Que facer en Galicia do 15 ao 21 de outubro?

Aínda non sabes que facer do 15 ao 21 de outubro? Nestasta semana avecíñanse uns días cargados de diversión nos que podes participar do folclore máis arraigado, unha obra de teatro cargada de mensaxes e un festival de música afroamericana na honra á gran Aretha  Franklin. Estas son as citas que non podes perder:

As San Lucas

Do 17 ao 21 de outubro –  Mondoñedo, Lugo

As San Lucas, no municipio de Mondoñedo (Lugo), é unha tradicional feira de gando declarada Festa de Interese Turístico en Galicia. Trátase dunha festa que se remonta ao ano 1156, cando Alfonso VII concedeu o dereito para celebrar unha feira durante oito días.

Hoxe en día, en cambio, a duración das festas é de cinco días e conta cun programa festivo particular que podes consultar na páxina oficial do Concello: http://www.mondonedo.net/content/view/44/57/lang,es/. Ademais do pregón de inicio, a feira ‘cabalar, os concursos de gando, as exhibicións de cans e de maquinaria. Outro dos protagonistas dos festexos é o mercado de produtos agroalimentarios, que este ano conta cunha dedicación especial á agricultura ecolóxica.

Por suposto, tampouco faltan as verbenas ou concertos. Este ano os asistentes poderán bailar ao ritmo das orquestras París de Noia e Panorama e gozar coas melodías de Carlos Núñez.

Festival de Artes Escénicas de  Persoas con Discapacidade Intelectual 2018

Xoves 18 de outubro – Pontevedra

O Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual, sobe aos escenarios de novo para mostrar as capacidades das persoas que sofren algún tipo de discapacidade intelectual. Nesta ocasión, estarán na Sede A Fundación da capital pontevedresa, ás 20:00 horas, interpretando a súa obra ¡Peter! ¡Volamos!

Trátase dunha representación musical baseada na historia de Peter Pan que nos mostrará unha vez máis a importancia da inserción social poñendo o foco no talento e favorecendo unha visión positiva deste colectivo. Non podes faltar! A entrada é gratuíta e o elenco de actores inmellorable.

Outono Códax Festival 2018

Venres 19 de outubro – Santiago de Compostela, A Coruña

O Outono Códax Festival, celébrase unha vez máis na capital galega. Santiago de Compostela acolle desde o próximo 19 de outubro o festival galego de música negra. Trátase dun ciclo de cinco concertos que combina estilos como o soul, o rythm & blues, o swing, o funk e o rock & roll clásico.

Marca en vermello o día e ven á inauguración desta edición 2018 coas actuacións de The Tibbs -e a espectacular voz da súa vocalista Elsa Bekman- ou as neoyorkinas The Rad Trads. Non perdas detalle das novidades na páxina web do festival http://outonocodaxfestival.com/outono18/outono-codax-2018-g/ e decide entre abono ou entrada por día en http://bit.ly/EntradaOutonoCodaxFestival

Está claro que en Galicia sempre hai algo que facer. Por iso, mantente ao tanto e anota as datas que máis che interesen da nosa axenda cultural http://bit.ly/AxendaCulturalGalicia Seguro que atopas o plan perfecto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *