O 16 de agosto celébrase o día de San Roque, un santo moi popular en Galicia e festa en numerosas localidades. Destacan as Festas de San Roque de Sada, Vilagarcía de Arousa, tamén coñecida popularmente como a Festa da Auga, e Betanzos, cos seu popular globo de papel.
Nesta última localidade tamén se celebran, o 18 e o 25 de agosto, o denominado “jira de os Caeiros” no río Mandeo, aínda que este ano o acceso á romaría estará restrinxido.
O mesmo día 16 de agosto celébranse en Hío, Pontevedra, as Danzas Ancestrais de San Roque. Despois dos oficios relixiosos o Cruceiro de Hío é o escenario no que se interpreta a tradicional danza coñecida como Danza de San Roque ou «Dos Peregrinos» que data do século XIV e da que se conservan varias hipóteses sobre a súa orixe.
Ademais esta semana poderemos gozar tamén de:
Festival de Habaneras. A Coruña
Do 17 ao 22 de agosto celébrase na cidade da Coruña o tradicional Certame de Habaneras coa participación de 15 agrupacións que nesta ocasión son as seguintes:
Martes 17
Coro Vocalisse e Agrupación Amizades
Mércores 18
Coral Polifónica Recordos, Coral Polifónica Canticorum e Orfeón Alcoa
Xoves 19
Coral Agrupación Gaiteira e Coral Polifónica Follas Novas
Venres 20
Coral Polifónica O Eco, Coral Polifónica de Brétema e Cantigas da Terra
Sábado 21
Coral Polifónica San Roque, El Acorde secreto e Orfeón Herculino
Domingo 22
Coral Sporting Club Casino e Tuna de Veteranos
Concertos na Fin do Mundo.
O sábado 21 de agosto comeza o primeiro dos catro concertos do ciclo musical “Concertos na Fin do Mundo” que conta co seguinte programa:
- 21 de agosto no faro de Cabo Silleiro (Baiona)
- 27 de agosto no faro Punta da Barca (Muxía)
- 3 de setembro no faro de Corrubedo (Ribeira)
- 10 de setembro no faro de San Cibrao (Cervo)
Trátase dunha oportunidade única para coñecer Galicia a través dun formato que fusiona patrimonio, paisaxe, cultura e música con propostas moi especiais que poderedes coñecer a partir do 16 de agosto a partir das 10:00 h. na seguinte páxina web, onde tamén se poñerán á venda as entradas o día 17 de agosto ás 10:00 h: