Que facer en Galicia do 20 ao 26 de setembro

Como todas as semanas traémosvos algunhas das festas, eventos ou concertos máis significativos desta semana:

LIII Feira Cultural do Cocido. Lalín

Festa de Interese Turístico Internacional desde 2020, que este ano se realizará de forma simbólica do 23 ao 26 de setembro.  Ao longo destas xornadas os asistentes poderán gozar as diferentes actividades culturais que se organizan con motivo desta festa e que este ano contará co recoñecido chef Pepe Solla como pregoeiro.

Play-Doc 2021. Tui

Do 22 ao 26 de setembro o festival internacional de cinema presenta o seu  XVII edición en Tui.

Play-Doc regresa con forza e retoma o seu carácter máis internacional con obras de cineastas consagrados, contando coa presenza de verdadeiras lendas do cinema documental, con directores emerxentes e unha selección do cinema galego máis recente.

Baixo o nome Cinema Percorridos II: Visións Nocturnas, o festival aposta de novo por unha experiencia única onde o cinema transformará o espazo público e dialogará cos espectadores a través dun percorrido nocturno pola cidade monumental de Tui.

http://www.play-doc.com/

Melona Festival 2021. Santiago de Compostela

A quinta edición deste Festival de música pop, rock e urbana celébrase do 22 ao 26 de setembro de 2021.

Polo momento, o cartel conta coas bandas Adeus Amores, Mozo Blanco e Paco Moreno como avance.

O prezo é para o Abono Completo en oferta limitada aos primeiros 50 compradores.

https://www.laganzua.net/conciertos/melona-festival-2021- santiago-de- compostela-974055

Festival Mare. Santiago de Compostela

Tamén esta semana, do 23 ao 26 de setembro, celébrase en Santiago de Compostela o Festival de músicas e artes atlánticas Maré, cunha proposta ambiciosa de música e arte de ambas beiras do Atlántico.

https:// mare. gal/

Imos ter máis que palabras. Ourense

Imos ter máis que palabras é un Festival de arte e poesía  para todos os públicos, unha maneira de achegarse á poesía desde todos os puntos posibles, lonxe de elitismos e regras estritas. Terá lugar o xoves 23 de setembro ás 21:00 horas no Teatro Principal de Ourense.

https://www.teatroprincipalourense.com/espectaculo/festival-de- poesia- imos- ter- mais-que-palabras. htm

Concerto Amaral. Vigo

Parece que por fin se vai a celebrar o concerto do grupo zaragozano en Vigo. Despois de varias cancelacións será este sábado 25 de setembro na praia de Samil. A entrada é de balde previa reserva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *