A industria cultural de Galicia celebra a súa gran feira anual e destaca nunha axenda na que tamén se deixan ver celebracións tradicionais, propostas musicais, citas coa arte e as primeiras manifestacións de que o Nadal se achega.
Culturgal
Do 29 de novembro ao 1 de decembro. Pontevedra
A Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, celebrará esta fin de semana a súa duodécima edición reunindo en Pontevedra a creadores de ámbitos diversos como a literatura, a música, o teatro e o audiovisual. O público poderá visitar 80 casetas diferentes e asistir a preto de 120 actividades.
Máis información aquí
Romaría de Santo André de Teixido
30 de novembro. Cedeira
O sábado é a festividade do Apóstolo Santo André, así que o santuario de Santo André vivirá tamén una das xornadas de romaría máis importantes do seu calendario anual. Os fieis regresarán a este lugar de peregrinación, ritos e lendas para cumprir cunha tradición secular.
Máis información aquí
Belén de Valga
A partir do 1 de decembro. Valga
Coa chegada do mes de decembro abre as súas portas en Valga o seu popular Belén Artesanal en Movemento. Máis de 3.000 pezas forman esta espectacular posta en escena preparada por un grupo de veciños e que ano tras ano atrae ata a localidade a miles de persoas. A súa singularidade propiciou que fose declarada celebración de interese turístico.
Máis información aquí
Galicia, un relato no mundo
Ata o 12 de abril. Santiago de Compostela
Unha selección de pezas de gran importancia histórica para a historia e a cultura desta terra e procedentes de diversos países do mundo danse cita na exposición que acaba de abrir as súas portas no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura. Trátase da primeira gran exposición organizada pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021.
Máis información aquí
Cineuropa
Ata o 28 de novembro. Santiago de Compostela
A presente edición do festival Cineuropa conclúe esta semana tras case un mes de cinema. Pero antes de despedirse, o público aínda poderá gozar de catro xornadas de proxeccións no Teatro Principal, o Salón Teatro e os Multicines Compostela, e da entrega de premios.
Máis información aquí
Outono Códax Festival
29 de novembro e 1 de decembro. Santiago de Compostela
Dúas son as citas que os responsables do Outono Códax Festival programaron para esta semana. O venres 29 actuará Andrew Combs (Sala Riquela) e o domingo 1 farano Gisele Jackson & The Shu ¡Shu’s e The Fabulous Resaca Brothers (Sala Capitol).
Máis información aquí