuario de Santo André de Teixido e o Cabo de Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica.

O percorrido complétase cunha parada en Viveiro, coas panorámicas sobre as rías de Viveiro e O Barqueiro e coa visita aos cantís de Loiba, un espazo natural de extraordinaria beleza.

Tren do Viño de Monterrei

Saídas: 29 de agosto

Esta proposta achega a persoa visitante á Denominación de Orixe Monterrei a través dun percorrido que combina patrimonio, enoturismo e gastronomía.

A xornada comeza no Castelo de Monterrei cunha visita guiada e teatralizada que permite coñecer a historia desta fortaleza. Despois, o itinerario continúa na adega Gargalo, onde se realiza unha degustación de viños acompañada dun petisco. En Verín hai tempo libre para xantar e descubrir a localidade.

Pola tarde, a ruta visita a vila histórica de Allariz, o Ecoespazo do Rexo, onde ten lugar unha degustación de queixos, e a Colexiata de Xunqueira de Ambía. Antes de finalizar o percorrido, realízase unha parada na estación de Baños de Molgas, convertida en museo e espazo gastronómico.

Se algunha destas rutas encaixa contigo, podes comprar o teu billete aquí. Agardámoste a bordo para seguir descubrindo Galicia desde outra perspectiva!

Guía de celebracións gastronómicas de marisco e viño en Galicia este verán
O verán en Galicia é sinónimo de praias, natureza, patrimonio… e tamén de gastronomía. Durante os meses de xullo e agosto celébranse algunhas das citas gastronómicas máis agardadas do ano, nas que o produto local, a tradición e o ambiente festivo son os grandes protagonistas.

Do marisco ao peixe, pasando polos viños con denominación de orixe galega, propoñémosche un percorrido por algunhas das festas gastronómicas de Galicia declaradas de Interese Turístico. Imos aló!

Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira na Guarda

Do 3 ao 7 de xullo

A lagosta atlántica é a gran protagonista desta celebración que rende homenaxe a un dos produtos máis emblemáticos da Guarda. Ademais das degustacións de marisco e cociña mariñeira, o programa inclúe música, teatro, unha feira de artesanía e visitas guiadas pola Ruta das Cetáreas, que permite coñecer a historia da conservación tradicional do marisco na vila.

Festa do Polbo de Mugardos

11 de xullo

Dentro das Festas do Carme, Mugardos dedica unha xornada ao seu prato máis representativo: o polbo á mugardesa, elaborado cunha característica salsa de cebola e pementos. Máis dun milleiro de quilos de polbo sérvense cada ano no paseo marítimo grazas ao traballo de centos de voluntarios, nun ambiente animado por charangas e música popular.

Festa da Pescada do Pincho de Celeiro

18 de xullo

A pescada capturada artesanalmente con anzol protagoniza esta cita gastronómica nun dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia. Os visitantes poden degustala en diferentes receitas tradicionais mentres gozan da música e da tradicional queimada. A Pescada do Pincho de Celeiro foi o primeiro produto fresco do mar recoñecido co selo Galicia Calidade.

Festa da Vieira de Cambados

Do 16 ao 19 de xullo

Cambados celebra a única festa dedicada á vieira comercializada no porto de Tragove. Degustacións, demostracións culinarias, concursos gastronómicos, actividades náuticas e música mariñeira converten esta cita nunha das máis concorridas do verán, nun contorno de gran valor patrimonial xunto á ría de Arousa.

Festa do Viño Albariño de Cambados

Do 28 de xullo ao 2 de agosto

Considerada unha das grandes celebracións do viño en Galicia, reúne miles de visitantes arredor das adegas da D.O. Rías Baixas. Pasear pola rúa da Calzada, degustando albariños directamente dos seus produtores, é unha experiencia imprescindible, xunto con concertos, actividades culturais e o prestixioso concurso oficial de cata.

Feira do Bonito de Burela

Do 1 ao 2 de agosto

Burela, un dos principais portos boniteiros de Galicia, dedica a súa gran festa ao bonito do norte. Durante a fin de semana pódense degustar distintas elaboracións deste peixe mentres a localidade se enche de música, actividades culturais e arte urbana grazas ao certame internacional de pintura mural Amarte.

Festa do Percebe de Aguiño

Do 2 ao 8 de agosto

O percebe de Aguiño, recollido nalgúns dos cantís máis expostos da costa galega, protagoniza esta celebración que pon en valor o traballo artesanal dos percebeiros. Showcookings, obradoiros mariñeiros, música tradicional e degustacións achegan ao visitante un dos mariscos máis apreciados do Atlántico.

Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa

Do 7 ao 10 de agosto

Esta celebración homenaxea dous produtos fundamentais para a historia conserveira e a economía local: o mexillón e o berberecho. As degustacións gastronómicas combínanse con actividades populares e unha gran implicación veciñal, reflectindo o forte vínculo entre a tradición mariñeira e a identidade do municipio.

Festa da Lamprea Seca de Arbo

Do 8 ao 10 de agosto

Arbo demostra que a lamprea tamén pode gozarse fóra de tempada grazas á súa tradicional elaboración en seco. Durante a festa é posible degustala en distintas receitas, acompañada de viños da D.O. Rías Baixas, ademais de participar en actividades populares, feira de artesanía e visitas ao Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea.

Festa do Polbo do Carballiño

10 de agosto

Unha das grandes referencias gastronómicas de Galicia reúne cada ano milleiros de persoas arredor do polbo preparado polas históricas polbeiras de Arcos. O Parque Municipal convértese nunha gran romaría onde, ademais do polbo, non faltan o viño do Ribeiro, o pan de Cea, a empanada e a música tradicional.

Festa da Ameixa do Carril

10 de agosto

A ameixa do Carril é a protagonista desta cita gastronómica que se celebra xunto á ría de Arousa, con vistas á illa de Cortegada. Durante a fin de semana pódense degustar diferentes preparacións, especialmente a clásica ameixa á mariñeira, acompañadas de viño albariño e un concurso de cociña dedicado a este prezado bivalvo.

Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga

Do 23 ao 31 de agosto

Esta celebración combina a degustación de anguía do río Ulla coa tradición das augardentes artesanais elaborados en Valga. Ademais de probar diferentes receitas e destilados, o programa inclúe unha popular queimada, demostracións tradicionais, concertos e actividades culturais para toda a familia.

Festa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra de Miño

Do 29 ao 31 de agosto

A Fortaleza de Salvaterra acolle unha das festas do viño máis veteranas de Galicia. Os viños da subzona Condado do Tea da D.O. Rías Baixas acompáñanse de gastronomía local, concertos e as populares noites gastronómicas. O domingo celébrase o nomeamento de confrades e a elección dos Viños Deliciosos do ano.

Cada unha destas celebracións é unha oportunidade para descubrir o territorio a través dos seus produtos, coñecer as tradicións das súas vilas e gozar do ambiente festivo que caracteriza o verán galego.