Turismo de Galicia estará presente esta fin de semana na feira turística Sevatur en San Sebastián

A feira ten lugar no Centro Kursaal de San Sebastián entre o 16 e o 18 de marzo e prevese que 18.000 visitantes coñezan a través do stand de Galicia

A presenza de Turismo de Galicia en Sevatur obedece á estratexia de consolidación do mercado nacional

Turgalicia e mais a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participará na feira turística SEVATUR que se desenvolve dende hoxe día 16 ata o 18 de marzo no Centro Kursaal de San Sebastián. Turismo de Galicia estará presente cun stand de deseño de 51 metros cadrados que difundirá a oferta xeral da Comunidade galega así como a do Camiño de Santiago específicamente.

A asistencia a ete evento enmárcase dentro da aposta de Turismo de Galicia por consolidar o mercado turístico nacional. Nesa estratexia, a feira SEVATUR ten demostrado constituír unha inversión de altísima rendibilidade para os expositores, que como Turismo de Galicia manteñen unha elevada fidelidade xa que o público medio que acude a este certame caracterízase polo seu alto poder adquisitivo e a súa cultura viaxeira.

A feira, dirixida a un público xeral, estará aberta durante os tres días nos que se celebra en horario de 10.30 a 14.30 h. e de 16.00 a 20.30 h. e ocupa unha superficie de 7.000 metros cadrados na que presentan os seus produtos 65 expositores tanto nacionais como estranxeiros, destacando entre os países participantes Arxentina, Exipto, Turquía, Polonia e Croacia. Este ano agárdanse 18.000 visitantes.

Mercado vasco
Segundo o INE, rexistráronse nos establecementos regrados de Galicia un total de 114.630 viaxeiros procedentes do País Vasco, un 3,9% do total de españois. O mercado vasco xerou preto de 300.000 pernoitas, o 4,2% do total nacional. É o sexto mercado español máis importante, sen contar neste caso ao galego.

En canto á importancia do mercado vasco dentro das peregrinacións a Santiago, no ano 2011 contabilizáronse 5.662 peregrinos desta orixe, que foron un 3,09 % do total, mentres que no último Ano Santo de 2010 chegaron 7.199, un 2,65 % do total.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *