29 de abril – 08 maio
Festa do Choco (Redondela, Pontevedra)
Desde os anos 80, Redondela celebra esta festa de exaltación do choco que procede da Enseada de San Simón, acabando por reunir a máis de 30.000 persoas e 5.000 quilos de consumo.
Na carpa da Alameda poderase degustar este cefalópodo preparado de diversas formas polos restaurantes da vila, desde as receitas máis tradicionais ata as máis vangardistas.
A actividade por excelencia desta festa, é o concurso gastronómico no que calquera pode participar. Os premios para entregar son en diferentes modalidades: á mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos. Tamén conta con outras actividades festivo-culturais, como as bandas de música, os deportes e os xogos infantís, entre outras.
29 abril – 01 mayo
Feira exposición exaltación do viño da zona do Ribeiro (Ribadavia, Ourense)
Ribadavia celebra desde 1963 esta festa adicada aos seus viños de Denominación de Orixe do Ribeiro, a feira vitivinícola máis antiga de Galicia e declarada de interese turístico nacional.
A feira volve este ano para mostrar o potencial deste produto de fama e tradición milenaria, elemento de identidade por excelencia da comarca. Esta Feira Exposición do Viño do Ribeiro brinda a oportunidade de coñecer e catar a variedade de caldos, brancos e tintos das adegas e colleiteiros da zona, elaborados nas terras dos ríos Miño, Avia e Arnoia.
Os primeiros días da feira están orientados aos profesionais do sector, con xornadas técnicas nas que participan hostaleiros, importadores, restauradores e prensa especializada. A fin de semana, o público participa nun concurso de cata popular e organízase un mercado artesanal na Praza da Madalena.
O programa abarca diversas actividades co fin de exaltar os viños do Ribeiro: deporte, animacións musicais, verbenas e unha exposición de maquinaria agrícola.
30 abril – 01 mayo (20:00-21:00)
Festa da Troita (A Pontenova, Lugo)
Na praza do concello terá lugar a Festa da Troita da Pontenova, na Mariña Lucense. Desde hai 30 anos, esta festa atrae aos pescadores de toda Galicia, Asturias e outras comunidades ata o escenario da festa: o río Eo, fonte de vida e traballo dos habitantes da Pontenova e un dos símbolos do concello, por ser o río salmonero por excelencia de toda Galicia.
A maioría participan no concurso de pesca deportiva de troita, declarado como concurso de interese deportivo a nivel nacional pola Federación Nacional de Pesca. Os premios entréganse para quen consiga o maior número de pezas, para quen pesque a troita de máis peso e para o concursante de menor idade.
O día 1 de maio celébrase o concurso de pesca pola mañá, e pola noite ofrécese unha degustación gratuíta de troitas na praza do Concello. A festa conta con actividades deportivas, pasacalles, exposicións, demostracións de pesca, doma de cabalos e a verbena.
01 mayo (11:00)
Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito, Lugo)
A veciña de Cospeito Marica Campo foi quen compuxo a “Oda á filloa” para enxalzar unha das máis afamadas mostras da repostería tradicional galega: o coñecido como crêpe noutros sitios e que recibe o nome de filloa ou freixó en Galicia.
A Festa da Filloa naceu co obxectivo de recadar fondos para a organización da Mostra Exposición Muimenta. Este certame anual de carácter gandeiro, abarca a Exposición de Raza Loura Galega, o Concurso de Raza Frisoa, unha exposición de maquinaria agrícola e unha poxa de gando selecto. Desde entón, os habitantes de Muimenta conseguiron devolver a filloa ao lugar que lle correspondía na gastronomía da zona, ademais de recuperar os ferros típicos para a súa elaboración.
Desde 1992, celébrase esta festa gastronómica na parroquia de Muimenta, coincidindo co Día dos Traballadores. Filloeiras e filloeiros elaboran miles de filloas a base de auga, fariña, sal e ovo, para degustar xunto co churrasco e os chourizos criollos, típicos desta festa. No recinto feiral haberá tanto artesáns como zoqueiros, ferreiros ou cesteiros que venden os seus deseños e realizan demostracións dos seus vellos oficios.
1 maio
Festa dos Maios de Ourense (Ourense, Ourense)
Antigamente, as festas dos maios celebrábanse por motivo da chegada da primavera, tempada de obtención de boas colleitas. Actualmente, son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno.
Destaca a exposición dos maios ourensáns que leva a cabo na Alameda do Concello, na que se constrúen figuras a base de elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus, e máis. Logo cántase ao redor delas con acompañamento de paus, coplas, cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.
Existen varios tipos de construcións: as figurativas, as enxebres -predominan as de forma cónica ou piramidal elaboradas con armazóns de varas ou canas, recubertas con plantas e decoradas con laranxas bravas e ovos- ou as artísticas -representacións máis modernas de monumentos, hórreos, barcos e outros-. Ademais, todos os anos convócase un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de colectivos sociais e culturais.