Experiencias – Turismo de Galicia

Máis alá do verán: 5 plans para gozar de setembro en Galicia
Setembro chega a Galicia con días aínda longos, temperaturas agradables e un ritmo máis tranquilo. É un momento perfecto para seguir viaxando e descubrir o destino desde novas perspectivas: percorrer paisaxes de gran beleza, coñecer o seu patrimonio, gozar das súas augas termais, perderse polas súas cidades e achegarse a unha cultura do viño estreitamente ligada ao territorio.

Traémosche cinco propostas para gozar de Galicia en setembro e descubrir que o final do verán tamén é unha magnífica época para viaxar.

1. Percorre a Ribeira Sacra entre viñedos e mosteiros

Setembro ofrece unha ocasión especialmente atractiva para descubrir a Ribeira Sacra, cando as súas paisaxes de viñedos comezan a transformarse coa chegada da vendima.

Os canóns do Sil e do Miño, os bosques, os miradoiros e os antigos mosteiros conforman unha paisaxe única que invita a percorrer a zona con calma. Podes navegar polos canóns do Sil, visitar mosteiros como Santo Estevo de Ribas de Sil ou Santa Cristina de Ribas de Sil e descubrir algúns das vilas e miradoiros que se asoman aos ríos.

A combinación de natureza, patrimonio e paisaxe vitivinícola converte a Ribeira Sacra nunha das escapadas imprescindibles de Galicia en setembro.

2. Sube a un dos Trens Turísticos de Galicia

Viaxar en tren tamén pode ser unha forma diferente de descubrir Galicia. A tempada 2026 dos Trens Turísticos de Galicia inclúe propostas que permiten coñecer algunhas das paisaxes, espazos patrimoniais e recursos turísticos máis singulares da comunidade.

Durante setembro podes gozar, entre outras opcións, das Rutas dos Faros e das rutas do viño pola Ribeira Sacra do Sil e do Miño, ademais doutras experiencias vinculadas ao patrimonio e á cultura galega.

Unha maneira cómoda e orixinal de viaxar, deixando que a paisaxe pase a ser unha parte esencial da experiencia.

3. Reláxate nas augas termais de Galicia

Setembro tamén é un bo momento para facer unha pausa e gozar do termalismo galego.

Galicia conta cunha ampla oferta termal repartida polas súas catro provincias. Na Coruña, podes gozar de espazos como o Balneario de Carballo ou o Hotel Balneario de Compostela, en Brión; en Lugo, achegarte ás Termas Romanas de Lugo, Guitiriz ou Augas Santas, en Pantón; en Ourense, descubrir lugares como Arnoia, Laias, Lobios ou O Carballiño; e en Pontevedra, gozar das augas de Caldas de Reis, Cuntis, Mondariz ou Caldelas de Tui.

Un baño termal, un tratamento de benestar ou unhas horas de descanso poden converterse no plan perfecto para desconectar despois do verán e gozar dunha escapada centrada no benestar.

4. Descubre as cidades galegas sen présas

Setembro invita tamén a volver ás cidades e percorrelas con máis calma. Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol ofrecen propostas moi diferentes para gozar dunha escapada urbana.

Podes pasear polo casco histórico de Santiago de Compostela, contemplar a Torre de Hércules na Coruña, percorrer a muralla romana de Lugo, descubrir o patrimonio termal de Ourense ou perderte polas prazas e rúas do centro histórico de Pontevedra.

Museos, exposicións, patrimonio, cultura e gastronomía completan unha oferta urbana que permite descubrir outra Galicia, máis cultural e contemporánea, cando remata o verán.

5. Achégate á Galicia do viño

Setembro marca o comezo dunha das épocas máis especiais do calendario vitivinícola galego: a vendima.

As cinco denominacións de orixe de Galicia ofrecen paisaxes e formas de entender o viño moi diferentes. Desde Rías Baixas, O Ribeiro e Ribeira Sacra ata Valdeorras e Monterrei, cada territorio conta con variedades autóctonas, tradicións e paisaxes propias.

Visitar unha adega, camiñar entre viñedos, coñecer como se desenvolve a vendima ou participar nunha cata son algunhas das experiencias que permiten achegarse á cultura do viño e comprender a súa estreita relación co territorio.

Setembro é, polo tanto, un momento especialmente interesante para descubrir Galicia a través dos seus viños e das persoas que os elaboran.

Despois do verán, Galicia cambia de ritmo, pero non de posibilidades. Cinco plans para seguir gozando de Galicia en setembro e descubrir unha nova forma de viaxar polo destino.

Unha experiencia entre viñedos de viticultura heroica
Na Ribeira Sacra, as vides medran en terrazas e bancais que se adaptan ás pronunciadas ladeiras do territorio. Unha paisaxe espectacular que é tamén o escenario dunha forma de entender o cultivo da vide baseada no esforzo, a tradición e o traballo manual.

Descubrir a viticultura heroica da Ribeira Sacra é achegarse a un dos sinais de identidade deste destino e comprender por que o viño forma parte inseparable da súa paisaxe e da súa cultura.

Que é a viticultura heroica?

A viticultura heroica é aquela que se desenvolve en condicións especialmente difíciles debido ás características do terreo.

Na Ribeira Sacra, as viñas distribúense en terrazas ou bancais para salvar as fortes pendentes das ladeiras, que poden chegar ata o 100 %. Esta configuración do terreo dificulta a mecanización e fai que boa parte dos traballos no viñedo teñan que realizarse de forma manual.

Aquí, as persoas son as principais ferramentas de traballo. Cada tarefa require esforzo, dedicación e un profundo coñecemento do terreo. Mesmo desprazarse entre as cepas pode converterse en todo un exercicio de equilibrio.

E é precisamente esta dificultade a que converte a viticultura da Ribeira Sacra nunha experiencia tan singular.

Territorio de Denominación de Orixe

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra constituíuse en 1996 para protexer a orixe, garantir a calidade e promocionar os seus viños. Desde entón, a viticultura desempeñou un papel fundamental na recuperación de viñedos e paisaxes, convertendo o viño nun dos grandes motores económicos e turísticos da Ribeira Sacra.

O territorio vitivinícola organízase en cinco subzonas:

Amandi

Chantada

Quiroga-Bibei

Ribeiras do Miño

Ribeiras do Sil

Cada unha forma parte dun mesmo territorio vitivinícola no que o cultivo da vide está profundamente condicionado pola paisaxe.

Ademais, desde 2011 o CERVIM conta cun selo específico para identificar este tipo de viticultura e a Ribeira Sacra é unha das poucas Denominacións de Orixe españolas que pode utilizalo.

Descubre a viticultura heroica durante a túa visita

Se estás pensando en viaxar á Ribeira Sacra, non te quedes unicamente coa imaxe das súas espectaculares paisaxes.

Detrás de cada ladeira de viñedos existe unha historia de esforzo e adaptación. Detrás de cada bancal hai unha forma de traballar a terra que se converteu nun dos grandes sinais de identidade do territorio.

Achégate ás súas paisaxes vitivinícolas, percorre as súas cinco subzonas e déixate sorprender por unha forma de cultivar a vide que desafía o vertixe.

Anímaste a descubrir a Ribeira Sacra?

A mellor maneira de entender a viticultura heroica é vivila de preto. Embárcate nesta ruta de 3 días polas terras da D.O. Ribeira Sacra, percorre os seus viñedos e déixate sorprender por un territorio onde o viño e a paisaxe se unen para ofrecer unha experiencia única.

Rutas polas xuderías de Galicia
Apetéceche descubrir unha Galicia diferente? Percorre as súas antigas xuderías e descubre a pegada que deixaron as comunidades xudías ao longo dos séculos.

A presenza xudía en Galicia está documentada desde o século XI e estendeuse por diferentes localidades ata 1492. Houbo comunidades en lugares como Ourense, Allariz, Monterrei ou Pontevedra, pero Monforte de Lemos, Ribadavia e Tuison as tres cidades galegas que actualmente forman parte da Rede de Xuderías de España – Camiños de Sefarad, unha rede que recupera e pon en valor este patrimonio histórico, artístico e cultural.

Monforte de Lemos: entre fortalezas e rúas medievais

No corazón da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos conserva a memoria dunha comunidade xudía que foi medrando especialmente a partir do século XII.

Comeza a visita no monte de San Vicente, onde atoparás o mosteiro de San Vicente do Pino, a Torre da Homenaxe e o Pazo dos Condes de Lemos. Na Torre da Homenaxe aínda se poden descubrir estrelas de David gravadas nalgúns perpiaños.

Desde aquí, o paseo descende cara á Porta Nova e continúa pola rúa Falagueira, antiga vía principal da xudería. O itinerario permite descubrir antigos espazos vinculados ás vivendas xudías e aos restos dunha sinagoga, antes de continuar por rúas como a Pescadería, a Zapatería ou Abelardo Baanante.

Ribadavia: o corazón xudeu do Ribeiro

En Ribadavia, a memoria sefardí forma parte da identidade da vila. A súa comunidade xudía tivo unha importante presenza desde os séculos XII e XIII, moi vinculada ao comercio e ao viño do Ribeiro.

Pasea desde a praza Maior polo antigo barrio xudeu, descubre as súas rúas medievais e achégate á praza da Madalena e á Porta Nova de Abaixo.

Para coñecer mellor esta historia, visita o Museo Sefardí de Galicia, situado no Pazo dos Condes de Ribadavia. E se viaxas durante a Festa da Istoria, poderás vivir unha experiencia moi especial: a recreación dunha voda xudía medieval.

Tui: a pegada xudía xunto ao Miño

Xunto á fronteira portuguesa, Tui conserva numerosos testemuños do seu pasado xudeu.

Un dos máis sorprendentes atópase na catedral de Santa María, cuxo claustro gótico conserva unha menorá. Desde alí podes percorrer as antigas rúas da xudería e descubrir lugares relacionados coa vida desta comunidade.

Entre eles destacan a Casa de Salomón, do século XV, a Torre do Xudeu e a Porta Pía ou Porta da Pila. A visita pode completarse no Museo Diocesano da catedral, onde se conservan cinco sambenitos da Inquisición.

Tres destinos e unha historia común para descubrir unha Galicia diferente, camiñando polos seus cascos históricos e viaxando ao pasado.

Anímaste a percorrer as xuderías de Galicia e descubrir a pegada sefardí que permanece entre as súas rúas? Descubre as rutas completas aquí.

Nove destinos para gozar de Galicia baixo as estrelas
Hai fenómenos que duran uns minutos e, porén, permanecen moito tempo na nosa memoria.

O pasado 12 de agosto, Galicia viviu un deses momentos. A eclipse solar converteu o ceo en protagonista e milleiros de persoas reuníronse para contemplar como a Lúa ocultaba o Sol nun espectáculo extraordinario.

Pero a eclipse xa pasou. E quizais esa sexa precisamente unha boa razón para seguir mirando o ceo.

Porque Galicia ten moito máis que ofrecer a quen sente curiosidade pola astronomía. Nove destinos galegos contan coa certificación de Destino Turístico Starlight, un recoñecemento que distingue as súas excelentes condicións para contemplar as estrelas e o seu compromiso coa protección dos ceos nocturnos.

Anímaste a descubrilos?

Cando o ceo se converte en destino

O astroturismo invita a viaxar dunha maneira diferente: a deterse, afastarse das luces das cidades e deixar que os ollos se acostumen pouco a pouco á escuridade.

En Galicia, esta experiencia pode gozarse xunto ao mar, en illas atlánticas, entre montañas, nas paisaxes da Ribeira Sacra ou en territorios rurais onde a noite conserva aínda unha das súas grandes riquezas: un ceo escuro e cheo de estrelas.

Destinos Turísticos Starlight en Galicia

A Fundación Starlight, vinculada ao Instituto de Astrofísica de Canarias, certifica aqueles espazos que destacan pola calidade dos seus ceos e polo seu compromiso coa protección fronte á contaminación lumínica. Son lugares onde a observación das estrelas forma parte do patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico e convértese tamén nun atractivo turístico.

Galicia conta con nove Destinos Turísticos Starlight: nove lugares excepcionais desde os que descubrir e gozar do noso ceo nocturno.

1. Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Mirar as estrelas desde unha illa ten algo especial. Nas Illas Atlánticas, o océano rodea a paisaxe e a distancia respecto dos grandes núcleos urbanos favorece unhas condicións privilexiadas para contemplar o ceo nocturno.

Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada ofrecen así unha experiencia na que mar, natureza e firmamento se atopan baixo unha mesma noite.

2. A Costa da Morte

Na Costa da Morte, o ceo forma parte dunha paisaxe xa de seu espectacular.

Aquí, a experiencia pode comezar contemplando o Atlántico desde un faro ou un cantil e rematar baixo un ceo estrelado. O contraste entre a inmensidade do océano e a do firmamento converte a noite nunha nova maneira de percorrer este territorio.

3. Trevinca

Nas montañas de Ourense, Pena Trevinca alcanza os 2.127 metros e ofrece unhas condicións excepcionais para a observación astronómica.

A altitude, a baixa contaminación lumínica e a amplitude da paisaxe fan deste territorio un dos grandes referentes do astroturismo galego. Un lugar onde erguer a vista permite descubrir constelacións, planetas e a Vía Láctea en todo o seu esplendor.

4. Muras

Na Serra do Xistral, Muras invita a gozar dunha noite diferente.

A escasa contaminación lumínica converte as súas paisaxes nun escenario privilexiado para observar as estrelas e achegarse á astronomía. Unha proposta perfecta para quen busca combinar natureza, tranquilidade e contemplación do firmamento.

5. Lalín

A relación de Lalín coa astronomía ten, ademais, nome propio: Ramón María Aller, unha das grandes figuras da astronomía galega.

O territorio permite descubrir esta vinculación coa ciencia mentres se goza dun ceo especialmente apropiado para a observación. Desde os seus espazos naturais, Galicia contémplase baixo unha perspectiva diferente: a dun territorio que tamén forma parte do universo que nos rodea.

6. Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas incorpora o ceo nocturno a unha experiencia de natureza e territorio.

Aquí, observar as estrelas pode formar parte dunha viaxe na que tamén teñen cabida a paisaxe, a gastronomía, o patrimonio e o ecoturismo. Porque protexer o ceo nocturno significa tamén conservar unha parte esencial do patrimonio natural.

7. Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Montañas, vales e pequenas poboacións definen a paisaxe dos Ancares Lucenses, un territorio onde a escuridade nocturna permite gozar dun firmamento especialmente atractivo.

O destino ofrece unha oportunidade para descubrir a montaña lucense cando cae o sol e entender que a natureza tamén ten unha dimensión nocturna.

8. Chantada

No corazón da Ribeira Sacra, o ceo atopa no Monte Faro un magnífico punto de observación.

Aquí, a contemplación das estrelas súmase a unha paisaxe marcada polos canóns do Miño e do Sil, os viñedos, os mosteiros e os miradoiros. Unha experiencia que demostra que un destino pode cambiar por completo cando chega a noite.

9. Fornelos de Montes e Oia – Galicia Suroeste

O suroeste galego ofrece tamén espazos privilexiados para mirar o firmamento. O territorio que une Fornelos de Montes e Oia suma paisaxe de montaña, costa e unha reducida contaminación lumínica para crear un escenario especialmente atractivo para o astroturismo.

É outra forma de descubrir o sur de Galicia, seguindo o percorrido das estrelas sobre un territorio que se estende desde o interior ata o Atlántico.

Moito máis ca unha eclipse

A eclipse lembrounos algo que quizais esquecemos demasiado a miúdo: abonda con levantar a mirada para descubrir un espectáculo extraordinario sobre as nosas cabezas.

Pero non cómpre esperar a que aconteza un gran fenómeno astronómico. Cada noite despexada é unha nova oportunidade para contemplar as estrelas, recoñecer constelacións, seguir o percorrido da Lúa ou simplemente gozar da escuridade.

Os nove Destinos Turísticos Starlight de Galicia fan posible vivir esa experiencia nalgúns dos espazos máis singulares da nosa comunidade. Anímaste a descubrilos?

Viaxa ao corazón azul de Galicia entre rías, portos e tradición mariñeira
Percorrer as rías galegas é moito máis ca contemplar unha paisaxe. É embarcarse xunto aos mariñeiros, coñecer o traballo das mariscadoras, visitar unha lonxa durante a poxa do peixe, descubrir como se cultivan os mexillóns nas bateas ou navegar entre illas e pequenos portos onde o mar segue marcando o ritmo da vida.

Desde as espectaculares Rías Altas ata as apracibles augas das Rías Baixas, propoñémosche unha viaxe por estas paisaxes únicas para descubrir que fai especial a cada unha delas e que experiencias de turismo mariñeiro non podes perder ao longo deste percorrido polas rías galegas.

Rías Altas

As Rías Altas esténdense desde a desembocadura do río Eo ata a ría da Coruña. Cantís, praias salvaxes, vilas mariñeiras e portos pesqueiros debuxan un territorio onde o Cantábrico e o Atlántico amosan toda a súa forza.

Ría de Ribadeo: porta de entrada a Galicia, destaca pola Praia das Catedrais e pola súa tradición pesqueira.

Ría de Foz: combina extensas praias coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo.

Ría de Viveiro: casco histórico medieval, praia de Area e o Souto da Retorta.

Ría do Barqueiro: pequeno porto mariñeiro e proximidade á Estaca de Bares.

Ría de Ortigueira: zonas húmidas, Serra da Capelada e cabo Ortegal.

Ría de Cedeira: acceso a Santo André de Teixido e aos cantís da Vixía Herbeira.

Ría de Ferrol: patrimonio naval, castelos defensivos e un dos arsenais históricos máis importantes de Europa.

Rías de Ares e Betanzos: Pontedeume, Redes, Sada e o Parque Natural das Fragas do Eume.

Ría da Coruña: presidida pola Torre de Hércules, Patrimonio Mundial da UNESCO, combina o atractivo urbano da cidade con amplos paseos marítimos, praias como Riazor e Orzán e unha intensa tradición vencellada ao porto e ao mar.

Costa da Morte

Máis alá da ría de Muros e Noia, a Costa da Morte desprega un litoral de gran beleza, onde amplos areais alternan con cantís e pequenos portos pesqueiros. É un territorio marcado polas lendas mariñeiras e por unha fonda tradición vencellada ao mar.

Ría de Corme e Laxe: praias, bancos marisqueiros e o faro de Punta Roncudo.

Ría de Camariñas: terra de percebeiros, do encaixe de palillos e do cabo Vilán.

Ría de Corcubión: porta de acceso ao cabo Fisterra, con vilas mariñeiras e un valioso patrimonio histórico.

Contorna de Muxía e Fisterra: o santuario da Virxe da Barca, o faro de Fisterra e algunhas das paisaxes máis emblemáticas do litoral atlántico.

Rías Baixas

As Rías Baixas son sinónimo de augas tranquilas, praias de area branca, bateas e unha intensa actividade mariñeira. Aquí o turismo mariñeiro permite descubrir a pesca, o marisqueo e a acuicultura.

Ría de Muros e Noia: transición cara ás Rías Baixas, con dúas vilas mariñeiras de gran valor histórico e unha importante tradición marisqueira.

Ría de Arousa: a maior de Galicia, famosa polas súas bateas de mexillón, a Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove, Ribeira e Vilagarcía de Arousa.

Ría de Pontevedra: Pontevedra, Combarro, Bueu e Marín, onde o patrimonio e a tradición mariñeira van da man.

Ría de Vigo: protexida polas illas Cíes, combina o maior porto pesqueiro de Galicia con vilas como Cangas, Moaña e Baiona.

Anímate e déixate levar por unha viaxe entre rías, portos, tradicións mariñeiras e a mellor gastronomía do mar. Galicia agárdate. Anímaste a descubrila?

Agosto sobre raís cos Trens Turísticos de Galicia
Os Trens Turísticos de Galicia volven con propostas para todos os gustos. Enoturismo, patrimonio, xardíns históricos, faros, gastronomía ou espectaculares paisaxes combínanse en rutas que inclúen visitas guiadas, paseos en barco e degustacións.

Descubre a continuación todas as saídas e rutas previstas para gozar de Galicia sobre raís durante este mes de agosto.

Tren da Ruta das Mariñas

Saídas: 1 de agosto

Esta ruta convida a descubrir algunhas das paisaxes e enclaves máis emblemáticos do norte de Galicia. O percorrido comeza en Betanzos, onde unha visita guiada permite coñecer o patrimonio histórico e o encanto dunha das vilas medievais mellor conservadas de Galicia.

A viaxe continúa nas plantacións de té de Orballo, as únicas da Europa continental, onde se descobre o proceso de cultivo e elaboración desta singular produción. A xornada continúa en Pontedeume, unha vila cun destacado legado histórico e unha contorna natural privilexiada.

O itinerario inclúe ademais un paseo en barco pola ría de Ferrol, desde o que se contemplan as súas paisaxes costeiras, e remata cunha visita guiada polo barrio da Madalena, o centro histórico de Ferrol, declarado Conxunto Histórico-Artístico.

Tren da Ribeira Sacra (Río Sil)

Saídas: 1 e 22 de agosto

A Ribeira Sacra amosa nesta ruta algunhas das súas paisaxes máis espectaculares, onde natureza, patrimonio e tradición vitivinícola forman un conxunto único. A experiencia comeza cunha visita teatralizada á estación dos Peares, porta de entrada a este territorio singular.

A continuación, o percorrido leva ata a adega Regina Viarum, onde se coñecen os segredos da viticultura heroica e se goza dunha degustación de viños. En Monforte de Lemos hai tempo libre para xantar e percorrer a cidade.

Pola tarde, un catamarán navega polo encoro do río Sil entre impresionantes canóns e viñedos en socalcos. A xornada conclúe coa visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, un dos cenobios máis antigos de Galicia, situado nunha contorna de grande valor histórico e natural.

Tren de Valdeorras – Ribeira Sacra

Saídas: 8 de agosto

Este itinerario propón un percorrido por dúas prestixiosas denominacións de orixe vitivinícolas: Ribeira Sacra e Valdeorras. A primeira experiencia do día é unha travesía en catamarán polo río Sil ata a contorna do Mosteiro de Santo Estevo, desde onde se contemplan as impresionantes paredes do Canón do Sil.

Tras o paseo fluvial, a ruta fai unha parada na Rúa, onde hai tempo libre para xantar antes de visitar a adega A Coroa. Alí descóbrense as características dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras mediante unha visita guiada e unha degustación.

O percorrido remata na estación dos Peares, onde a Aula Ferroviaria permite coñecer a historia do ferrocarril e a singularidade deste importante nó ferroviario galego.

Tren dos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia

Saídas: 8 de agosto

Esta proposta convida a percorrer algúns dos xardíns históricos máis destacados de Galicia, espazos onde natureza, arquitectura e patrimonio conviven en perfecta harmonía.

A ruta comeza no Pazo Quinteiro da Cruz, cuxos xardíns románticos albergan glorietas, recunchos singulares e unha das coleccións de camelias máis importantes de Galicia. O percorrido continúa no Castelo de Soutomaior, rodeado dun espectacular xardín botánico que reúne especies procedentes de diferentes partes do mundo.

A experiencia conclúe no Pazo de Rubiáns, cuxo parque foi recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional de Camelias e destaca pola riqueza botánica e paisaxística dun espazo que combina historia, tradición e natureza.

Tren Experiencia MEGA A Coruña de 1906

Saída: 15 de agosto

Esta ruta propón unha viaxe ao pasado para descubrir a Coruña de comezos do século XX. Unha visita teatralizada polo centro histórico permite coñecer a cidade de 1906 a través de personaxes como Emilia Pardo Bazán e achegarse ás orixes de Estrella Galicia, fundada ese mesmo ano por José María Rivera Corral.

O percorrido continúa no Museo de Estrella Galicia (MEGA), onde se explora a historia da cervexa mediante unha experiencia interactiva que inclúe un obradoiro de tiraxe e unha maridaxe con queixos e conservas galegas. Despois, hai tempo libre para xantar e gozar da gastronomía coruñesa.

A xornada remata cunha visita ás plantacións de lúpulo de LUTEGA, onde se descobre o cultivo dun dos ingredientes fundamentais na elaboración da cervexa.

Tren da Ruta dos Queixos de Galicia

Saídas: 22 de agosto

As persoas amantes da gastronomía atoparán nesta ruta unha oportunidade para descubrir algúns dos queixos máis representativos de Galicia e coñecer de preto o traballo das persoas produtoras locais.

O percorrido inclúe a visita á Casa do Queixo e á queixería Don Crisanto, onde se explica o proceso de elaboración de variedades con denominación de orixe como o Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa, acompañadas de diferentes degustacións.

A experiencia complétase en Arqueixal, un proxecto de produción artesanal e ecolóxica que amosa un modelo comprometido coa sustentabilidade e a conservación do medio rural galego.

Tren da Ruta dos Faros

Saídas: 29 de agosto

Esta ruta percorre algunhas das paisaxes máis espectaculares do litoral norte galego, onde os faros e os cantís protagonizan unha viaxe marcada pola forza do océano Atlántico.

O itinerario visita lugares emblemáticos como o Cabo Ortegal, o miradoiro da Vixía Herbeira —un dos cantís máis altos de Europa—, o Santuario de Santo André de Teixido e o Cabo de Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica.

O percorrido complétase cunha parada en Viveiro, coas panorámicas sobre as rías de Viveiro e O Barqueiro e coa visita aos cantís de Loiba, un espazo natural de extraordinaria beleza.

Tren do Viño de Monterrei

Saídas: 29 de agosto

Esta proposta achega a persoa visitante á Denominación de Orixe Monterrei a través dun percorrido que combina patrimonio, enoturismo e gastronomía.

A xornada comeza no Castelo de Monterrei cunha visita guiada e teatralizada que permite coñecer a historia desta fortaleza. Despois, o itinerario continúa na adega Gargalo, onde se realiza unha degustación de viños acompañada dun petisco. En Verín hai tempo libre para xantar e descubrir a localidade.

Pola tarde, a ruta visita a vila histórica de Allariz, o Ecoespazo do Rexo, onde ten lugar unha degustación de queixos, e a Colexiata de Xunqueira de Ambía. Antes de finalizar o percorrido, realízase unha parada na estación de Baños de Molgas, convertida en museo e espazo gastronómico.

Se algunha destas rutas encaixa contigo, podes comprar o teu billete aquí. Agardámoste a bordo para seguir descubrindo Galicia desde outra perspectiva!

Ruta por cinco castros imprescindibles de Galicia
Galicia conserva un dos conxuntos de castros máis importantes de Europa. Estes asentamentos, construídos durante a Idade do Ferro e habitados tamén na época romana, foron o fogar das comunidades que deron forma á cultura castrexa, unha civilización que deixou unha fonda pegada na paisaxe e na identidade galega.

Hoxe, moitos destes xacementos poden visitarse grazas aos traballos de conservación e musealización que permiten descubrir como era a vida hai máis de dous mil anos. Propoñémosche unha ruta por cinco castros imprescindibles.

Castro de Santa Trega

Situado na Guarda, este emblemático xacemento ofrece unha das panorámicas máis espectaculares de Galicia. Desde o seu cumio contemplas o porto da Guarda, a desembocadura do río Miño, a inmensidade do océano Atlántico e a costa portuguesa, unha imaxe que lle valeu o sobrenome de mellor panorámica castrexa entre dous países.

Mentres percorres as súas antigas rúas e descobres as vivendas circulares, resulta doado imaxinar como vivían os seus habitantes hai máis de dous mil anos. A localización do castro non foi casual: desde este punto estratéxico controlaban o acceso por mar e a desembocadura do Miño, ademais de gozaren dunha posición privilexiada para defender o poboado.

Para completar a experiencia, percorre o casco histórico da Guarda e fai unha parada nalgún dos seus restaurantes, onde poderás degustar peixes e mariscos frescos co Atlántico como pano de fondo.

Castro de Baroña

Situado na parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, este castro é un dos asentamentos arqueolóxicos da Idade do Ferro máis importantes de Galicia.

Construído sobre unha espectacular península rochosa e habitado entre os séculos I a. C. e I d. C., ofrece unha estampa única. Mentres percorres as súas antigas murallas e estruturas, o son das ondas e as impresionantes vistas ao mar fan que sexa doado viaxar máis de dous mil anos atrás.

A súa localización non foi casual: o estreito istmo que une a península coa terra firme facilitaba a defensa do poboado, protexido por un sólido sistema de fortificacións do que aínda se conservan importantes restos.

Completa a experiencia percorrendo a costa de Porto do Son e gozando das súas praias e da excelente gastronomía mariñeira da zona.

Castro de Viladonga

Situado no concello de Castro de Rei, no corazón da comarca da Terra Chá (Lugo), o castro de Viladonga é un dos xacementos arqueolóxicos mellor conservados e máis completos de Galicia.

Habitado entre os séculos II a. C. e V d. C., este poboado ofrece unha oportunidade única para descubrir como evolucionou a cultura castrexa desde a Idade do Ferro ata a época romana.

O seu excelente estado de conservación, unido ao Museo do Castro de Viladonga, onde se expoñen numerosas pezas atopadas durante as escavacións, converte a visita nunha experiencia ideal para coñecer de preto a forma de vida dos seus antigos habitantes e afondar na historia da Galicia castrexa.

Para completar a xornada, explora as paisaxes da Terra Chá, unha comarca de amplos horizontes, humidais e espazos naturais que invita a gozar dunha escapada na que patrimonio, natureza e tranquilidade van da man.

Castro de San Cibrao de Las

Situado entre os concellos de San Amaro e Punxín, na provincia de Ourense, o castro de San Cibrao de Las, tamén coñecido como Lansbrica, é un dos maiores e máis impresionantes asentamentos da cultura castrexa do noroeste peninsular.

Levantado sobre un amplo outeiro entre os ríos Miño e Barbantiño, as súas case dez hectáreas ofrecen unhas vistas privilexiadas da paisaxe ourensá.

Pasear polas súas rúas permite descubrir unha auténtica cidade fortificada. As súas potentes murallas, portas monumentais e a distribución dos seus barrios permiten imaxinar como era a vida neste importante poboado hai máis de dous mil anos.

A experiencia complétase coa visita ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, onde un moderno centro de interpretación axuda a coñecer a evolución do xacemento e os costumes de quen o habitou.

Castro de Troña

Situado na parroquia de Pías, no concello de Ponteareas, o castro de Troña é un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes e mellor estudados de Galicia. Levantado sobre o monte Doce Nome de Xesús, este antigo poboado domina o val do río Tea desde unha posición estratéxica que explica a elección deste enclave polos seus habitantes hai máis de dous mil anos.

Conta cun completo sistema defensivo, formado por murallas, foxos e parapetos, así como cos restos de vivendas, alxibes e antigas canalizacións. A visita enriquécese coas espectaculares vistas sobre o val e con elementos tan singulares como a famosa Serpe de Troña, un petróglifo rodeado de lendas que engade un toque de misterio ao percorrido.

A experiencia complétase cun paseo por Ponteareas, onde descubrirás o patrimonio, a gastronomía e as paisaxes da comarca do Condado.

Moito máis ca cultura castrexa

Visitar un castro é moito máis que percorrer un xacemento arqueolóxico. É descubrir algunhas das paisaxes máis auténticas de Galicia, contemplar o territorio desde a mesma perspectiva que o fixeron os seus antigos habitantes e conectar cunha historia que segue moi presente na identidade galega.

Moitos destes enclaves atópanse xunto a praias, espazos naturais protexidos, rutas de sendeirismo ou vilas con encanto, polo que se converten no plan perfecto para unha escapada. Anímaste a viaxar ás orixes de Galicia?

Cinco plans para gozar do verán en Galicia
O verán é o momento perfecto para descubrir Galicia desde novas perspectivas. Xa sexa percorrendo a costa atlántica, navegando entre canóns fluviais, explorando espazos naturais protexidos ou penetrando no interior máis verde, cada recuncho convida a vivir experiencias únicas ao ritmo pausado que caracteriza este destino.

Propoñémosche cinco plans para aproveitar ao máximo as túas vacacións:

Entre praias, sendeiros costeiros e vilas mariñeiras

Quilómetros de costa, praias de area fina, pequenos portos pesqueiros e unha excelente gastronomía converten as Rías Baixas nun dos destinos favoritos de quen busca combinar natureza, cultura e mar.

Un percorrido pola península do Grove, A Illa de Arousa ou a ría de Muros e Noia permite descubrir calas resgardadas, paseos á beira do Atlántico e miradoiros desde os que contemplar a paisaxe. Despois dun día de praia, nada mellor que sentar fronte ao mar para degustar peixes e mariscos frescos acompañados por algún dos viños das denominacións de orixe galegas.

Navegar polos canóns da Ribeira Sacra

No interior, a Ribeira Sacra sorprende pola espectacularidade das súas paisaxes. Os ríos Sil e Miño escavaron profundos canóns cuxas ladeiras albergan viñedos cultivados desde hai séculos, mosteiros históricos e bosques que convidan a camiñar.

Un paseo en catamarán ou en kaiak ofrece unha perspectiva privilexiada desta paisaxe singular, mentres que as rutas de sendeirismo e os miradoiros permiten contemplala dunha forma única. Completa a experiencia visitando unha adega para coñecer de preto a tradición da viticultura heroica.

Descubrir o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada forman o único parque nacional de Galicia e constitúen un dos espazos naturais máis valiosos do litoral atlántico.

As súas praias, sendeiros sinalizados e ecosistemas protexidos converten estas illas nun destino ideal para quen desexa gozar da natureza en estado puro. Camiñar ata un faro, observar aves mariñas ou contemplar o océano desde algún dos seus miradoiros son algunhas das experiencias que fan de cada visita unha lembranza inesquecible.

A forza do Atlántico na Costa da Morte

A Costa da Morte ofrece unha paisaxe moldeada polo océano, onde faros, cantís e vilas mariñeiras narran séculos de historia vencellada ao mar.

Localidades como Fisterra, Muxía ou Camariñas convidan a percorrer paseos marítimos, descubrir tradicións artesanais e gozar dalgúns dos solpores máis espectaculares de Galicia.

Entre montañas e natureza en estado puro

As montañas convidan a descubrir unha contorna onde a natureza é a gran protagonista. Espazos como Os Ancares ou a Serra do Courel ofrecen bosques centenarios, ríos de augas cristalinas, vales e sendeiros que atravesan algunhas das paisaxes mellor conservadas do noroeste peninsular.

Aquí o verán vívese ao ritmo da montaña, camiñando entre carballeiras e soutos, descubrindo miradoiros naturais, respirando aire puro e gozando dunha biodiversidade excepcional.

Unha experiencia que se completa coa visita a pequenas aldeas de arquitectura tradicional e unha gastronomía elaborada con produtos locais.

Costa e interior, patrimonio e natureza, tradición e gastronomía. Galicia ofrece plans para todos os gustos e formas de viaxar, convertendo cada escapada nunha oportunidade para descubrir novas paisaxes e vivir experiencias auténticas. Que comecen as vacacións!

Guía de celebracións gastronómicas de marisco e viño en Galicia este verán
O verán en Galicia é sinónimo de praias, natureza, patrimonio… e tamén de gastronomía. Durante os meses de xullo e agosto celébranse algunhas das citas gastronómicas máis agardadas do ano, nas que o produto local, a tradición e o ambiente festivo son os grandes protagonistas.

Do marisco ao peixe, pasando polos viños con denominación de orixe galega, propoñémosche un percorrido por algunhas das festas gastronómicas de Galicia declaradas de Interese Turístico. Imos aló!

Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira na Guarda

Do 3 ao 7 de xullo

A lagosta atlántica é a gran protagonista desta celebración que rende homenaxe a un dos produtos máis emblemáticos da Guarda. Ademais das degustacións de marisco e cociña mariñeira, o programa inclúe música, teatro, unha feira de artesanía e visitas guiadas pola Ruta das Cetáreas, que permite coñecer a historia da conservación tradicional do marisco na vila.

Festa do Polbo de Mugardos

11 de xullo

Dentro das Festas do Carme, Mugardos dedica unha xornada ao seu prato máis representativo: o polbo á mugardesa, elaborado cunha característica salsa de cebola e pementos. Máis dun milleiro de quilos de polbo sérvense cada ano no paseo marítimo grazas ao traballo de centos de voluntarios, nun ambiente animado por charangas e música popular.

Festa da Pescada do Pincho de Celeiro

18 de xullo

A pescada capturada artesanalmente con anzol protagoniza esta cita gastronómica nun dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia. Os visitantes poden degustala en diferentes receitas tradicionais mentres gozan da música e da tradicional queimada. A Pescada do Pincho de Celeiro foi o primeiro produto fresco do mar recoñecido co selo Galicia Calidade.

Festa da Vieira de Cambados

Do 16 ao 19 de xullo

Cambados celebra a única festa dedicada á vieira comercializada no porto de Tragove. Degustacións, demostracións culinarias, concursos gastronómicos, actividades náuticas e música mariñeira converten esta cita nunha das máis concorridas do verán, nun contorno de gran valor patrimonial xunto á ría de Arousa.

Festa do Viño Albariño de Cambados

Do 28 de xullo ao 2 de agosto

Considerada unha das grandes celebracións do viño en Galicia, reúne miles de visitantes arredor das adegas da D.O. Rías Baixas. Pasear pola rúa da Calzada, degustando albariños directamente dos seus produtores, é unha experiencia imprescindible, xunto con concertos, actividades culturais e o prestixioso concurso oficial de cata.

Feira do Bonito de Burela

Do 1 ao 2 de agosto

Burela, un dos principais portos boniteiros de Galicia, dedica a súa gran festa ao bonito do norte. Durante a fin de semana pódense degustar distintas elaboracións deste peixe mentres a localidade se enche de música, actividades culturais e arte urbana grazas ao certame internacional de pintura mural Amarte.

Festa do Percebe de Aguiño

Do 2 ao 8 de agosto

O percebe de Aguiño, recollido nalgúns dos cantís máis expostos da costa galega, protagoniza esta celebración que pon en valor o traballo artesanal dos percebeiros. Showcookings, obradoiros mariñeiros, música tradicional e degustacións achegan ao visitante un dos mariscos máis apreciados do Atlántico.

Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa

Do 7 ao 10 de agosto

Esta celebración homenaxea dous produtos fundamentais para a historia conserveira e a economía local: o mexillón e o berberecho. As degustacións gastronómicas combínanse con actividades populares e unha gran implicación veciñal, reflectindo o forte vínculo entre a tradición mariñeira e a identidade do municipio.

Festa da Lamprea Seca de Arbo

Do 8 ao 10 de agosto

Arbo demostra que a lamprea tamén pode gozarse fóra de tempada grazas á súa tradicional elaboración en seco. Durante a festa é posible degustala en distintas receitas, acompañada de viños da D.O. Rías Baixas, ademais de participar en actividades populares, feira de artesanía e visitas ao Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea.

Festa do Polbo do Carballiño

10 de agosto

Unha das grandes referencias gastronómicas de Galicia reúne cada ano milleiros de persoas arredor do polbo preparado polas históricas polbeiras de Arcos. O Parque Municipal convértese nunha gran romaría onde, ademais do polbo, non faltan o viño do Ribeiro, o pan de Cea, a empanada e a música tradicional.

Festa da Ameixa do Carril

10 de agosto

A ameixa do Carril é a protagonista desta cita gastronómica que se celebra xunto á ría de Arousa, con vistas á illa de Cortegada. Durante a fin de semana pódense degustar diferentes preparacións, especialmente a clásica ameixa á mariñeira, acompañadas de viño albariño e un concurso de cociña dedicado a este prezado bivalvo.

Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga

Do 23 ao 31 de agosto

Esta celebración combina a degustación de anguía do río Ulla coa tradición das augardentes artesanais elaborados en Valga. Ademais de probar diferentes receitas e destilados, o programa inclúe unha popular queimada, demostracións tradicionais, concertos e actividades culturais para toda a familia.

Festa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra de Miño

Do 29 ao 31 de agosto

A Fortaleza de Salvaterra acolle unha das festas do viño máis veteranas de Galicia. Os viños da subzona Condado do Tea da D.O. Rías Baixas acompáñanse de gastronomía local, concertos e as populares noites gastronómicas. O domingo celébrase o nomeamento de confrades e a elección dos Viños Deliciosos do ano.

Cada unha destas celebracións é unha oportunidade para descubrir o territorio a través dos seus produtos, coñecer as tradicións das súas vilas e gozar do ambiente festivo que caracteriza o verán galego.

Turismo sostible nas Reservas da Biosfera de Galicia
Se estás pensando en pasar uns días en Galicia, hai algo que vai moito máis alá das súas praias, a súa gastronomía ou as súas vilas con encanto… a súa natureza en estado puro. E unha das mellores formas de descubrila é a través das Reservas da Biosfera.

Son espazos recoñecidos pola UNESCO dentro do programa Home e Biosfera (MaB), creados para demostrar que é posible conservar a natureza mentres se vive e se goza do territorio de forma sostible.

En Galicia hai sete Reservas da Biosfera que, en conxunto, ocupan preto dunha cuarta parte do territorio.

As sete Reservas da Biosfera galegas

Terras do Miño

Moi preto de Lugo espérate unha paisaxe onde a auga o marca todo. O río Miño, as zonas húmidas e os bosques de ribeira crean un contorno perfecto para pasear, facer rutas suaves e desconectar rodeado de natureza.

Área de Allariz

Un lugar onde natureza e coidado do contorno van da man. Pasear por Allariz é descubrir unha paisaxe tranquila, co río Arnoia como protagonista e un casco histórico que é exemplo de recuperación e sustentabilidade.

Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Se che gustan as paisaxes de montaña, este é o teu sitio. Aquí atoparás aldeas tradicionais, bosques autóctonos e unha biodiversidade sorprendente en cada estación do ano.

Río Eo, Oscos e Terras do Burón

Un territorio verde e sereno onde o río Eo debuxa vales e paisaxes de transición entre Galicia e Asturias. Ideal para quen busca calma, natureza e turismo sen présas.

Gerês-Xurés

Un espazo único compartido con Portugal. Montañas, sendeiros, termas naturais e fauna salvaxe nun contorno que invita a camiñar, respirar e deixarse levar pola paisaxe.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Moi preto da Coruña, este territorio combina costa, rías, vales e zonas rurais. Perfecto para descubrir como a sustentabilidade tamén forma parte de paisaxes vivas e próximas.

Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel

Canóns impresionantes, viñedos en terrazas e bosques profundos fan desta reserva unha das paisaxes máis espectaculares de Galicia. Un lugar que sorprende en cada curva do camiño.

Natureza viva e experiencias auténticas

As Reservas da Biosfera non son só espazos protexidos, son lugares onde a vida segue o seu ritmo e onde ti podes formar parte del, aínda que sexa por uns días.

Aquí apóstase por un turismo que respecta o contorno, apoia as comunidades locais e che permite gozar da natureza dunha forma máis consciente.

Se buscas unha Galicia diferente, máis tranquila e auténtica, estas sete reservas son un bo punto de partida. Agardámoste!