BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NO SORTEO OUTONO GASTRONÓMICO

1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A empresa Empatía Comunicación S.L. con domicilio en Polígono Río do Pozo Parcela 1-3, Local 29 15573 de Narón, A Coruña e C.I.F. B70165024 (en diante,”Empatía Comunicación”) contratada pola Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F Q-1500394- J, organiza con fins promocionais o sorteo (en diante, “promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios maiores de idade de acordo con o disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
A promoción iniciarase ás 09:00 horas do día 18 de setembro e finalizará o día 6 de novembro ás 12:00 horas.

Convocaránse 7 premias en 7 concursos, que se anunciarán os días de 18 e 26 de setembro, 3,10,16 e 24 de outubro, e 3 de novembro.

Cada convocatoria de concurso estará activa 72 horas desde o momento da súa publicación.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

• Poderán participar, de forma gratuíta e voluntaria, aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos, previamente rexistradas na rede social de Facebook e lnstagram cun único usuario real e que sigan á Axencia Turismo de Galicia.

• A mecánica da Promoción en Facebook e lnstagram consiste en responder correctamente ás preguntas expostas.

• Non poderán participar nesta promoción os traballadores da Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.

• Repartiranse un total de 7 premias non acumulativos. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador nalgún dos 7 concursos non poderá volver ser elixido gañador).

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

Elixirase aleatoriamente 1 gañador dunha Fin de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas (noites de venres e sábado, con almorzos incluídos) e dous menús por persoa a degustar durante esta fin de semana, a elixir entre os establecementos de Turismo Rural adheridos ao Outono Gastronómico que inclúan a modalidade Fin de semana Outono Gastronómico: https://www.turismo.gal/que-facer/outono-gastronomico?langld=gl ES.

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso de que o gañador non responda no prazo de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do concurso e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a. Poderase elixir calquera fin de semana entre o 15 de setembro e o 17 de decembro agás as fins de semana do 13 ao 15 de outubro e do 8 ao 10 de decembro.

5.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN

A elección dos gañadores efectuarase ao día seguinte do lanzamento do sorteo e de xeito aleatorio, a través da plataforma https://commentpicker.com/, entre os participantes que:

– Respondan correctamente as preguntas expostas.

– Sexan seguidores da conta de Facebook e lnstagram da Axencia Turismo de Galicia.

– Den “like” á publicación do concurso.

– Etiqueten a unha persoa coa que gozar do premio.

O concurso realizarase no Facebook e lnstagram da Axencia Turismo de Galicia, resultando cada semana 1 gañador da devandita rede social

– Semana 1: sorteo 1 premio o 18 de setembro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

– Semana 2: sorteo 1 premio o 26 de setembro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e Instagram

– Semana 3: sorteo 1 premio o 3 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

– Semana 4: sorteo 1 premio o 10 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

– Semana 5: sorteo 1 premio o 16 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

– Semana 6: sorteo 1 premio o 24 de outubro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

– Semana 7: sorteo 1 premio o 3 de novembro entre os seguidores da Axencia Turismo de Galicia en Facebook e lnstagram

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso no que algún dos gañadores non responda no prazo de 24 horas -a contar dende a data e hora da publicación do resultado do concurso na conta de Axencia Turismo de Galicia e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a-. A Axencia Turismo de Galicia poderá publicar na súa conta de Facebook e/ou lnstagram os gañadores de cada concurso e enviará unha mensaxe directa informándolles do premio e solicitando a súa identificación. Os gañadores terán que comunicar a aceptación do premio nas 24 horas inmediatamente posteriores á publicación dos gañadores e envío da mensaxe por parte da Axencia Turismo de Galicia, mediante un correo electrónico a través da conta outonogastronomico@gmail.com coa súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e un número de teléfono e correo electrónico de contacto.

O gañador autoriza a que o seu nome de Facebook e lnstagram sexa publicado nas redes sociais da Axencia Turismo de Galicia. Do mesmo modo, informaráse aos demáis elixidos da súa condición de suplentes, solicitando faciliten un número telefónico de contacto directo ao mesmo enderezo electrónico para a súa posterior localización e requerimento de documentación, se é o caso.

Se o gañador non reclama o premio antes de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do sorteo, entenderase que o rexeita, pasando o premio
ao primeiro suplente elixido, o cal será contactado telefónicamente. Se este tampouco remite a documentación solicitada, o premio pasará ao segundo suplente, e despois ao terceiro, quedando deserto se ningún deles responde.

Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.

6.-ACEPTACIÓN E MODIFICACIÓN DAS BASES

A mera participación nesta campaña comercial supón a aceptación íntegra destas bases legais. A organización resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento, calquera modificación, supresión e/ou adición ás presentes Bases legais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos usuarios.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de suspender o concurso, por causa xustificada e nos supostos previstos nas presentes bases.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de efectuar cambias que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levalo a termo na forma en que recollen as presentes bases.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o gozo do premio.

Empatía Comunicación queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impedise a súa
identificación.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de emprender acc1ons xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.

7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a sú participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premias outorgados en virtude desta Promoción.

Empatía Comunicación resérvase o dereito de excluír automática e inmediatamente da mesma a calquera participante que transgreda as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medias fraudulentos ou incumpra estas bases.

8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarias ou opinións cuxo contido se considere inapropiado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarias contra un particular que vulneren os principias de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarias que fagan os participantes na promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, Empatía Comunicación non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción, así como tampouco do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta promoción.

Empatía Comunicación non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da promoción ou o goce total ou parcial do premio.

10.- FACEBOOK

A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

11.- INSTAGRAM

lnstagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de lnstagram, e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Empatía Comunicación e non a lnstagram.

12.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é Empatía Comunicación con domicilio en Polígono Río do Pozo Parcela 1-3, Local 29 15573 de Narón, A Coruña e C.I.F. B70165024.

Cada participante, coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo, consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo e para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medias de comunicación electrónica.

lnformámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío dun correo electrónico a info@empatiacomunicacion.com ou ben mediante carta dirixida á seguinte direción: Polígono Río do Pozo Parcela 1-3, Local 29 15573 de Narón, A Coruña, achegando en ambos os casos copia do DNI.

13.-FISCALIDADE

A celebración do previsto sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.

14.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.