Que facer en Galicia do 4 ao 10 de outubro

Non te perdas os acontecementos desta semana coa nosa Axenda. 

San Froilán. Lugo

Esta semana comeza en Lugo unha das festas máis importantes de Galicia.

A peculiaridade das festas patronais de San Froilán, que se celebran desde 1754, é o gran atractivo que teñen para todo o resto de Galicia. De feito, nas dúas fins de semana que abarca, Lugo convértese no epicentro da vida social de Galicia, ao redor das que son consideradas as festas do outono galego por excelencia.

Case dez días (do 4 ao 12 de outubro) nos que poderemos gozar de música, actuacións e exposicións, pero sobre todo é unha boa ocasión para coñecer a cidade e a súa gastronomía.

Toda a información e o programa aquí.

Écociña no Camiño

Écociña no Camiño, é unha iniciativa que busca visibilizar prácticas sostibles da hostalería no Camiño de Santiago e promocionar a gastronomía propia e os produtos galegos entre peregrinos e turistas.

Ao longo da semana realizaranse unha serie de presentacións en diferentes puntos das rutas xacobeas nas que, ademais de degustar produtos da zona elaborados por cociñeiros do lugar, farase un labor pedagóxico sobre as vantaxes da cesta da compra de proximidade e o compromiso coa sustentabilidade, complementado a formación recibida polos restauradores.

Ademais, os peregrinos poderán gozar de tres acciones emprazadas no propio Camiño, con degustacións de balde nunha “prazaneta” e actividades abertas ao público nas prazas de abastos de Vilanova de Arousa, Ourense e Baiona.

Xornadas do Viño de Galicia

Esta semana as Xornadas de Portas abertas das Rutas do Viño de Galicia 2021 achégannos ata a  D.O. de Valdeorras. Contarán con visitas a adegas, rutas, catas e moitas actividades máis. Tamén existe un servizo de bus. Tes toda a información na web.

Outono Gastronómico

E lembra que podes seguir gozando do 15º Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia. A campaña ofrece a posibilidade de gozar dunha gastronomía saborosa facendo unha escapada individual, en parella, con amigos ou en familia. 

Desde o 17 de setembro ata o 19 de decembro de 2021* nas casas de Turismo Rural de Galicia. 

As casas rurais participantes ofrecerán dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión. 

Toda a información en:  https://www.turismo.gal/que-facer/outono-gastronomico?langId=é_É

Festivais de Galicia

Do 7 ao 12 de outubro tes a oportunidade de gozar da última cita dos Festivais de Galicia 2021. Vigo acollerá a 13 artistas entre o que se atopan Mala  Rodriguez,  Rigoberta  Bandini,  Sila  Lua e outros.

https:// festgalicia. gal/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *