BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NO SORTEO PACK SENDEIRISMO TURISMO DE GALICIA E CAMIÑO DE SANTIAGO.

1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A empresa Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J organiza con fins promocionais o sorteo (en diante, “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

A Promoción iniciarase ás 12:00 horas do día 15 de novembro e finalizará o día 16 de decembro ás 12.00 horas.

Convocaranse 10 premios en 5 concursos, que se anunciarán os días 15, 22 e 29 de novembro; 6 e 13 de decembro de 2.022.

Os sorteos realizaranse en semanas alternas entre as contas de Instagram e Facebook de Turismo de Galicia (@turismodegalicia) e Camiño de Santiago (@camiño_xacobeo/@caminoxacobeo), resultando 3 sorteos no Instagram e Facebook de Camiño de Santiago (o 15 e 29 de novembro e 16 de decembro) e 2 sorteos no Instagram e Facebook de Turismo de Galicia (22 de novembro e 6 de decembro).

Cada convocatoria de concurso estará activa 72 horas desde o momento da súa publicación e terá dous gañadores.

3.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

  • Poderán participar, de forma gratuíta e voluntaria, aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.
  • Para poder ser considerado participante de pleno dereito, haberase de cumprir a mecánica da Promoción en Facebook / Instagram, descrita no apartado “Mecánica da promoción”
  • Os empregados da Axencia Turismo de Galicia ou os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores directa ou indirectamente relacionados con esta entidade pública, non poderán participar nesta promoción.
  • Repartiranse un total de 10 premios non acumulativos. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador nalgún dos 5 concursos non poderá volver ser elixido gañador).

4.- PREMIOS

O premio consiste en 1 pack composto de: unha mochila de trekking e un xogo de bastóns de fibra de carbono.

En total sortearanse 10 premios en 5 concursos, dous gañadores por semana.

5.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN

A selección dos dous gañadores realizarase ás 72 horas do lanzamento do sorteo e de forma aleatoria, a través da plataforma https://commentpicker.com/, entre os participantes que:

  • Sexan seguidores da conta de Facebook e de Instagram de Turismo de Galicia e/o Camiño Xacobeo, segundo onde se realice o sorteo cada semana.
  • Dean “Gústame” á publicación do concurso.
  • Etiqueten a unha persoa coa que gozar do premio na publicación do concurso.

O concurso realizarase en semanas alternas entre Facebook e Instagram de Turismo de Galicia e de Camiño de Santiago, resultando cada semana 2 gañadores en total.

  • Semana 1: sorteo de 2 premios o 15 de novembro entre os seguidores das contas de Facebook e Instagram de Camiño de Santiago.
  • Semana 2: sorteo de 2 premios o 22 de novembro entre os seguidores das contas de Facebook e Instagram de Turismo de Galicia.
  • Semana 3: sorteo de 2 premios o 29 de novembro entre os seguidores das contas de Facebook e Instagram de Camiño de Santiago.
  • Semana 4: sorteo de 2 premios o 6 de decembro entre os seguidores das contas de Facebook e Instagram de Turismo de Galicia.
  • Semana 5: sorteo de 2 premios o 16 de decembro entre os seguidores das contas de Facebook e Instagram de Camiño de Santiago.

Do mesmo xeito elixiranse 2 suplentes para o caso no que algún dos gañadores non responda no prazo de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do concurso nas contas de Turismo de Galicia ou Camiño de Santiago e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a.

Turismo de Galicia ou Camiño de Santiago publicarán os gañadores de cada concurso nas súas contas de Facebook e Instagram e enviarán unha mensaxe aos gañadores informándolles do premio e solicitando a súa identificación.

Os dous gañadores deberán comunicar a aceptación do premio nas 24 horas seguintes ao envío da mensaxe por parte de Turismo de Galicia, mediante o envío dun correo electrónico a través da conta marketingturgalicia@gmail.com coa súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e un teléfono de contacto, correo electrónico e a dirección onde queren recibir o premio.

Os gañadores autorizan a publicación dos seus nomes de Facebook / Instagram nas redes sociais de Turismo de Galicia/ Camiño Xacobeo.

Estes datos serán utilizados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar eventuais continxencias unha vez aceptado.

6.- ACEPTACIÓN

A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade. Ao aceptar o premio, o gañador asume todos os gastos nos que incorra, salvo os que expresamente estean incluídos na promoción en cuestión, así como a responsabilidade que se poida derivar da recollida e utilización do devandito premio.

7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude  desta Promoción.

Turismo de Galicia resérvase o dereito para excluír automática e inmediatamente da mesma a calquera participante que transgreda as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas Bases.

8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros  que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.

Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.

10.- FACEBOOK

A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito  a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

11.- INSTAGRAM

Instagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram, e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Turismo de Galicia e non a Instagram.

12.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é a Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J.

Cada participante coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo e para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros  medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamiento e portabilidad mediante o envío dun correo electrónico a lopdturga@xunta.gal  ou ben mediante carta dirixida ó seguinte enderezo: Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 Santiago de Compostela, achegando en ambos os casos copia do DNI.

13.- CAMBIOS

Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

14.-FISCALIDADE

A celebración do previsto sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.

15.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.