Que facer en Galicia do 13 ao 17 de maio

Hoxe empeza unha fin de semana longa para os galegos que vén cargado de actos culturais, festas e música, moita música.

Festa do Salmón – A Estrada – 13,14 e 15 de maio

A Estrada recupera a súa tradicional festa gastronómica cunha fin de semana cargada de actividades coa gastronomía como protagonista.

O prato forte celebrarase o domingo, de 12:00 a 15:00 horas, coa degustación popular na  Praza  do Mercado.

Romaría Etnográfica Raigame – Vilanova dos Infantes – 17 maio

Chega o 17 de maio e as prazas e rúas de Vilanova dos Infantes énchense de postos de artesáns que ofrecen ao visitante os seus produtos e mostran o seu oficio. Unha festa chea de tradición que este ano chega á súa 19ª edición.

Percorre esta fermosa localidade ourensá e goza da ambientación das súas rúas cos artesáns,  gaiteiros e bailaríns.

http://www.raigame.gal/

XXVII Mostra de Viños da Ribeira Sacra – Pantón – 14 e 15 de maio

Este ano o certame contará coa participación de oito adegas e un bo programa de actividades durante toda a fin de semana. 

Para maior interese lembrámosvos que o sábado terá lugar a IV Festa da Empanada, no recinto de O Castro. 

Contará cun servizo de buses que saen de Monforte de Lemos e  Escairón (O Saviñao).

https://turismo. ribeirasacra. org/é/noticias/ xxvii-mostra-de-viños-de-a- ribeira-sacra-de- panton

Rutas do Viño – O Ribeiro – 14 e 15 de maio

Comezan os Rutas do Viño e fano na zona do Ribeiro.

Ven gozar de actividades, catas, cultura e excursións por toda a zona. 

Consulta o programa e non perdas nada: https://www.xn--rutasviosgalicia-dub.gal/

Festival Cocidos no Camiño – Lalín – 14 e 15 de maio

Os próximos días 13 e 14 de maio celébrarase no Campo da Feira de Lalín o Festival Cocidos no Camiño que contará coa participación de cociñeiros de primeira liña, e estará amenizado con música de Tanxugueiras e Baiuca como cabezas de cartel.

https: // concertosdoxacobeo. gal/

Concerto White Lies e Charming Liars – Santiago de Compostela

Os londinienses tocarán o domingo 15 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela, a actuación enmárcase dentro do ciclo Xacobeo Importa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará