Que facer en Galicia do 23 ao 29 de agosto

Terminamos agosto cunha axenda repleta de eventos. aquí deixámosvos algúns dos máis interesantes:

Rapa das Bestas. Sabucedo

Festa de Interese Turístico Internacional que este ano, por mor da pandemia por COVID-19, cambia de data e celébrase os días 27, 28 e 29 de agosto.

Debido á pandemia, as actividades centraranse na baixada, rapa, marcaxe, identificación e  desparasitación dos animais, e non se realizará o tradicional curro do luns nin a habitual verbena nocturna.

Podes reservar a túa praza na web:  rapa das bestas.

Festa da Istoria. Ribadavia

Este ano a  Festa da Istoria celebrarase en formato reducido e toda a actividade terá lugar no interior do Castelo dos Sarmiento o vindeiro sábado, 28 de agosto.

Contará con música, baile medieval, espectáculo de esgrima, mercado de artesanía e un desfile de traxes da época. 

A entrada no castelo estará controlada e haberá unha porta de entrada e outra de saída.

Concertos  na fin  do Mundo. Muxía

A música e a paisaxe son os protagonistas principais destes concertos, que esta semana terá lugar o venres 27 de agosto, no faro Punta da Barxa, en Muxía.

O evento comezará ás 20:30 cunha sesión  DJ da man de Russinha e seguirá ás 21:00 horas coa actuación da artista emerxente Margarida Mariño. Ás dez da noite gozaremos da actuación de Doce Pontes.

 https://concertosnafindomundo.es/faro-punta-dá-barca- muxia/

Barbeira Season Fest 2021. Baiona

A terceira edición do Barbaría Season Fest celebrarase os días 27, 28 e 29 de agosto en Baiona e continúa promovendo valores ecolóxicos, nunha localización idílica e contando con grandes artistas nacionais e internacionais.

Este festival está relacionado directamente co Camiño de Santiago, concretamente ca Ruta Portuguesa pola Costa.

https://seasonfest.es/

Resurrection Fest Estrela Galicia Limited 2021. Viveiro

Este famoso festival de rock celebrarase, este ano, en formato reducido do 26 ao 28 de agosto no Campo de fútbol de Celeiro. 

Baixo o abanico do Xacobeo 2021-22, contará con todas as medidas de seguridade e prevención posíbeis. Esas medidas serán público sentado, aforo reducido, distancia social, máscaras e desinfección.

Asistirán grandes artistas internacionais de diferentes estilos e bandas nacionais e galegas.

https://www.resurrectionfest.es/limited/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará