TURGALICIA PUBLICA A GUÍA DE ALOXAMENTOS ACCESIBLES DA COMUNIDADE GALEGA

Editada en galego e castelán, inclúe 186 aloxamentos distribuídos polo territorio de Galicia

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, vén de publicar a Guía de aloxamentos accesibles de Galicia na que se detalla toda a oferta de establecementos adaptados para viaxeiros con discapacidade.

Esta guía, editada en galego e castelán, inclúe 186 aloxamentos entre accesibles e practicables distribuídos por toda a xeografía galega.

Así, nesta publicación, de 452 páxinas, detállanse as características dos 33 aloxamentos accesibles da Comunidade galega, así como os 153 practicables.

Tiraxe
A Guía de aloxamentos accesibles de Galicia, da que se tiraron 1.000 exemplares en galego e 300 en castelán, poderá atoparse nas oficinas de Turismo de Galicia.

Ademais, este folleto turístico xa se pode descargar en formato PDF no apartado de descargas da web www.turgalicia.es.

Presentación
Doutra parte, na parte de aloxamentos accesibles, aos que a guía dedica catro páxinas para cada un, inclúense as seccións de información xeral, accesibilidade física, accesibilidade visual e accesabilidade auditiva. En cada unha destas seccións se especifican as características da contorna inmediato do aloxamento, do acceso e do vestíbulo coa recepción, dos cuartos adaptados e os seus baños, entre outros. Ao final, inclúese un cadro coas características salientables das zonas comúns.

Polo que respecta á información sobre os aloxamentos practicables, esta é practicamente a mesma que a dos accesibles, pero concentrada en dúas páxinas.

Os aloxamentos accesibles son os que garanten o acceso ás estancias de uso común fundamentais e dispoñen dun cuarto adaptado, no que as portas teñen unha largura de a lo menos 75 centímetros, entre outras características. Os aloxamentos practicables son os que garanten o acceso ás estancias de uso común fundamentais e dispoñen dun cuarto adaptado con portas de a lo menos 70 centímetros de largura, entre outras características.
 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *